Coordenadas: 45°43′26″N 4°49′56″L / 45.72377, 4.83225

O Stade de Gerland é un recinto deportivo da cidade de Lión, inaugurado en 1926, con capacidade para acoller nas súas bancadas a 40.494 seareiros, no que xoga os seus encontros como local o equipo de fútbol Olympique de Lyon da Ligue 1. En 2015 ou 2016 será pechado e substituído polo novo Stade des Lumières.

Stade de Gerland
Stade Gerland
Datos
LocalizaciónLión, Francia
Construción
Inauguración1926
Renovación1960, 1980, 1998
ArquitectoTony Garnier, René Gagis (renovación)
Estadio
SuperficieCéspede
Dimensións105 x 68
Capacidade40.494
PropietarioVille de Lyon
LocalíaOlympique Lyonnais
Eventos

Eventos deportivos editar

Mundial de Fútbol 1938 editar

No Mundial de Fútbol Francia 1938 xogouse no Gerland un encontro de oitavos de final.

Eurocopa de Fútbol 1984 editar

Na Eurocopa de Fútbol Francia 1984 acolleu 1 encontro do Grupo A e 1 das semifinais.

Mundial de Fútbol 1998 editar

No Mundial de Fútbol Francia 1998 o estadio acolleu un total de 6 encontros, 5 da fase de grupos e 1 de cuartos de final.

Copa do Mundo de Rugby 2007 editar

Na Copa do Mundo de Rugby 2007 o Stade Gerland acolleu 3 encontros da fase de grupos.

Eurocopa de Fútbol 2016 editar

Na Eurocopa de Fútbol Francia 2016 disputaranse varios encontros en Lión, pero o estadio que acollerá eses encontros será o novo Stade des Lumières, xa que o Stade Gerland pecharase en 2013.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar