Olympique Lyonnais
O Olympique Lyonnais (comunmente en galego: Olympique de Lión) é un club de fútbol da cidade francesa de Lión, no departamento de Ródano. Foi fundado en 1950 e xoga na Ligue 1.
Olympique Lyonnais | |||
---|---|---|---|
Nome | Olympique Lyonnais | ||
Alcume(s) | Les Gones | ||
Fundación | 1899/1950 | ||
Estadio | Parc Olympique Lyonnais, Décines-Charpieu, Francia | ||
Inauguración | 2016 | ||
Capacidade | 59.186 | ||
Presidente | Jean-Michel Aulas | ||
Adestrador | Rudi Garcia | ||
Liga | Ligue 1 | ||
2019–20 | 7º | ||
Vestimenta | Adidas | ||
Na rede | |||
http://www.olweb.fr/ | |||
| |||
Historia
editarO Olympique de Lyon, club polideportivo, foi fundado en 1899 co nome de Lyon Olympique. En 1910 cambiou o seu nome a Lyon Olympique Universitaire. En 1942 o equipo volveuse profesional e en 1950 cambiou finalmente o nome polo actual.
Debutou na Ligue 1 na tempada 1945/1946. En 1964 gañou o seu primeiro título: a Copa de Francia. Cabe destacar que o seu primeiro título de Primeira División Francesa chegou recentemente na tempada 2001/02. Desde entón, tivo un extraordinario refacho de 7 títulos consecutivos, que acabou co terceiro lugar conseguido na tempada 2008-09. Así, o Lión converteuse no club con máis títulos obtidos de forma consecutiva (7).
Na tempada 2009-10 clasifícase por primeira vez á semifinal da Liga de Campións da UEFA ao vencer ao Girondins de Bordeaux cun resultado glob de 3-2.
Uniforme
editar- Uniforme titular: Camiseta branca, pantalón branco e medias brancas.
- Uniforme alternativo: Camiseta negra, pantalón negro e medias negras.
Estadio
editar- Artigo principal: Parc Olympique Lyonnais.
O Olympique Lyonnais xoga, dende a súa inauguración o 9 de xaneiro de 2016, no Parc Olympique Lyonnais. O estadio atópase ás aforas da cidade de Lión, na comuna de Décines-Charpieu. Ten capacidade para 59.186 espectadores. Ata 2016 o equipo xogaba os seus partidos no Stade Gerland.
Xogadores
editarCadro actual
editarDatos do 27 de xullo de 2020[1]
|
|
Palmarés
editarTorneos nacionais
editar- Ligue 1 (7): 2002, 2003, 2004, 2005, 2006, 2007, 2008
- Ligue 2 (3): 1951, 1954, 1989
- Copa de Francia (4): 1964, 1967, 1973, 2008
- Copa da Liga (1): 2001
- Supercopa de Francia (7): 1973, 2002, 2003, 2004, 2005, 2006, 2007
Torneos internacionais
editar- Copa Intertoto da UEFA (1): 1997
Ligazóns externas
editar- Sitio web oficial (en francés)
- ↑ "Players and staff | Men". OLWeb.fr. Arquivado dende o orixinal o 23 de agosto de 2018. Consultado o 21 de agosto de 2017.