Fernando Torres

futbolista español

Fernando José Torres Sanz, nado en Fuenlabrada (Madrid) o 20 de marzo de 1984 é un exfutbolista español, de orixe galega. Xogaba na demarcación de dianteiro, o equipo no que xogou máis tempo foi o Atlético de Madrid e retirouse en 2019 no Sagan Tosu do Xapón, adestrado alí polo catalán Lluís Carreras.

Fernando Torres
Información persoal
Nome Fernando José Torres Sanz
Nacemento 20 de marzo de 1984 (39 anos)
Lugar de nacemento Fuenlabrada
Altura 1,83 m.
Posición Dianteiro
Información de club
Club actual Atlético de Madrid
Número 9
Carreira xuvenil
1995–2001 Atlético de Madrid
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2001–2007 Atlético de Madrid 214 (82)
2007–2011 Liverpool 102 (65)
2011–2015 Chelsea 110 (20)
2014–2015Milan (cedido) 10 (1)
2015–2016 Milan 0 (0)
2015–2016Atlético de Madrid (cedido) 49 (14)
2016– Atlético de Madrid 46 (10)
Selección nacional
2000 España sub-15 1 (0)
2001 España sub-16 9 (11)
2001 España sub-17 4 (1)
2001 España sub-18 1 (1)
2002 España sub-19 5 (6)
2002–2003 España sub-21 10 (3)
2003– España 110 (38)
Na rede
https://www.fernando9torres.com/
IMDB: nm1895576 Facebook: Torres Twitter: Torres Instagram: fernandotorres TikTok: fernandotorres FIFA: 183864 UEFA: 58686 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 29 de xaneiro de 2018
Selección: actualizado a 29 de xaneiro de 2018editar datos en Wikidata ]

Tamén xogou na selección de fútbol de España, coa que gañou a Copa Mundial de Fútbol en 2010 e as Eurocopas de 2008 e 2012, un triplete inédito na historia do fútbol.[1] Marcou o único gol da vitoria na final da Eurocopa 2008 e tamén marcou un e asistiu outro dos catro goles na final da Eurocopa 2012, na que recibiu, con tres goles, a Bota de Ouro ao máximo goleador da competición.[2]

Traxectoria editar

Naceu en Fuenlabrada, sendo fillo de José Torres, un emigrante galego de Gastrar, Boqueixón, e de Flora Sanz.[3]

Comezou a xogar na canteira do Atlético de Madrid cando tiña dez anos e debutou en primeira división do fútbol español co seu equipo o 1 de setembro de 2002 no Camp Nou, empatando co FC Barcelona 2-2. No club madrileño estivo xogando cinco tempadas consecutivas, onde obtivo unha media de 15 goles e un récord de 23 goles por tempada en 2003-04.

O seu debut como internacional foi o 6 de setembro de 2003 no partido Portugal 0 - 3 España. Torres participou na Copa Mundial de Fútbol de 2006.

En 2007 ficha polo Liverpool FC, por 36 millóns de euros, co que se converte na fichaxe máis cara nos 150 anos de historia do club inglés e a máis cara da tempada 2007/2008 en Europa. O 16 de xullo debuta co Liverpool FC nun amigable ante o Werder Bremen (3-2 para os Reds). O 11 de agosto debuta oficialmente co Liverpool FC no partido de liga Aston Villa-Liverpool FC (1-2).

No inverno da tempada 2010/2011 vai para o Chelsea FC, custando a súa fichaxe 56 millóns de euros.

Selección nacional editar

 
Torres, campión da Eurocopa 2008.

En 2001 impúxose no «Torneo Algarve» coa selección sub-16 española. Tamén venceron no campionato europeo sub-16 da UEFA, no que Torres anotou o único tanto da final e foi elixido mellor xogador do campionato. En novembro dese mesmo ano representou a España no Mundial Sub-17 de 2001, no que a selección foi eliminada na fase de grupos. En 2002 impúxose no europeo sub-19, no que foi nomeado futbolista do torneo e de novo anotou o único tanto da final.

O 6 de setembro de 2003 debutou coa selección nacional nun amigable ante Portugal. O 28 de abril de 2004 anotou o seu primeiro tanto ante a selección italiana, e foi convocado á Eurocopa dese ano.

Na fase de clasificación para o Mundial de Alemaña 2006 anotou sete tantos en once partidos, entre eles un hat-trick a San Marino, sendo o máximo goleador español de devandita fase. No Mundial marcaría outros 3 goles, compartindo o pichichi con David Villa.

Foi convocado para a Eurocopa 2008. Marcou dous goles na fase de clasificación e outros dous na Eurocopa, un deles o único tanto da final contra Alemaña (1-0), dando a España a segunda Eurocopa da súa historia.

O 28 de marzo de 2009 disputou ante Turquía o seu encontro número sesenta coa selección (durante a fase de clasificación para o Mundial de 2010) converténdose no futbolista máis novo en lograr este fito. Aínda que as lesións marcaron a tempada impedíndolle disputar un considerable número de encontros clasificatorios, anotou nun amigable ante Chile tras substituír a Villa na segunda metade. No verán Vicente del Bosque convocouno para disputar a Copa Confederacións. Durante a disputa desta competición anotou o seu segundo hat-trick con España ante o combinado neozelandés; o hat-trick máis rápido da historia da selección. Tamén disputou o encontro de semifinais ante Estados Unidos -no que o combinado nacional foi derrotado (2-0)-, así como o encontro ante Suráfrica -no que os españois impuxéronse (3-2) no tempo de desconto.

En 2010 volveu ser convocado por Vicente del Bosque para disputar o Mundial de Suráfrica. O 11 de xullo de 2010 proclamouse campión da Copa Mundial de Fútbol coa selección española en Suráfrica.

Clubs e estatísticas editar

Club Tempada Liga Copa local[4] Copa continental[5] Total
Part. Goles Part. Goles Part. Goles Part. Goles
Atlético de Madrid
  España
200001* 4 1 2 0 6 1
200102* 36 6 1 1 37 7
200203 29 13 2 1 31 14
200304 35 21 5 2 40 23
200405 38 16 6 2 5 2 49 20
200506 36 13 4 0 40 13
200607 36 14 4 1 40 15
Total 214 82 24 7 5 2 243 91
Liverpool FC
  Inglaterra
200708 33 24 2 3 11 6 46 33
200809 24 14 5 1 9 2 38 17
Total 57 38 7 4 20 8 84 50
Total 264 117 30 11 22 10 318 140
Datos correspondentes ó 21 de abril de 2009[6]

* Segunda división

Palmarés editar

Club editar

Atlético de Madrid
Chelsea

Internacional editar

España sub-16
España sub-19
España

Distincións individuais editar

Distinción Ano
Goleador do Campionato Europeo sub-16 da UEFA 2001
Mellor xogador do Campionato Europeo sub-16 da UEFA 2001
Goleador do Campionato Europeo sub-19 da UEFA 2002
Mellor xogador do Campionato Europeo sub-19 da UEFA 2002
Mellor xogador debutante na Premier League 2008
Mellor xogador da Final da Eurocopa 2008
Mellor xogador do ano "Northwest Awards" Premier League[7] 2008
Balón de bronce 2008
Terceiro lugar do Xogador Mundial da FIFA 2008
Bota de Prata da Copa FIFA Confederacións 2009
Incluído no equipo ideal FIFA/FIFPro[8] 2009

Fichaxe máis cara da Premier Ligue.

5º xogador español mais caro da historia.

Fernando Torres e Galiza editar

O seu pai é de Boqueixón e a súa nai madrileña. Dende 1990 pasaba os veráns na localidade de Estorde, en Cee[9]. Durante os veráns coñeceu a súa compañeira, unha rapaza chamada Olalla[10]. Teñen unha filla chamada Nora (nada en Compostela en xullo de 2009) e un fillo chamado Leo (nado en Liverpool en decembro de 2010).

Outros datos editar

Participou no videoclip da canción "Ya nada volverá a ser como antes" do grupo pop El canto del loco, onde a súa moza marchaba co vocalista do grupo.

Notas editar

  1. Marca, ed. (1 de xullo de 2012). "España reescribe a historia". 
  2. As, ed. (2 de xullo de 2012). "Torres, Bota de Ouro da Euro". 
  3. "Galicia es la 'Ñ': Marcelino es galleguiño y Fernandiño (Torres) tiene aquí su origen". El Correo Gallego (en castelán). 30 de xuño de 2008. Consultado o 10 de xuño de 2021. 
  4. Considéranse os partidos xogados na Copa do Rei
  5. Considéranse os partidos xogados na Liga de Campións da UEFA, a Copa da UEFA e a Copa Intertoto.
  6. "Sitio web oficial de Fernando Torres. 30 de xuño de 2007". Arquivado dende o orixinal o 30 de xuño de 2008. Consultado o 30 de xuño de 2008. 
  7. Futbolista do ano nos Northwest Awards
  8. "FIFPro.org - O Once Mundial FIFA/FIFPro sae a escena en Zúric". Arquivado dende o orixinal o 16 de xuño de 2010. Consultado o 04 de xuño de 2010. 
  9. O pasado galego de Torres: O neno que creceu na praia de Cee Arquivado 02 de xullo de 2008 en Wayback Machine., La Voz de Galicia, 28/06/08
  10. "Biografía en Portal Mix". Arquivado dende o orixinal o 30 de xuño de 2008. Consultado o 29 de xuño de 2008. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar