Os Queensland Reds son un equipo profesional de rugby que compite no torneo Super Rugby do hemisferio sur representando ó estado de Queensland, en Australia, e que ten a súa sede na cidade de Brisbane. O equipo xoga os seus encontros como local no estadio Lang Park (chamado Suncorp Stadium por razóns de patrocinio). Na edición 2011 o equipo proclamouse campión por vez primeira dende a implantación do profesionalismo no rugby.

Reds
NomeQueensland Reds
Fundación1996
SedeBrisbane, Australia Australia
Estadio(s)Suncorp Stadium
Capacidade52.500 espectadores
AdestradorAustralia Ewen McKenzie
CapitánAustralia James Horwill
Liga(s)Super Rugby
20111º e Campión
Casa
Fóra
Na rede
http://www.redsrugby.com.au/
Twitter: Reds_Rugby Instagram: redsrugby Editar o valor em Wikidata

Estadio

editar

Dende o ano 2006 os Reds xogan os seus encontros como locais no Suncorp Stadium, recinto que comparte cos Brisbane Broncos da NRL, e que ten capacidade para acoller 52.500 seareiros nas bancadas. Antes de 2006 os Reds disputaban os seus encontros oficiais no pequeno Ballymore Stadium. Na actualidade os Reds xogan encontros de pretemporada no vello estadio, así como noutros estadios de localidades de Queensland como Gold Coast e Townsville.

Xogadores

editar

Estes son os xogadores que compoñen actualmente o equipo dos Reds:

Posto País Xogador
TAL   Saia Faingaa
TAL   James Hanson
TAL   Albert Anae
1ªL   Greg Holmes
1ªL   Ben Daley
1ªL   James Slipper
1ªL   Guy Shepherdson
2ªL   Radike Samo
2ªL   Adam Wallace-Harrison
2ªL   James Horwill (Cap.)
2ªL   Van Humphries
2ªL   Rob Simmons
3ªL   Scott Higginbotham
3ªL   David McDuling
3ªL   Lei Tomiki
3ªL   Beau Robinson
Posto País Xogador
3ªL   Jake Schatz
3ªL   Ed Quirk
3ªL   Liam Gill
MED   Will Genia
MED   Ben Lucas
APE   Quade Cooper
APE   Michael Harris
CEN   Anthony Faingaa
CEN   Ben Tapuai
CEN   Digby Ioane
CEN   Will Chambers
Á   Rod Davies
Á   Luke Morahan
Á   Dom Shipperley
ZAG   Peter Hynes
ZAG   Jono Lance

En pasadas edicións do Super Rugby, defenderon as cores de Queensland estrelas do rugby como John Eales, Chris Latham, Nathan Sharpe, Peter Slattery, Toutai Kefu, Jason Little, Tim Horan, Michael Lynagh, John Roe, Elton Flatley ou Wendell Sailor, entre moitos outros.

Traxectoria

editar

A traxectoria dos Reds no Super Rugby foi de máis a menos e de menos a máis. Nas primeiras edicións do torneo, os Reds acadaron 3 veces o dereito a disputar os playoffs polo título, caendo sempre nas semifinais, en 1996, 1999 e 2001. Entre 2004 e 2009 os Reds fixeron malas tempadas, rematando sempre entre os 5 últimos clasificados da liga. Non obstante en 2010 houbo unha mellora, acadando a 5ª posición final, e na tempada 2011, co novo formato da competición, os Reds acadaron a 1ª posición final durante a tempada regular e o campionato, vencendo na final ós Crusaders.

 
Suncorp Stadium, fogar dos Reds.
Tempada Xogados Gañados Empates Derrotas PUNTOS Temp.Regular PlayOffs
2011 16 13 0 3 66 CAMPIÓN fronte ós Crusaders
2010 13 8 0 5 39
2009 13 3 0 10 19 13º
2008 13 3 1 9 18 12º
2007 13 2 0 11 11 14º
2006 13 4 0 9 22 12º
2005 11 3 0 8 17 10º
2004 11 5 0 6 25 10º
2003 11 5 0 6 26
2002 11 7 0 4 34
2001 11 6 0 5 32 (caeu nas semifinais fronte ós Brumbies)
2000 11 6 0 5 30
1999 11 8 1 2 36 (caeu nas semifinais fronte ós Crusaders)
1998 11 6 1 4 31
1997 11 4 0 7 20 10º
1996 11 9 0 2 41 (caeu nas semifinais fronte ós Sharks)

Antes da chegada do profesionalismo, o equipo representativo de Queensland participou en torneos semellantes ó Super Rugby, chamados Super 6 e Super 10. Nos anos 1992, 1994 e 1995 o equipo de Queensland gañou eses torneos, de xeito que o título acadado polos Reds na tempada 2011 considérase o seu 4º campionato do Hemisferio Sur.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar