Broncos
Nome completo - Brisbane Broncos
Fundación - 1988
Localización - Brisbane, Australia
Estadio - Suncorp Stadium
Capacidade - 52.500
Presidente - Paul White
Adestrador - Anthony Griffin
Capitán - Darren Lockyer
Liga - National Rugby League
Tempada - 2010
Posición - 10º

O Brisbane Broncos é un equipo profesional de rugby league da cidade de Brisbane, en Queensland (Australia), fundado en 1988, e que compite na National Rugby League, competición na que saíu campión en 6 ocasións. A pesar da súa xuventude, trátase do equipo máis popular do seu país, por diante dos Sydney Swans da AFL.[1]

Palmarés editar

Dende a súa fundación, os Brisbane Broncos son o equipo máis laureado da NRL, con 6 campionatos. Dende 1988 só fallou 4 veces ós playoffs polo título.

Títulos nacionais editar

Títulos internacionais editar

Xogadores editar

Cadro actual editar

 
Darren Lockyer, capitán dos Broncos.
Brisbane Broncos
Xogadores do primeiro equipo Corpo técnico
  •   Rohan Ahern - SR
  •   Scott Anderson - PR
  •   Kurt Baptiste - HB, FE, HK
  •   Gerard Beale - CE, FB
  •   Matt Britt - PR
  •   Dane Carlaw - PR
  •   Dale Copley - CE, FB
  •   Mitchell Dodds - PR
  •   Mitchell Frei - SR
  •   Dane Gagai - FE, FB
  •   Matt Gillett - SR
  •   Alex Glenn - CE, FE
  •   David Hala - PR
  •   Shea Moylan - CE, FB, WG
  •   Ben Hannant - PR
  •   Justin Hodges - CE
  •   Josh Hoffman - FB
  •   Ben Hunt - HB, HK
  •   Justin Hunt - FB, HB, FE
  •   Justin Kahu - FB
  •   Nick Kenny - PR
  •   Kurtis Lingwoodock - SR
  •   Darren Lockyer (1c) - FE
  •   Dunamis Lui - PR, SR
  •   Andrew McCullough - HK
  •   Josh McGuire - PR
  •   Corey Norman - FE, FB
  •   Corey Parker - LK
  •   Jack Reed - CE
  •   Ben Te'o - SR
  •   Sam Thaiday - PR
  •   Shane Tronc - PR
  •   Peter Wallace - HB, FE
  •   Aaron Whitchurch - CE
  •   Jharal Yow Yeh - WG

Adestrador

  • Anthony Griffin

Asistentes do adestrador


Lenda:
  • (1c) 1º Capitán

Data: 25 de maio de 2011
Fontes: Xogadores dos Broncos, Corpo técnico dos Broncos

Estrelas do pasado editar

O equipo estivo adestrado dende 1988 ata 2008 por Wayne Bennett, un dos mellores adestradores de rugby league da historia. Os seguintes xogadores son só algunhas das estrelas deste deporte que pasaron polas ringleiras dos Brisbane Broncos:

 
Encontro dos Broncos no Suncorp Stadium.

Estadio editar

Dende 1988 ata 1993 os Brisbane Broncos xogaron os seus encontros como locais no estadio Lang Park de Brisbane. A partir de 1993 e ata 2003 o equipo tivo como fogar o estadio QSAC. En 2003, despois da reconstrución do estadio Lang Park, os Brisbane Broncos volverón ó seu primeiro estadio, no que seguen hoxe en día.

O estadio Lang Park (chamado Suncorp Stadium por razóns de patrocinio) ten capacidade para acoller 52.500 seareiros nas bancadas. Os Queensland Reds do torneo Super Rugby tamén xogan neste estadio, de xeito que os dous equipos teñen que compartilo.

Cunha media de 36.336 persoas por encontro durante a tempada 2010, os Broncos son o equipo do mundo cunha maior asistencia de seareiros ó seu estadio en calquera modalidade de rugby (rugby union ou rugby league).

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar