Liga de Campións da UEFA

torneo de fútbol
(Redirección desde «UEFA Champions League»)

A Liga de Campións da UEFA (en inglés: UEFA Champions League) é un torneo de fútbol organizado pola UEFA e disputado entre os mellores clubs europeos. É un dos trofeos de fútbol máis prestixiosos do mundo e o máis importante a nivel de clubs en Europa.

Modelo:Competición deportivaLiga de Campións da UEFA
Imaxe
Tipocopa internacional de clubs de fútbol Editar o valor en Wikidata
OrganizadorUEFA Editar o valor en Wikidata
Número de participantes55 Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
Vixencia1955 – Editar o valor en Wikidata
Período de ocorrencia1 ano Editar o valor en Wikidata
Outro
Páxina web oficialuefa.com… Editar o valor en Wikidata
Facebook: uefachampionsleague Twitter: ChampionsLeague Instagram: championsleague VK: championsleague TikTok: championsleague Genius: Uefa-champions-league Editar o valor en Wikidata

A copa de 2005.

Foi creada en 1955 co nome oficial de Copa de Campións de Europa, e foi coñecida durante as súas primeiras décadas como Copa de Europa. Nun principio o campionato consistía nunha eliminatoria directa entre os gañadores das ligas dos seus respectivos países e o campión era recoñecido como campión de Europa. En 1991 aumentou o número de equipos e incorporouse unha fase de grupos e en 1992 a competición recibiu o seu nome actual.

A partir da tempada 1997/98 a competición ampliouse para ser xogada por máis equipos, ademais dos clubs campións de liga. Dende entón o número de participantes foi aumentando, e na actualidade, aínda que a maioría de países europeos aportan só o seu campión de liga, as ligas máis fortes achegan até un máximo de catro equipos cada unha. Tralos clubs clasificados para a Liga de Campións, os seguintes clubs mellor clasificados en cada liga son elixibles para a UEFA Europa League, a segunda competición europea a nivel de clubs. Dende 2021 existe unha competición de terceiro nivel, a UEFA Europa Conference League.

O formato actual do torneo consta de varias etapas e comeza a finais de xuño, cunha rolda preliminar, logo tres roldas eliminatorias de clasificación e a continuación unha rolda de play-off, todas elas en formato de ida e volta. Así, os seis equipos sobreviventes únense aos 26 equipos clasificados de xeito directo, entrando nunha fase de grupos conformada por 32 equipos en oito grupos de catro equipos cada un. Os oito gañadores de grupo e os oito segundos entran na fase eliminatoria final, que termina coa final, disputada entre finais de maio e principios de xuño. O gañador da Liga de Campións da UEFA clasifícase para xogar a Copa Mundial de Clubs da FIFA (que substituíu a Copa Intercontinental dende 2005), así como a Supercopa de Europa.

O título foi gañado por 22 clubs diferentes, dos cales 13 gañaron o título en máis dunha ocasión. Os equipos españois son os que máis títulos acumulan (19), seguidos dos equipos ingleses (15) e os italianos (12). Inglaterra é o país con máis equipos vencedores (6). O club con máis títulos gañados é o Real Madrid, que gañou 6 no antigo formato e 8 no novo, seguido do Milan, cun total de 7.

Formato

editar

Durante as súas primeiras décadas de vida, a competición disputábase só en formato de eliminación directa, ata que na campaña 1991-92 se engadiu unha fase de grupos.

Cambios de formato

editar
  • Na tempada 1991-92: Engadiuse unha fase de grupos de oito equipos a disputar tralas dúas primeiras eliminatorias. Organizada en dous grupos, o mellor de cada grupo clasificábase para disputar a final.
  • Na tempada 1992-93: Introduciuse unha rolda previa, debido á aparición de novos países tralas disolucións da Unión Soviética e de Iugoslavia.
  • Na tempada 1993-94: Introduciuse a semifinal trala fase de grupos, clasificándose para esta os dous mellores equipos de cada grupo.
  • Na tempada 1994-95: As dúas primeiras roldas foron substituídas por catro grupos de catro equipos cada un. Introducíronse os cuartos de final, para os que se clasificaban os dous mellores equipos de cada grupo.
  • Na tempada 1997-98: A fase de grupos ampliouse a 24 equipos, que se organizaron en seis grupos.
  • Na tempada 1999-00: Ampliouse a fase de grupos aos 32 equipos actuais, que se organizan en oito grupos, e agregouse unha segunda rolda de grupos.
  • Na tempada 2003-04: Suprimiuse a segunda fase de grupos e substituíuse polos oitavos de final.
  • Na tempada 2009-10: Ampliouse o número de equipos (22) que clasificaban directamente á fase de grupos. Distinguiuse aos equipos campións de ligas menos potentes dos non campións das máis potentes, non permitindo cruces dos primeiros cos últimos en roldas previas.

Clasificación

editar

O número de equipos participantes de cada país depende do Coeficiente UEFA, que varía en función das clasificacións do ano anterior. A táboa seguinte reflicte o número de equipos que podían clasificarse para a tempada 2022-23, aos que hai que sumar o campión da Europa League.

 
Mapa de países membros da UEFA con equipos que acadaron a fase de grupos da Liga de Campións.      Países representados en fase de grupos.      Países non representado en fase de grupos.
Países Equipos participantes
Fase de grupos Roldas previas
  Inglaterra 4 0
  España 4 0
  Italia 4 0
  Alemaña 4 0
  Francia 2 1
  Portugal 2 1
  Países Baixos 1 1
  Bélxica 1 1
  Austria 1 1
  Escocia 1 1
  Ucraína 1 1
Resto de países 0 1 ou 2

Historia

editar
 
Balón dunha competición europea

1955-1959

editar

En abril de 1955 a UEFA aprobou unha competición entre clubs europeos, a Copa de Campións de Europa, máis coñecida como a Copa de Europa, impulsada polo xornal deportivo francés L'Equipe, con Gabriel Hanot, que era o seu editor na época, xunto co seu colega Jacques Ferran.

Na tempada seguinte (1955-56) empezou o primeiro campionato que tivo por vencedor ao Real Madrid, que derrotou ao equipo francés Stade de Reims por catro goles a tres nun partido disputado no Parc des Princes de París.

A hexemonía do Real Madrid continuou catro tempadas máis, gañando as finais contra a Fiorentina, Milan, Stade de Reims e Eintracht Frankfurt. No Real Madrid xogaban daquela importantes xogadores coma Di Stéfano, Puskás, Gento ou Santamaría.

1960-1969

editar

Na tempada 1960-61 hai un novo campión, o Benfica portugués, liderado por José Águas e Mário Coluna. Ese ano o Real Madrid non puido pasar de primeira rolda, xa que foi derrotado polo Barcelona, nun partido no que ao conxunto "merengue" se lle anularon 4 goles. Posteriormente, o FC Barcelona chegou á final. O Benfica, xa con Eusébio no ataque, volveu gañar o título ao ano seguinte, derrotando ao Real Madrid na final de Ámsterdam.

O Benfica volveu chegar á final por terceira vez consecutiva na seguinte edición, pero caeu derrotado fronte o Milan. Os dous anos seguintes estiveron dominados por outro equipo italiano, o Inter de Milán de Helenio Herrera, que derrotou nas finais ao Real Madrid e ao Benfica.

En 1966 o Real Madrid volveu conseguir un título, o sexto, derrotando na final ao Partizan de Belgrado por dous a un. Nese equipo continuaba o veterano Francisco Gento, que se converteu no xogador que máis veces gañou a Copa de Europa (6).

En 1967 proclamouse vencedor o Celtic de Glasgow, equipo que daquela non tiña ningún estranxeiro e estaba formado só por xogadores escoceses, os chamados Lisbon Lions. Converteuse no primeiro club do Reino Unido en gañar este título. Ao ano seguinte gañou un equipo inglés, o Manchester United, que derrotou na final ao Benfica.

En 1969 o Milan conquistou o seu segundo título ao derrotar na final ao Ajax neerlandés.

1970-1979

editar

Os Países Baixos dominaron a competición nos seguintes catro anos conseguindo un título o Feyenoord e tres o Ajax, en cuxas filas estaba un dos mellores xogadores holandeses da historia, Johan Cruyff.

Durante as tres tempadas seguintes un equipo alemán, o Bayern de Múnic, dominou a competición. Nese equipo militaban xogadores como Franz Beckenbauer, Gerd Müller ou Paul Breitner. Empezou gañando a final de 1974 ao Atlético de Madrid, na primeira final disputada polo club español, que a perdeu nos últimos segundos. Desfíxose tamén do Leeds United e do Saint-Étienne nas finais dos dous anos seguintes.

Desde 1977 ata 1982 a Copa de Europa foi conquistada por clubs ingleses. En total foron seis trofeos os que acabaron en mans inglesas nese período. Tres gañounos o Liverpool FC, dous o Nottingham Forest e un o Aston Villa.

1980-1989

editar

Na tempada 1982-83 o partido Hamburgo SV 1 - 0 Juventus foi unha final na que non participou ningún club inglés, rompéndose así a racha de vitorias inglesas, aínda que na tempada seguinte o Liverpool FC volveu gañar o trofeo.

O 29 de maio de 1985 disputouse a final entre a Juventus de Trapattoni, que viña de gañar a Copa da UEFA de 1977, o Mundial Interclubs de 1983, a Recopa e Supercopa Europea 1984 (esta última fronte ao mesmo Liverpool) e o Liverpool FC. O equipo inglés chegaba á final un ano despois, aínda que se impuxo o equipo italiano cun gol de Michel Platini. Ese día, antes do partido, produciuse unha traxedia, unha avalancha de hooligans ingleses provocou o derrubamento dunha das paredes do Estadio de Heysel, en Bruxelas. O incidente causou 39 vítimas mortais, 34 delas seguidores italianos da Juventus. A Traxedia de Heysel, como se coñece a ese desafortunado suceso, supuxo o desterro dos clubs ingleses das competicións europeas durante cinco anos, e ao Liverpool FC durante dez anos, dos que só estivo seis sen poder participar en Europa.

Na tempada 1985-86 enfrontáronse na final o Steaua de Bucarest, club que chegaba por primeira vez a unha final, e o FC Barcelona, que nunca gañara a Copa de Europa. O título caeu en mans do equipo romanés na quenda de penaltis.

Os dous seguintes campións foron o FC Porto e o PSV Eindhoven.

1990-1999

editar

En 1989 e 1990 o AC Milan gaña dous títulos e ao ano seguinte proclámase campión o Estrela Vermella de Belgrado, que gaña a súa primeira Copa de Europa derrotando na final ao Olympique de Marseille na quenda de penaltis.

En 1992 o FC Barcelona gaña o trofeo impoñéndose ao Sampdoria por un gol a cero no Estadio de Wembley. O gol marcado por Ronald Koeman na prórroga deu ao seu equipo a primeira Copa de Europa da súa historia.

Na tempada 1992-93 cámbiase o nome do torneo, pasándose a chamar Liga de Campións. Ese ano o Olympique de Marseille proclamouse campión fronte ao AC Milan, pero ao ano seguinte non se lle permitiu disputar o torneo por culpa de irregularidades financeiras cometidas polo seu presidente Bernard Tapie.

En 1994 enfrontáronse na final o FC Barcelona (campión de 1992) e o AC Milan (subcampión do ano anterior) no Estadio Olímpico de Atenas. O equipo italiano impúxose ao FC Barcelona por catro goles a cero. Ao ano seguinte o AC Milan xogou a súa terceira final consecutiva, pero non puido superar ao Ajax na final.

O AFC Ajax chegou outra vez á final na tempada seguinte, pero caeu derrotado contra a Juventus FC na quenda de penaltis.

Na tempada 1996-97 entra en vigor a Lei Bosman que permite aos xogadores comunitarios xogar sen ser contados como estranxeiros. Ese ano adxudícase o torneo o Borussia Dortmund, que consegue a primeira Liga de Campións da súa historia, fronte á "Vecchia Signora".

Na tempada 1997-98 apróbase o novo formato de competición, o que aumenta o número de clubs que participan no campionato. Ese ano proclámase campión o Real Madrid, logo de 32 anos sen gañar o trofeo. Os "brancos" gañaron á Juventus, que chegaba á súa terceira final consecutiva, por un gol a cero marcado por Predrag Mijatović.

En 1999 o Manchester United FC fíxose co título, converténdose no primeiro club inglés en gañalo logo da Traxedia de Heysel. A final, xogada no estadio Camp Nou de Barcelona, foi dominada polo Bayern de Múnic por 1-0; non foi ata o tempo engadido cando o equipo inglés lle deu a volta ao partido para acabar gañando 1-2.

2000-2009

editar

Na tempada 1999-00 a UEFA amplía aínda máis o número de equipos participantes na competición. Ese ano enfróntanse na final, por primeira vez na historia da competición, dous equipos do mesmo país: o Real Madrid e o Valencia CF, equipo que alcanza a final por primeira vez. Esa final gañouna o Real Madrid impoñéndose por tres goles a cero. Ademais ese mesmo ano outro equipo español, o FC Barcelona, chegara a semifinais, nas que foi derrotado polo Real Madrid.

Na tempada seguinte o Valencia CF volveu xogar a final, perdendo de novo. Esta vez o verdugo foi o Bayern de Múnic que se impuxo na quenda de penaltis por cinco goles a catro.

En 2002 o Real Madrid volve proclamarse campión, contra o Bayer Leverkusen por 2 a 1, cun remate acrobático do francés Zinedine Zidane, conseguindo así a súa novena Copa de Europa.

Na tempada seguinte dous equipos italianos enfróntanse na final: o AC Milan e a Juventus FC, que disputaba a súa cuarta final en oito anos. O partido levouno o AC Milan que gañou grazas a unha dramática quenda de penaltis.

 
Comezo do partido FC Barcelona - Liverpool FC da Liga de Campións 2007

En 2004 o FC Porto faise co título derrotando ao AS Mónaco (debutante nunha final) por tres goles a cero. O equipo portugués viña de eliminar en semifinais ao Deportivo, sendo a única vez que o equipo coruñés chegaba á penúltima rolda da Liga de Campións.

Na tempada 2004-05 enfrontáronse na final o Liverpool FC e o AC Milan. O partido empezou con tres goles do equipo italiano pero o Liverpool adestrado por Rafael Benítez conseguiu empatar o partido e forzar a prórroga. Ao final o Liverpool FC impúxose na quenda de penaltis.

O 17 de maio de 2006 o FC Barcelona remontou un 0-1 contra o Arsenal FC, gol de Sol Campbell, e coroouse campión ao vencer ao equipo inglés por 2-1, con goles de Eto'o e Belletti na que era a segunda Copa de Europa do club español. Neste partido produciuse a primeira expulsión nunha final de Liga de Campións, a do porteiro alemán do Arsenal, Jens Lehmann.

O 23 de maio de 2007, o AC Milan gañoulle a final da Copa de Europa ao Liverpool F.C. por 2-1, marcando o equipo inglés no minuto 88. Filippo Inzaghi foi o autor dos dous goles do equipo italiano que se adxudicou a súa sétima Copa de Campións, polo que é o segundo club que máis copas ten, sete, por detrás do Real Madrid con dez.

O 21 de maio de 2008, o Manchester United venceu ao Chelsea FC na primeira final da competición entre equipos ingleses, xogada no Estadio Olímpico Luzhniki en Moscova, Rusia. Logo de empatar 1-1 no tempo regulamentario con goles de Cristiano Ronaldo aos 26 minutos para os Red Devils e Frank Lampard aos 45 para os Blues, o empate continuou ata o final e mais a prórroga, decidíndose o campión nos penaltis. O Manchester gañou por 6-5 nunha agónica quenda de na que un esvarón de John Terry no lanzamento que puido dar o título ao equipo londiniense fixo inútil o rexeitamento de Petr Čech ao disparo de Ronaldo; o neerlandés Edwin van der Sar desviou a traxectoria do tiro decisivo de Nicolas Anelka, e o equipo adestrado por Alex Ferguson proclamouse campión de Europa por terceira vez na súa historia.

O Manchester United repetiu final ao ano seguinte, no Estadio Olímpico de Roma, nesta ocasión fronte o FC Barcelona, nun encontro moi esperado polo que supuña enfrontar a dous dos xogadores máis en forma do momento, o arxentino Lionel Messi e o portugués Cristiano Ronaldo. O "Barça" completou o seu triplo (Liga de Campións, Liga española e Copa do Rei) derrotando o conxunto inglés por 2-0, con goles de Samuel Eto'o e o propio Messi, impedíndolle ao Manchester ser o primeiro equipo en gañar a competición dous anos seguidos na época da Liga de Campións.

Na tempada 2009-10 instaurouse un novo formato de competición que separaba na fase previa aos campións nacionais de liga dos equipos non campións, os cales entraban en escena na terceira de catro roldas previas. Na final desa mesma edición, o 22 de maio de 2010, o Inter de Milán fíxose co seu terceiro título tras derrotar na final ao Bayern de Múnic por dous goles a cero, ambos os goles marcados polo dianteiro arxentino Diego Milito. O conxunto neroazzurro, ademais, convertíase no primeiro club italiano que gañaba un triplo (Liga, Copa e Champions), e no sexto a nivel europeo.

Na tempada 2010-11, FC Barcelona e Manchester United disputaron a final, a segunda en dous anos, en Londres o 28 de maio de 2011, gañando novamente os "culés" por 3-1 con goles de Pedro Rodríguez, Leo Messi e David Villa. O gol do Manchester foi de Wayne Rooney. O equipo "blaugrana" conquistaba así a súa cuarta Copa de Europa na cidade onde se coroara por primeira vez, 19 anos atrás.

Na edición 2011-12 o Chelsea e o Bayern de Múnic enfrontáronse na final logo de eliminar ao FC Barcelona e ao Real Madrid respectivamente en semifinais. Tras un emocionante partido que concluíu en empate por 1-1 no tempo regulamentario e non converténdose goles na prórroga, lanzouse a quenda de penaltis na que o equipo inglés venceu por 3-4.

Borussia Dortmund e Bayern enfrontáronse na final da Champions League 2012-13 logo de eliminar ao Real Madrid e ao Barcelona respectivamente, gañando o Bayern de Múnic 2-1 no minuto 88 con gol de Robben, obtendo así o equipo bávaro a súa quinta Champions.

O himno da Liga de Campións da UEFA é unha adaptación da obra de Händel, "Zadok the Priest". A obra está nos tres idiomas oficiais da UEFA: inglés, francés e alemán. O himno reprodúcese ao comezo de cada partido de Liga de Campións.

Finais

editar
Tempada Campión Marcador Subcampión Recinto
1955–56   Real Madrid 4–3   Stade de Reims Parc des Princes (  París)
1956–57   Real Madrid 2–0   Fiorentina Santiago Bernabéu (  Madrid)
1957–58   Real Madrid 3–2 (Prórroga)   AC Milan Estadio de Heysel (  Bruxelas)
1958–59   Real Madrid 2–0   Stade de Reims Neckarstadion (  Stuttgart)
1959–60   Real Madrid 7–3   Eintracht Frankfurt Hampden Park (  Glasgow)
1960–61   Benfica 3–2   Barcelona Wankdorfstadion (  Berna)
1961–62   Benfica 5–3   Real Madrid Olympisch Stadion (  Ámsterdan)
1962–63   Milan 2–1   Benfica Estadio de Wembley (  Londres)
1963–64   Inter de Milán 3–1   Real Madrid Praterstadion (  Viena)
1964–65   Inter de Milán 1–0   Benfica San Siro (  Milán)
1965–66   Real Madrid 2–1   Partizan Estadio de Heysel (  Bruxelas)
1966–67   Celtic 2–1   Inter de Milán Estadio Nacional (  Lisboa)
1967–68   Manchester United 4–1 (Prórroga)   Benfica Estadio de Wembley (  Londres)
1968–69   Milan 4–1   Ajax Santiago Bernabéu (  Madrid)
1969–70   Feyenoord 2–1 (Prórroga)   Celtic San Siro (  Milán)
1970–71   Ajax 2–0   Panathinaikos Estadio de Wembley (  Londres)
1971–72   Ajax 2–0   Inter de Milán De Kuip (  Rotterdam)
1972–73   Ajax 1–0   Juventus Crvena Zvezda Stadium (  Belgrado)
1973–74   Bayern de Múnic 1–1 (Prórroga)
4–0 (Repetición)
  Atlético de Madrid Estadio de Heysel (  Bruxelas)
1974–75   Bayern de Múnic 2–0   Leeds United Parc des Princes (  París)
1975–76   Bayern de Múnic 1–0   Saint-Étienne Hampden Park (  Glasgow)
1976–77   Liverpool 3–1   Borussia Mönchengladbach Stadio Olimpico (  Roma)
1977–78   Liverpool 1–0   Club Bruxas Estadio de Wembley (  Londres)
1978–79   Nottingham Forest 1–0   Malmö Estadio Olímpico de Múnic (  Múnic)
1979–80   Nottingham Forest 1–0   Hamburgo Santiago Bernabéu (  Madrid)
1980–81   Liverpool 1–0   Real Madrid Parc des Princes (  París)
1981–82   Aston Villa 1–0   Bayern de Múnic De Kuip (  Rotterdam)
1982–83   Hamburgo 1–0   Juventus Estadio Olímpico (  Atenas)
1983–84   Liverpool 1–1 (4–2 Penaltis)   Roma Stadio Olimpico (  Roma)
1984–85   Juventus 1–0   Liverpool Estadio de Heysel (  Bruxelas)
1985–86   Steaua Bucarest 0–0 (2 - 0 Penaltis)   Barcelona Sánchez Pizjuán (  Sevilla)
1986–87   Porto 2–1   Bayern de Múnic Praterstadion (  Viena)
1987–88   PSV Eindhoven 0–0 (6–5 Penaltis)   Benfica Neckarstadion (  Stuttgart)
1988–89   Milan 4–0   Steaua Bucarest Camp Nou (  Barcelona)
1989–90   Milan 1–0   Benfica Praterstadion (  Viena)
1990–91   Estrela Vermella 0–0 (5–3 (Penaltis)   Olympique de Marsella Stadio San Nicola (  Bari)
1991–92   Barcelona 1–0 (Prórroga)   Sampdoria Estadio de Wembley (  Londres)
1992–93   Olympique de Marsella 1–0   Milan Estadio Olímpico de Múnic (  Múnic)
1993–94   Milan 4–0   Barcelona Estadio Olímpico (  Atenas)
1994–95   Ajax 1–0   Milan Ernst Happel Stadion (  Viena)
1995–96   Juventus 1–1 (4–2 Penaltis)   Ajax Stadio Olimpico di Roma (  Roma)
1996–97   Borussia Dortmund 3–1   Juventus Estadio Olímpico de Múnic (  Múnic)
1997–98   Real Madrid 1–0   Juventus Amsterdam ArenA (  Ámsterdan)
1998–99   Manchester United 2–1   Bayern de Múnic Camp Nou (  Barcelona)
1999–00   Real Madrid 3–0   Valencia Stade de France (  Saint-Denis)
2000–01   Bayern de Múnic 1–1 (5–4 Penaltis)   Valencia San Siro (  Milán)
2001–02   Real Madrid 2–1   Bayer Leverkusen Hampden Park (  Glasgow)
2002–03   Milan 0–0 (3–2 Penaltis)   Juventus Old Trafford (   Manchester)
2003–04   Porto 3–0   Monaco Arena AufSchalke (  Gelsenkirchen)
2004–05   Liverpool 3–3 (3–2 Penaltis)   Milan Estadio Olímpico Atatürk (  Istambul)
2005–06   Barcelona 2–1   Arsenal Stade de France (  Saint-Denis)
2006–07   Milan 2–1   Liverpool Estadio Olímpico (  Atenas)
2007–08   Manchester United 1–1 (6–5 Penaltis)   Chelsea Olímpico de Luzhniki (  Moscova)
2008–09   Barcelona 2–0   Manchester United Stadio Olimpico di Roma (  Roma)
2009–10   Inter de Milán 2–0   Bayern de Múnic Santiago Bernabéu (  Madrid)
2010–11   FC Barcelona 3–1   Manchester United Wembley Stadium (  Londres)
2011–12   Chelsea 1–1 (4–3 Penaltis)   Bayern de Múnic Allianz Arena (  Múnic)
2012–13   Bayern de Múnic 2–1   Borussia Dortmund Wembley Stadium (  Londres)
2013–14   Real Madrid 4–1 (Prórroga)   Atlético de Madrid Estadio da Luz (  Lisboa)
2014–15   Barcelona 3–1   Juventus Estadio Olímpico (  Berlín)
2015–16   Real Madrid 1–1 (5–3 Penaltis)   Atlético de Madrid Giuseppe Meazza (  Milán)
2016–17   Real Madrid 4–1   Juventus Millennium Stadium (  Cardiff)
2017–18   Real Madrid 3–1   Liverpool Estadio Olímpico (  Kíiv)
2018–19   Liverpool 2–0   Tottenham Hotspur Wanda Metropolitano (  Madrid)
2019–20   Bayern München 1–0   Paris Saint-Germain Estádio da Luz (  Lisboa)
2020-21   Chelsea 1–0   Manchester City Estádio do Dragão (  Porto)
2021-22   Real Madrid 1–0   Liverpool Stade de France (  Saint-Denis)
2022-23   Manchester City 1–0   Inter de Milán Estadio Olímpico Atatürk (  Istambul)

Palmarés

editar

Por equipos

editar
Pos. Equipo País Títulos Subcampión Anos campión
1 Real Madrid   España 14 3 1956, 1957, 1958, 1959, 1960, 1966, 1998, 2000, 2002, 2014, 2016, 2017, 2018 e 2022
2 Milan   Italia 7 4 1963, 1969, 1989, 1990, 1994, 2003 e 2007
3 Bayern de Múnic   Alemaña 6 5 1974, 1975, 1976, 2001, 2013 e 2020
4 Liverpool   Inglaterra 6 4 1977, 1978, 1981, 1984, 2005 e 2019
5 Barcelona   España 5 3 1992, 2006, 2009, 2011 e 2015
6 Ajax Amsterdam   Países Baixos 4 2 1971, 1972, 1973 e 1995
7 Inter de Milán   Italia 3 2 1964, 1965 e 2010
Manchester United   Inglaterra 3 2 1968, 1999 e 2008
9 Juventus   Italia 2 7 1985 e 1996
10 Benfica   Portugal 2 5 1961 e 1962
11 Chelsea   Inglaterra 2 1 2012, 2021
12 Nottingham Forest   Inglaterra 2 0 1979 e 1980
13 Porto   Portugal 2 0 1987 e 2004
14 Celtic de Glasgow   Escocia 1 1 1967
Hamburgo   Alemaña 1 1 1983
Steaua Bucarest   Romanía 1 1 1986
Olympique de Marsella   Francia 1 1 1993
Borussia Dortmund   Alemaña 1 1 1997
Manchester City   Inglaterra 1 1 2023
19 Feyenoord Rotterdam   Países Baixos 1 0 1970
Aston Villa   Inglaterra 1 0 1982
PSV Eindhoven   Países Baixos 1 0 1988
Estrela Vermella   Iugoslavia 1 0 1991
23 Atlético de Madrid   España 0 3
24 Stade de Reims   Francia 0 2
Valencia CF   España 0 2
26 AC Fiorentina   Italia 0 1
Eintracht Frankfurt   Alemaña 0 1
Partizan   Iugoslavia 0 1
Panathinaikos   Grecia 0 1
Leeds United   Inglaterra 0 1
Saint-Étienne   Francia 0 1
Borussia Mönchengladbach   Alemaña 0 1
Bruxas   Bélxica 0 1
Malmö   Suecia 0 1
Roma   Italia 0 1
Sampdoria   Italia 0 1
Bayer Leverkusen   Alemaña 0 1
Monaco   Francia 0 1
Arsenal   Inglaterra 0 1
Tottenham Hotspur   Inglaterra 0 1
Paris Saint-Germain   Francia 0 1

Por países

editar
País Títulos Subcampionatos
  España 19 11
  Inglaterra 14 11
  Italia 12 16
  Alemaña 8 10
  Países Baixos 6 2
  Portugal 4 5
  Francia 1 6
  Escocia 1 1
  Romanía 1 1
  Iugoslavia 1 1
  Grecia 0 1
  Bélxica 0 1
  Suecia 0 1

Goleadores

editar
Pos. Xogador País Goles Anos Equipos
1 Cristiano Ronaldo   Portugal 140 2003– Manchester United (21)
Real Madrid (105)
Juventus (14)
2 Lionel Messi   Arxentina 125 2005– Barcelona (120)
Paris Saint-Germain (5)
3 Robert Lewandowski   Polonia 86 2011– Borussia Dortmund (17)
Bayern de Múnic (69)
Karim Benzema   Francia 86 2006– Olympique Lyonnais (12)
Real Madrid (74)
5 Raúl González   España 71 1995–2011 Real Madrid (66)
Schalke 04 (5)
6 Ruud van Nistelrooy   Países Baixos 56 1998–2009 PSV Eindhoven (8)
Manchester United (35)
Real Madrid (13)
7 Thomas Müller   Alemaña 52 2008– Bayern de Múnic
8 Thierry Henry   Francia 50 1997–2012 Mónaco (7)
Arsenal (35)
Barcelona (8)
9 Alfredo Di Stéfano   Arxentina /   España 49 1955–1964 Real Madrid
10 Andrii Shevchenko   Ucraína 48 1994–2012 Dinamo de Kíiv (15)
Milan (29)
Chelsea (4)
Zlatan Ibrahimović   Suecia 48 2001–2017 Ajax (6)
Juventus (3)
Inter de Milán (6)
Barcelona (4)
Milan (9)
Paris Saint-Germain (20)
12 Eusébio   Portugal 46 1961–1974 Benfica
13 Filippo Inzaghi   Italia 46 1997–2012 Juventus (17)
Milan (29)
14 Didier Drogba   Costa do Marfil 44 2003–2015 Olympique de Marsella (5)
Chelsea (36)
Galatasaray (3)
15 Alessandro Del Piero   Italia 41 1995–2009 Juventus
16 Neymar   Brasil 41 2013– Barcelona (21)
Paris Saint-Germain (20)
Sergio Agüero   Arxentina 41 2008–2021 Atlético de Madrid (5)
Manchester City (36)
18 Ferenc Puskás   Hungría /   España 35 1956–1966 Budapest Honvéd (1)
Real Madrid (35)
19 Mohamed Salah   36 2013– Basel (2)
Roma (1)
Liverpool (33)
20 Edinson Cavani   Uruguai 35 2011– Napoli (5)
Paris Saint-Germain (30)

Notas: A UEFA non contabiliza os goles marcados nas roldas de clasificación. En letra grosa aparecen os xogadores que participaron na Liga de Campións da UEFA 2021-22 e o equipo no que o fixeron. Só aparecen os clubs cos que participaron na Liga de Campións ou a Copa de Europa.

Estatísticas

editar

Equipos españois

editar

Datos desde o 25 de novembro de 1992, cando nace a Liga de Campións. Esta clasificación non contabiliza fases previas e dá 2 puntos por vitoria. Actualizado ata a tempada 2013-14.

Posto Equipo Tempadas Puntos PX PG PE PP GF GC
Barcelona 18 266 192 108 50 34 380 193
Real Madrid 18 265 196 113 39 44 406 219
12º Valencia 9 110 92 41 28 23 141 89
25º Deportivo da Coruña 5 61 58 23 15 20 74 79
37º Atlético de Madrid 4 40 31 14 12 5 50 31
46º Villarreal 3 24 28 6 12 10 23 34
50º Sevilla 2 22 16 10 2 4 32 19
67º Málaga 1 12 10 4 4 2 16 9
79º Real Sociedad 2 8 14 2 4 8 9 20
81º Celta de Vigo 1 7 8 2 3 3 9 11
87º Mallorca 1 6 6 3 0 3 4 9
92º Athletic 1 5 6 1 3 2 5 6
96º Betis 1 5 6 2 1 3 3 7

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar