Dani Güiza

futbolista español

Daniel González Güiza, nado en Xerez da Fronteira (Cádiz) o 17 de agosto de 1980, é un futbolista español. Xoga de dianteiro e o seu actual club é o Atlético Sanluqueño, da Primeira División RFEF.

Infotaula de personaDani Güiza

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(es) Daniel González Güiza Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento17 de agosto de 1980 Editar o valor em Wikidata (43 anos)
Xerez da Fronteira, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Altura180 cm Editar o valor em Wikidata
Peso80 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1998 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaEspaña Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor em Wikidata
Número deportivo21 Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
- Futbol Club Barcelona
1998-1999 Xerez Club Deportivo 16(1)
1999-2000cesión Dos Hermanas CF (en) Traducir 18(9)
1999-2002 Real Club Deportivo Mallorca B 70(38)
1999-2003 RCD Mallorca 7(1)
2002-2002cesión Recreativo de Huelva 4(0)
2002-2003cesión Recreativo de Huelva 4(0)
2003-2003cesión FC Barcelona B 13(5)
2003-2005 Club de Fútbol Ciudad de Murcia 81(36)
2005-2007 Getafe CF 61(20)
2007-2008 RCD Mallorca 37(27)
2008-2011 Fenerbahçe 62(23)
2011-2013 Getafe CF 32(3)
2012-2013cesión Johor FC (pt) Traducir 10(6)
2013-2015 Club Cerro Porteño 46(15)
2015-2017 Cádiz CF
2017-2022 Atlético Sanluqueño Club de Fútbol
2023- Club Deportivo Rota Editar o valor em Wikidata
  Selección nacional enllaç= enllaç=
2007-2010   España 21(6) Editar o valor em Wikidata
Participou en
2009Copa Confederacións Suráfrica 2009
xuño de 2008Eurocopa de Fútbol Austria/Suíza 2008 Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeNuria Bermúdez (–2008)
Premios

FIFA: 297328 UEFA: 54741 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Inicios editar

Nacido en 1980, no seo dunha familia humilde, Dani Güiza pasou a súa infancia no popular barrio da Liberación, na zona sur de Xerez da Fronteira. Tras destacar en equipos de fútbol base, iniciou a súa carreira profesional nas filas do Xerez CD, por entón en Segunda División B. Güiza declarouse seguidor do Xerez abertamente en varias ocasións ao longo da súa vida deportiva, manifestando ata que lle gustaría xogar o último ano da súa carreira deportiva neste equipo.[1]

A tempada 1999–00 foi cedido ao Dos Hermanas CF, tamén na categoría de bronce, onde empezou a despuntar como goleador. A metade da tempada o Real Club Deportivo Mallorca fíxose cos seus servizos por 117 millóns de pesetas, un desembolso considerable para un xogador aínda en idade xuvenil.

Primeira división editar

Aínda que a súa fichaxe foi para reforzar ao filial dos baleares, esa mesma campaña chegou a debutar co primeiro equipo na máxima categoría. Foi nun encontro contra o RCD Espanyol, o 2 de abril de 2000, con só 19 anos.

A pesar dos seus prometedores inicios, nas dúas seguintes tempadas só disputou seis partidos co primeiro equipo, nos que marcou un gol. O seu baixo rendemento, acusando a súa atarefada vida extradeportiva, fixo que o club optase por cedelo a tempada 2002–03. Lucas Alcaraz, que fora o seu técnico en Dos Hermanas, abriulle as portas do Recreativo de Huelva, que acababa de ascender a Primeira División. En Huelva só disputou 4 partidos, nos que non anotou ningún gol, e terminou a tempada no filial do FC Barcelona, en Segunda B.

Rexurdir editar

O verán de 2003, coa súa carreira en claro declive a pesar dos seus 23 anos, foi traspasado ao CF Ciudad de Murcia, que ese ano debutaba en Segunda División. No club murciano recuperou o instinto goleador (16 tantos no seu primeiro ano e 20 no segundo). Uns rexistros que lle permitiron volver á máxima categoría, tras enrolarse á filas do Getafe CF.

Na súa primeira campaña no club madrileño logrou nove tantos en 32 partidos, que permitiu aos azulones manter a categoría sen apuros. Na súa segunda tempada logrou mellorar os seus números na liga, con once tantos, pero o seu papel máis destacado foi na Copa. Seus foron dous dos catro goles cos que o Getafe remontou un 5-2 do FC Barcelona, clasificándose para a final copeira por primeira vez na súa historia, un éxito sen precedentes para o modesto club madrileño. Güiza foi titular na final, que o seu equipo acabou perdendo ante o Sevilla FC.

Explosión editar

O verán de 2007, tras rexeitar ofertas do Deportivo da Coruña e o Kazan ruso, finalmente foi traspasado ao RCD Mallorca.[2] No seu regreso ao conxunto balear protagonizou a mellor campaña da súa carreira, sendo o máximo goleador da liga española con 27 dianas, batendo a marca anotadora dun xogador mallorquinista nunha tempada. O rexistro, ademais, permitiulle gañar a Bota de Prata como segundo mellor goleador das ligas europeas.[3] Mercé a esta gran tempada, en novembro de 2007 debutou coa selección española e foi convocado para participar na Eurocopa 2008, onde marcou dous goles, un deles en semifinais. Recibiu o premio Cidade de Xerez á deportividade.

O 15 de xullo de 2008 firma por catro anos co Fenerbahçe SK a cambio de 15 millóns de euros, o que lle converte na fichaxe máis cara da historia do fútbol turco.[4] No club de Istambul coincide con Luis Aragonés, que xa fora o seu técnico en Mallorca e coa selección.

Selección nacional editar

Foi internacional en vinte ocasións coa Selección de fútbol de España. Debutou o 21 de novembro de 2007, nun partido de clasificación para a Eurocopa 2008 ante Irlanda do Norte, disputado no Estadio de Gran Canaria, con resultado 1-0 a favor dos españois.

Güiza foi convocado polo seleccionador Luis Aragonés para formar parte dos 23 xogadores que disputaron a Eurocopa 2008. Güiza xogou o terceiro partido da primeira fase completo, e participou nos partidos de cuartos de final, semifinal e final. En total estivo no terreo de xogo durante aproximadamente 175 minutos de competición. Meteu dous goles: un contra Grecia na primeira fase e outro contra Rusia na semifinal.

Palmarés editar

Campionatos nacionais editar

Título Club País Ano
Supercopa de Turquía Fenerbahçe SK Turquía 2009
Liga de Turquía Fenerbahçe SK Turquía 2011

Copas internacionais editar

Título Club País Ano
Eurocopa Selección nacional España 2008

Distincións individuais editar

Distinción Ano
Trofeo Pichichi 2008
Bota de Prata 2008
Trofeo Zarra 2008

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar