Abrir o menú principal

O Olympique Lyonnais (comunmente en galego: Olympique de Lión) é un club de fútbol da cidade francesa de Lión, no departamento de Ródano. Foi fundado en 1950 e xoga na Ligue 1.

Olympique Lyonnais
NomeOlympique Lyonnais
Alcume(s)Les Gones
Fundación1899/1950
EstadioParc Olympique Lyonnais,
Décines-Charpieu, Francia
Inauguración2016
Capacidade59.186
PresidenteFrancia Jean-Michel Aulas
AdestradorFrancia Bruno Génésio
LigaLigue 1
2016–17
VestimentaAdidas
Páxina webPáxina web
Na casa
Fóra
Terceira

HistoriaEditar

O Olympique de Lyon, club polideportivo, foi fundado en 1899 co nome de Lyon Olympique. En 1910 cambiou o seu nome a Lyon Olympique Universitaire. En 1942 o equipo volveuse profesional e en 1950 cambiou finalmente o nome polo actual.

Debutou na Ligue 1 na tempada 1945/1946. En 1964 gañou o seu primeiro título: a Copa de Francia. Cabe destacar que o seu primeiro título de Primeira División Francesa chegou recentemente na tempada 2001/02. Desde entón, tivo un extraordinario refacho de 7 títulos consecutivos, que acabou co terceiro lugar conseguido na tempada 2008-09. Así, o Lión converteuse no club con máis títulos obtidos de forma consecutiva (7).

Na tempada 2009-10 clasifícase por primeira vez á semifinal da Liga de Campións da UEFA ao vencer ao Girondins de Bordeaux cun resultado glob de 3-2.

UniformeEditar

  • Uniforme titular: Camiseta branca con dobre franxa horizontal vermella e azul, pantalón e medias brancas.
  • Uniforme alternativo: Camiseta con parte superior negra e parte inferior vermella, pantalón e medias vermellas.
  • Uniforme europeo: Camiseta azul mariño con dobre franxa horizontal vermella e azul, pantalón e medias azul mariño.
  • Uniforme alternativo 2: Camiseta café, pantalón café e medias café.

EstadioEditar

Artigo principal: Parc Olympique Lyonnais.

O Olympique Lyonnais xoga, dende a súa inauguración o 9 de xaneiro de 2016, no Parc Olympique Lyonnais. O estadio atópase ás aforas da cidade de Lión, na comuna de Décines-Charpieu. Ten capacidade para 59.186 espectadores. Ata 2016 o equipo xogaba os seus partidos no Stade Gerland.

XogadoresEditar

Cadro actualEditar

Datos do 31 de agosto de 2017[1]

Posto País Xogador
1 POR   Anthony Lopes
2 DEF   Mapou Yanga-Mbiwa
4 DEF   Rafael
5 DEF   Mouctar Diakhaby
6 DEF   Marcelo
7 MED   Clément Grenier
8 MED   Houssem Aouar
9 DIA   Mariano
10 DIA   Bertrand Traoré
11 DIA   Memphis Depay
12 MED   Jordan Ferri
13 DIA   Willem Geubbels
15 DEF   Jérémy Morel
16 POR   Lucas Mocio
17 DIA   Myziane Maolida
Posto País Xogador
18 DIA   Nabil Fekir (capitán)
19 DIA   Amine Gouiri
20 DEF   Marçal
22 DEF   Ferland Mendy
23 DEF   Kenny Tete
24 MED   Pape Cheikh Diop
27 DIA   Maxwel Cornet
28 MED   Tanguy Ndombele (cedido polo Amiens)
29 MED   Lucas Tousart
30 POR   Mathieu Gorgelin
33 MED   Elisha Owusu
34 DIA   Alan Dzabana
37 DEF   Dylan Mboumbouni
DEF   Louis Nganioni

PalmarésEditar

Torneos nacionaisEditar

Torneos internacionaisEditar

Ligazóns externasEditar

  1. "Players and staff | Men". OLWeb.fr. Consultado o 21 agosto 2017.