Eurocopa de Fútbol de 2008
A Eurocopa 2008 (oficialmente, Campionato Europeo de Fútbol da UEFA ou UEFA EURO 2008™) foi a XIII edición da Eurocopa, o principal torneo entre seleccións de fútbol europeas organizado pola UEFA. Esta versión do torneo realizouse en Austria e Suíza, entre o 7 de xuño e o 29 de xuño de 2008, sendo a segunda ocasión na que o torneo foi organizado por dous países (trala Eurocopa 2000 realizada en Bélxica e os Países Baixos) e a primeira que foi albergada por unha destas nacións.
Nome oficial | Fußball-Europameisterschaft 2008 Championnat d'Europe de football 2008 2008 UEFA European Championship |
---|---|
Tipo | Eurocopa de Fútbol |
Mascota | Trix and Flix (en) |
Organizador | UEFA |
Número de participantes | 16 |
Participantes | |
Localización e Datas | |
Localización |
Tivoli-Neu Stadion (pt) (Innsbruck) Stadion Wankdorf (Berna) Stade de Genève (pt) (Cantón de Xenebra) St. Jakob-Park (Basilea) Letzigrund (Cantón de Zürich) Hypo-Arena (pt) (Klagenfurt) Estádio Wals Siezenheim (pt) (Wals-Siezenheim (pt) ) Estadio Ernst Happel (Leopoldstadt (pt) ) |
País | Austria e Suíza |
Intervalo de tempo | 8 de xuño de 2008 – 29 de xuño de 2008 |
Número de edición | 13 (2008) |
Competición | |
Primeiro posto | España (2º) |
Datos estatísticos | |
Partidos | 31 |
Goles | 77 |
Máis goles marcados | David Villa↔ España (4) |
Número de espectadores | 1.140.902 |
Outro | |
Páxina web oficial | uefa.com… |
A candidatura de Austria e Suíza foi proclamada polo Comité Xeral da UEFA, o 12 de decembro de 2002, superando a un total de seis candidaturas. 16 seleccións participaron no evento, 14 das cales adxudicáronse a súa participación neste torneo tras superar un proceso clasificatorio disputado entre 2006 e 2007 por 52 equipos, ás que se sumaron as seleccións de Austria e Suíza, clasificadas automaticamente na súa calidade de anfitrioas. Os equipos participantes foron divididos en catro grupos de catro equipos cada un; tras disputar un formato de liga en cada grupo, os dous mellores de cada un clasifícanse cara a seguinte rolda. Os oito clasificados enfróntanse posteriormente nun sistema de eliminación directa ata determinar ao campión no partido final a disputarse no Estadio Ernst Happel de Viena.
Estimábase que 1 050 000 persoas asistirían aos 31 partidos disputados durante a fase final do torneo e que a audiencia acumulada do evento por televisión acadaría os 8.000 millóns de espectadores a nivel mundial,[1] o que podería convertelo no evento deportivo máis visto de 2008, superando incluso aos Xogos Olímpicos de Pequín 2008.[2]
Organizadores
editarOs países organizadores foron Austria e Suíza, que nunca antes se encargaran de acoller este torneo. Foi a segunda vez que a organización da Eurocopa se fai de maneira conxunta ((a primeira vez foi a Eurocopa 2000). A candidatura de Austria e Suíza foi elixida polo Comité Xeral da UEFA, o 12 de decembro de 2002, por diante das candidaturas de Rusia, Hungría, Bosnia e Hercegovina-Croacia, Grecia-Turquía, Escocia-Irlanda e unha candidatura conxunta de Escandinavia composta por Dinamarca, Finlandia, Noruega e Suecia.
Datas
editarOs encontros disputáronse entre o 7 de xuño e o 29 de xuño de 2008. A fase clasificatoria desenvolveuse ao longo dos anos 2006 e 2007.
Mascotas
editarForon dúas, chamadas Trix e Flix. Dous rapaces vestidos coas camisetas das seleccións de Austria (branca) e Suíza (vermella), e cos pelos peiteados en crista, semellando os Alpes. Os nomes puxéronllelos logo dunha votación aberta á participación dos cidadáns suízos e austríacos. As posibilidades eran:
- Zagi e Zigi
- Flitz e Bitz
- Trix e Flix
Co 36,3% dos votos, Trix e Flix foron os escollidos.
Sedes
editarCada sede acolleu tres partidos da primeira fase, e o partido inaugural xogouse en Basilea. Na segunda rolda, os partidos xogáronse entre Basilea e Viena, con 2 cuartos de final e unha semifinal en cada un, namentres que a final tivo lugar na capital austríaca.
Cidade | Estadio | Capacidade |
---|---|---|
Basilea | St. Jakob Park | 42.500 |
Berna | Estadio de Suíza Wankdorf | 32.000 |
Xenebra | Estadio de Xenebra | 30.000 |
Zürich | Estadio Letzigrund | 30.000 |
Innsbruck | Novo Estadio Tivoli | 31.600 |
Klagenfurt | Estadio Wörthersee | 31.957 |
Salzburgo | Estadio Wals Siezenheim | 31.020 |
Viena | Estadio Ernst Happel | 53.295 |
Estadios
editarViena | Klagenfurt | Salzburgo | Innsbruck |
---|---|---|---|
Estadio Ernst Happel Capacidade: 53.295 |
Hypo-Arena Capacidade: 31.957 |
Estadio Wals Siezenheim Capacidade: 31.020 |
Novo Estadio Tívoli Capacidade: 31.600 |
Basilea | Berna | Xenebra | Zürich |
St. Jakob-Park Capacidade: 42.000 |
Estadio de Suíza, Wankdorf Capacidade: 31.907 |
Estadio de Xenebra Capacidade: 31.228 |
Letzigrund Capacidade: 30.000 |
Equipos participantes
editarPara a clasificación á Eurocopa 2008 realizouse un torneo previo entre setembro de 2006 e novembro de 2007. Para isto sorteáronse en Montreux, Suíza, o 27 de xaneiro de 2006 sete grupos clasificatorios, onde os dous primeiros de cada un clasificaron para a rolda final. Austria e Suíza clasificáronse automaticamente ao seren os organizadores.
O sorteo para a fase final da competición efectuouse o 2 de decembro de 2007. As 16 seleccións clasificadas foron dispostas en catro bombos en función do seu coeficiente UEFA. No primeiro bombo colocáronse Austria e Suíza, anfitrións desta edición, Grecia, campión vixente, e os Países Baixos, a selección con maior coeficiente UEFA. Croacia, Italia, República Checa e Suecia quedaron no segundo bombo, mentres que o terceiro quedou composto por Alemaña, España, Portugal e Romanía. Finalmente, o cuarto bombo estivo conformado por Francia, Polonia, Rusia e Turquía.
Destes, os equipos polaco e austríaco é a primeira vez que disputan a fase final dunha Eurocopa.
Equipos participantes | |||
---|---|---|---|
Alemaña | Francia | Portugal | Rusia |
Austria | Grecia | Polonia | Suecia |
Croacia | Italia | República Checa | Suíza |
España | Países Baixos | Romanía | Turquía |
Calendario e resultados
editarFase de grupos
editarGrupo A
editarEquipo | Pts | X | G | E | P | GF | GC | Dif |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Portugal | 6 | 3 | 2 | 0 | 1 | 5 | 3 | 2 |
Turquía | 6 | 3 | 2 | 0 | 1 | 5 | 5 | 0 |
Suíza | 3 | 3 | 1 | 0 | 2 | 3 | 3 | 0 |
República Checa | 3 | 3 | 1 | 0 | 2 | 4 | 6 | -2 |
7 de xuño - Basilea | |||
Suíza | 0 | República Checa | 1 |
7 de xuño - Xenebra | |||
Portugal | 2 | Turquía | 0 |
11 de xuño - Xenebra | |||
República Checa | 1 | Portugal | 3 |
11 de xuño - Basilea | |||
Suíza | 1 | Turquía | 2 |
16 de xuño - Xenebra | |||
Suíza | 2 | Portugal | 0 |
16 de xuño - Xenebra | |||
República Checa | 2 | Turquía | 3 |
Grupo B
editarEquipo | Pts | X | G | E | P | GF | GC | Dif |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Croacia | 9 | 3 | 3 | 0 | 0 | 4 | 1 | 3 |
Alemaña | 6 | 3 | 2 | 0 | 1 | 4 | 2 | 2 |
Austria | 1 | 3 | 0 | 1 | 2 | 1 | 3 | -2 |
Polonia | 1 | 3 | 0 | 1 | 2 | 1 | 4 | -3 |
8 de xuño - Viena | |||
Austria | 0 | Croacia | 1 |
8 de xuño - Klagenfurt | |||
Alemaña | 2 | Polonia | 0 |
12 de xuño - Klagenfurt | |||
Croacia | 2 | Alemaña | 1 |
12 de xuño - Viena | |||
Polonia | 1 | Austria | 1 |
16 de xuño - Viena | |||
Austria | 0 | Alemaña | 1 |
16 de xuño - Klagenfurt | |||
Croacia | 1 | Polonia | 0 |
Grupo C
editarEquipo | Pts | X | G | E | P | GF | GC | Dif |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Países Baixos | 9 | 3 | 3 | 0 | 0 | 9 | 1 | 8 |
Italia | 4 | 3 | 1 | 1 | 1 | 3 | 4 | -1 |
Romanía | 2 | 3 | 0 | 2 | 1 | 1 | 3 | -2 |
Francia | 1 | 3 | 0 | 1 | 2 | 1 | 6 | -5 |
9 de xuño - Zürich | |||
Romanía | 0 | Francia | 0 |
9 de xuño - Berna | |||
Países Baixos | 3 | Italia | 0 |
13 de xuño - Zürich | |||
Italia | 1 | Romanía | 1 |
13 de xuño - Berna | |||
Francia | 1 | Países Baixos | 4 |
17 de xuño - Berna | |||
Países Baixos | 2 | Romanía | 0 |
17 de xuño - Zürich | |||
Italia | 2 | Francia | 0 |
Grupo D
editarEquipo | Pts | X | G | E | P | GF | GC | Dif |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
España | 9 | 3 | 3 | 0 | 0 | 8 | 3 | 5 |
Rusia | 6 | 3 | 2 | 0 | 1 | 5 | 5 | 0 |
Suecia | 3 | 3 | 1 | 0 | 2 | 3 | 4 | -1 |
Grecia | 0 | 3 | 0 | 0 | 3 | 1 | 5 | -4 |
10 de xuño - Innsbruck | |||
España | 4 | Rusia | 1 |
10 de xuño - Salzburgo | |||
Grecia | 0 | Suecia | 2 |
14 de xuño - Innsbruck | |||
Suecia | 1 | España | 2 |
14 de xuño - Salzburgo | |||
Rusia | 1 | Grecia | 0 |
18 de xuño - Salzburgo | |||
Grecia | 1 | España | 2 |
18 de xuño - Innsbruck | |||
Suecia | 0 | Rusia | 2 |
Fase eliminatoria
editarCuartos de final | Semifinal | Final | ||||||||
19 de xuño, Basilea | ||||||||||
Portugal | 2 | |||||||||
25 de xuño, Basilea | ||||||||||
Alemaña | 3 | |||||||||
Alemaña | 3 | |||||||||
20 de xuño, Viena | ||||||||||
Turquía | 2 | |||||||||
Croacia | 1 (1) | |||||||||
Turquía | 1 (3) | |||||||||
Alemaña | 0 | |||||||||
21 de xuño, Basilea | ||||||||||
España | 1 | |||||||||
Países Baixos | 1 | |||||||||
26 de xuño, Viena | ||||||||||
Rusia | 3 | |||||||||
Rusia | 0 | |||||||||
22 de xuño, Viena | ||||||||||
España | 3 | |||||||||
España | 0 (4) | |||||||||
Italia | 0 (2) | |||||||||
Campións da Eurocopa 2008 |
---|
España Segundo título |
Estatísticas
editarGoleadores
editar
|
|
|
Notas
editar- ↑ http://www.euro2008.uefa.com/MultimediaFiles/Download/Publications/Competitions/MediaServices/67/67/88/676788_DOWNLOAD.pdf Arquivado 16 de xuño de 2008 en Wayback Machine. UEFA EURO 2008™ Info Guide
- ↑ http://www.gaceta.es/08-06-2008+eurocopa_reta_juegos_olimpicos,noticia_1img,24,24,22759 Arquivado 11-06-2008 en Wayback Machine. La Eurocopa reta a los Juegos Olímpicos 2008
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Eurocopa de Fútbol de 2008 |