US Montauban
O US Montauban é un equipo de rugby francés da localidade de Montauban, no departamento de Tarn-et-Garonne (Mediodía-Pireneos), que actualmente compite no Top 14, a máxima categoría do rugby francés, logo de ascender dende a Rugby Pro D2 (Segunda División do rugby en Francia) na tempada 2006-07.
Nome | Union Sportive Montalbanaise | ||
---|---|---|---|
Fundación | 1905 | ||
Sede | Montauban, Francia | ||
Estadio(s) | Stade Sapiac | ||
Capacidade | 11.500 espectadores espectadores | ||
Presidente | Patrick Bardot | ||
Adestrador | Sébastien Calvet Marc Raynaud | ||
Liga(s) | Top 14 | ||
2008-09 | 8º | ||
| |||
Na rede | |||
http://www.mtgxv.com/ | |||
Histora
editarO club foi fundado en 1905. Acadou o seu primiro título da Liga francesa de rugby en 1967, gañando na final disputada en Bordeos ao CA Bègles por 11 a 3.
No seu primeiro partido na tempada 2006-07 do Top 14, derrotaron ao Narbonne por 41-20, gañando cinco puntos (incluíndo un punto de bonus) poñéndose segundo na táboa ao final da 1ª xornada. O Montauban finalizou a liga no sétimo lugar, unha posición moi respectable para un equipo ascendido. A tempada 2007-08 foi un ano de consolidación, no que remataron tamén no sétimo posto. Coma o Toulouse chegou ata a final da Heineken Cup (máis lonxe que calquera equipo da Guinnes Premiership ou do Super 10 italiano) o Montauban conseguiu un posto na Heineken Cup da tempada 2008-09, onde se viron encadrados do grupo do campión da tempada anterior, o Munster Rugby.
Palmarés
editar- Liga francesa:
- Campión: 1 1967
- Rugby Pro D2:
- Challenge de l'Espérance:
- Campión: 1 1967
- Challenge Antoine Béguère:
- Campión: 1 1971
- Challenge Armand Vaquerin:
Resultados finais
editarLiga francesa
editarData | Campión | Finalista | Resultado | Estadio | Espectadores |
28 de maio 1967 | US Montauban | CA Bègles | 11-3 | Parc Lescure, Bordeos | 32.115 |
Notas
editar- USM Rugby - 100 photos pour un centenaire, 2003