A tempada 2015-2016 do Top 14 é a 117ª edición da primeira división da liga francesa de rugby, campionato fundado no ano 1892. A fase de liga comezou o 22 de agosto de 2014 e rematará o 23 de maio de 2016. Esta fase será continuada polo playoff, que por primeira ocasión rematará fóra de Francia. A final será 24 de xuño de 2016 no Camp Nou de Barcelona. Este evento moverase do seu tradicional lugar (o Stade de France de Saint-Denis) polo conflito coa Eurocopa de Fútbol Francia 2016. O defensor do título é o Stade Français.

Modelo:Competición deportivaTop 14 2015-2016
TipoTop 14 Editar o valor en Wikidata
Deporterugby a 15 Editar o valor en Wikidata
OrganizadorNational Rugby League (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Liga inferior2015–16 Rugby Pro D2 season (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Participantes
Localización  e  Datas
LocalizaciónFrancia Metropolitana (Francia) 46°N 2°L / 46, 2 Editar o valor en Wikidata
PaísFrancia Editar o valor en Wikidata
Período de tempotempada 2015-2016 Editar o valor en Wikidata
Número de edición117 Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoRacing 92 Editar o valor en Wikidata
Datos estatísticos
Partidos187 Editar o valor en Wikidata
Outro
Páxina web oficiallnr.fr Editar o valor en Wikidata

2014 Editar o valor en Wikidata

Equipos

editar

Na competición participaron 14 equipos: os 12 mellor posicionados do Top 14 2014-2015 e os 2 ascendidos da segunda división, o SU Agen e o Section Paloise, que ocuparon as prazas que deixaran baleiras o Lyon OU e o Atlantique Stade Rochelais ao descenderen no ano anterior.

Equipo Cidade (Departamento) Estadio Capacidade Tempada
pasada
Agen Agen (Lot e Garona) Stade Armandie 14.000 4º (Pro D2)
Bordeaux Bègles Bordeos (Gironda) Stade Chaban-Delmas (Bordeos)
Stade André Moga (Bègles)
34.700
10.000
Brive Brive-la-Gaillarde (Corrèze) Stade Amédée-Domenech 16.000 10º
Castres Olympique Castres (Tarn) Stade Pierre-Antoine 11.500 12º
Clermont Auvergne Clermont-Ferrand (Puy-de-Dôme) Parc des Sports Marcel Michelin 18.000 2º (F)
Grenoble Grenoble (Isère) Stade des Alpes 20.000 11º
La Rochelle La Rochelle (Charente Marítimo) Stade Marcel-Deflandre 15.000
Montpellier Montpellier (Hérault) Altrad Stadium 14.700
Oyonnax Oyonnax (Ain) Stade Charles-Mathon 11.400 6 (CF)
Pau Pau (Pireneos Atlánticos) Stade du Hameau 13.819 1º (Pro D2)
Racing Métro 92 Colombes (Hauts-de-Seine) Stade Olympique Yves-du-Manoir 14.000 5º (CF)
Stade Français París Stade Jean-Bouin 11.400 4º (C)
Toulon Toulon (Var) Stade Mayol 15.400 1º (SF)

Formato da competición

editar

O torneo está composto por 14 equipos, e ten un formato segundo o cal os equipos teñen que disputar dúas voltas completas, de xeito que cada equipo se enfronte ós outros 13 conxuntos dúas veces, unha como local e outra como visitante. Cada equipo xoga un total 26 partidos.

O sistema de puntuación é o seguinte:

  • 4 puntos pola vitoria.
  • 2 puntos polo empate.
  • 0 puntos pola derrota.
  • 1 punto por anotar 3 ensaios ou máis que o rival.
  • 1 punto por perder por 5 ou menos puntos.

Liga regular

editar
  Top 14 — Tempada 2015/16
Posto Equipo Puntos Xogados Gañ. Emp. Per. PF PC DP BO BD
ASM Clermont 88 26 18 1 7 735 431 +304 10 4
RC Toulon 82 26 16 0 10 764 446 +318 11 7
Montpellier HR 81 26 18 0 8 723 569 +154 7 2
Racing 92 81 26 18 1 7 614 522 +92 5 2
Stade Toulousain 79 26 16 2 8 680 393 +287 7 4
Castres Olympique 71 26 15 0 11 650 496 +154 6 5
Union Bordeaux Bègles 67 26 14 2 10 552 503 +49 3 4
CA Brive 62 26 13 1 12 540 544 -4 4 4
Stade Rochelais 54 26 11 0 15 553 656 –103 4 6
10º FC Grenoble 47 26 10 0 16 605 779 -174 4 3
11º Section Paloise 46 26 10 1 15 420 675 -255 1 5
12º Stade Français 41 26 9 0 17 543 631 -88 2 3
13º SU Agen 26 26 5 0 21 531 846 -315 1 5
14º Oyonnax Rugby 24 26 5 0 21 429 847 -418 2 2
Cada encontro gañado (Gañ.) supón 4 puntos para a clasificación, e cada empate (Emp.) outros 2. Os puntos bonus ofensivos (BO) acádanse cada vez que un equipo anota 3 ensaios máis que o seu rival nun encontro, mentres que os puntos bonus defensivos (BD) acádanse cando o equipo perde un encontro por 5 puntos de diferenza ou menos. Estes puntos bonus engádense ós acadados polas vitorias ou empates.

<<<< 2014/15 — Tempadas — 2016/17 >>>>


En verde      os equipos clasificados para as semifinais e para a Champions Cup 2016/17 (1º e 2º).
En azul      os equipos clasificados para os cuartos de final e para a Champions Cup 2016/17 (3º, 4º, 5º e 6º).
En amarelo      o club que xogará unha eliminatoria previa á Champions Cup.
En vermello      os equipos que descenden ao Pro D2 (13º e 14º).

Fase final

editar

O seis mellores equipos da liga regular acadaron o dereito a loitar polo título nesta fase final. Os dous primeiros equipos da táboa pasaron a semifinais, mentres os catro seguintes tiveron que disputar unha eliminatoria previa de cuartos de final. Os encontros de cuartos de final xogáronse nos campos dos equipos terceiro e cuarto da táboa, mentres que as semifinais e a final tiveron lugar en estadios neutrais. O estadio elixido para as dúas semifinais foi o Roazhon Park de Rennes (Bretaña), e a final disputouse por primeira vez na historia fora do territorio francés, no Camp Nou de Barcelona.

Cuartos de final Semifinais Final
 11 de xuño; Stade Ives-du-Manoir, Colombes    17 de xuño; Roazhon Park, Rennes      24 de xuño; Camp Nou, Barcelona
 [1º] ASM Clermont  33
 [4º] Racing 92  21
 [4º] Racing 92  34  
 [5º] Stade Toulousain  16  
 18 de xuño; Roazhon Park, Rennes  Racing 92  26
 12 de xuño; Altrad Stadium, Montpellier
   RC Toulon  21
 [3º] Montpellier HR  28
 [3º] Montpellier HR  18  
 [6º] Castres Olympique  9  
 [2º] RC Toulon  27  

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar