Zinedine Zidane
Zinedine Yazid Zidane, nado o 23 de xuño de 1972 en Marsella, é un exfutbolista francés e actual adestrador de fútbol, de familia orixinaria da Cabilia alxeriana. É considerado por algúns medios o máximo expoñente do fútbol mundial de mediados dos anos 90 e principios do 2000 así como un dos mellores xogadores de fútbol de tódolos tempos. Está incluído na lista dos 125 máis grandes xogadores vivos realizada por Pelé, en asociación coa FIFA. Dita organización distinguiuno como Mellor xogador Mundial en 1998, 2000, 2003. En 2004 foi elixido nunha enquisa por Internet promovida pola UEFA como O Mellor futbolista europeo dos últimos 50 anos.[1]
Zinedine Zidane | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Información persoal | |||
Nome | Zinedine Yazid Zidane | ||
Nacemento | 23 de xuño de 1972 (50 anos) | ||
Lugar de nacemento | Marsella | ||
Altura | 1,85 m. | ||
Posición | Centrocampista | ||
Carreira xuvenil | |||
1982–1983 | US Saint-Henri | ||
1983–1987 | SO Septèmes-les-Vallons | ||
1987–1988 | Cannes | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1988–1992 | Cannes | 61 | (6) |
1992–1996 | Bordeaux | 139 | (28) |
1996–2001 | Juventus | 151 | (24) |
2001–2006 | Real Madrid | 155 | (37) |
Total | 506 | (95) | |
Selección nacional | |||
1991–1994 | Francia sub-21 | 18 | (3) |
1994–2006 | Francia | 108 | (31) |
Adestrador | |||
2013–2014 | Real Madrid (asistente) | ||
2014–2016 | Real Madrid Castilla | ||
2016–2018 | Real Madrid | ||
2019–2021 | Real Madrid | ||
Na rede | |||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Desenvolvíase na posición de mediapunta. Zidane era un mediocampista de gran técnica, preciosista, cunha gran visión de xogo e con toques xeniais.[2] Pese á súa calidade pasaba por longos períodos de irregularidade, non obstante terminaba as tempadas como un dos máis destacados do equipo.[3]
TraxectoriaEditar
Debutou con 17 anos na Ligue 1 francesa co AS Cannes nun partido contra o Nantes. En 1992 ficha polo Girondins de Bordeos, no que pasa catro anos. En 1996, ficha pola Juventus, equipo no que gaña varios trofeos de Liga, Copa, Supercopa de Italia e a Copa Intercontinental.
Logo da súa destacada actuación na Eurocopa de 2000, Florentino Pérez interésase polo xogador e o 10 de xullo de 2001 foi presentado polo Real Madrid. Cifrouse a operación en 73,5 millóns de euros, sendo a fichaxe máis cara da historia daquel tempo.[4] En 2002 marcou o gol que daba a Liga de Campións ao seu equipo contra o Bayer Leverkusen (2-1). Co club branco tamén gañou a Supercopa de Europa de 2002, a liga 2002/03 e a Supercopa de España de 2003.
O 7 de maio de 2006 xogou o seu penúltimo partido na liga, e último no Estadio Santiago Bernabéu, partido no que marcou un dos tres goles do seu equipo contra o Villarreal CF (3-3) e foi ovacionado pola afección. O seu último partido foi contra o Sevilla FC no Estadio Ramón Sánchez Pizjuán, no que tamén marcou un gol, aínda que o equipo perdeu (4-3).
Selección nacionalEditar
Debutou coa selección de fútbol de Francia o 17 de agosto de 1994 nun encontro celebrado en Bordeos ante a República Checa. Entrou en substitución do mediocampista Corentin Martins no minuto 63 e marcou os dous goles cos que os galos empataron o partido.
A súa grande actuación na Copa Mundial de Fútbol de 1998, que culmina na final fronte a Brasil (na que marcou 2 dos 3 goles de Francia), valeulle o título mundial e axudoulle a conseguir o Balón de Ouro como mellor futbolista do ano. Tamén foi campión na Eurocopa de 2000. Para a Copa do Mundo de 2002 sufriu unha lesión e tivo pouca participación, sendo Francia eliminada en primeira fase. En 2004 Zidane anunciou o seu retiro da selección pero logo dos malos resultados na clasificatoria para o Mundial de 2006 foi necesario o seu retorno. Francia tivo unha regular primeira fase, mais nos oitavos de final recuperou o seu nivel de inicios da década, eliminando a España, a vixente campioa Brasil e Portugal, perdendo na final contra Italia.
PalmarésEditar
Campionatos nacionaisEditar
Título | Club | País | Ano |
---|---|---|---|
Serie A | Juventus | Italia | 1997 |
Serie A | Juventus | Italia | 1998 |
Liga española | Real Madrid | España | 2003 |
Supercopa de España | Real Madrid | España | 2003 |
Copas internacionaisEditar
(*) Incluíndo a Selección
Distincións individuaisEditar
Distinción | Ano |
---|---|
FIFA World Player - Mellor xogador do ano | 1998, 2000, 2003 |
FIFA World Player - Segundo mellor xogador do ano | 2006 |
FIFA World Player - Terceiro mellor xogador do ano | 1997, 2002 |
Balón de Ouro | 1998 |
Balón de Prata | 2000 |
Balón de Bronce | 1997 |
Mellor xogador da Copa Mundial | 2006 |
Once de Ouro | 1998, 2000, 2001 |
Once de Prata | 1997, 2002, 2003 |
Once de Bronce | 1999 |
Mellor xogador da Liga de Campións da UEFA(MVP) | 2001-02 |
Premio Gredos do Deporte | 2003 |
Mellor xogador europeo dos últimos 50 anos (Votación por Internet) | 2004 |
FIFA 100 - Un dos mellores xogadores vivos da historia | 2004 |
Marca Leyenda[5] | 2008 |
Incluído no once ideal da década polo diario inglés The Sun[6] | 2009 |
NotasEditar
- ↑ "Players - Zinedine Yazid Zidane - Francia". Footballdatabase. Consultado o 18-03-2008.
- ↑ "Zidane, elixido mellor xogador do Mundial". Diario El Mundo. elmundo.es. Consultado o 20-09-2009.
- ↑ "Zidane, en busca dun sono: a Liga de Campións". Terra/Agencias. Terra Deportes. Arquivado dende o orixinal o 28-06-2012. Consultado o 20-09-2009.
- ↑ "Os 25 pases máis caros da historia do fútbol". Terra. mx.terra.com. Arquivado dende o orixinal o 10-08-2011. Consultado o 06-09-2009.
- ↑ MARCA Leyenda, Diario Marca
- ↑ AS.COM - The Sun tamén se apunta ao 'Clásico' no seu Once da Década