Pelé
Edson[1] Arantes do Nascimento, coñecido mundialmente como "Pelé", nado en Tres Corações (Minas Xerais) o 23 de outubro de 1940, é un ex xogador de fútbol brasileiro, considerado "O Rei" dese deporte. Entre el e Diego Armando Maradona está o debate sobre quen é o mellor futbolista de tódolos tempos.
Pelé | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Información persoal | |||
Nome | Edson Arantes do Nascimento | ||
Nacemento | 23 de outubro de 1940 (81 anos) | ||
Lugar de nacemento | Três Corações | ||
Altura | 1,73 m. | ||
Posición | Centrocampista / Dianteiro | ||
Carreira xuvenil | |||
1952–1956 | Bauru | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1956–1974 | Santos | 1120 | (1087) |
1975–1977 | New York Cosmos | 64 | (37) |
Total | 1184 | (1124) | |
Selección nacional | |||
1957–1971 | Brasil | 92 | (77) |
Na rede | |||
https://pele10.org/ | |||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
TraxectoriaEditar
Debutou na primeira división con só 15 anos. Dez meses despois foi convocado por vez primeira coa selección de Brasil. O mundo enteiro comezaría a admiralo pouco despois, cando gañou o Mundial de 1958, en Suecia. Na final Pelé fixo dous goles. No seguinte mundial, en Chile, no ano 1962 volvería a consegui-lo título de campión. En talvez o cumio da súa carreira foi o Mundial de México, en 1970. Tras un campionato sobresaínte, liderando un equipo considerado coma o mellor que xamais pisou un campo, a final volveu a ser o seu mellor partido. Do 4-1 co que gañou a Italia, Pelé marcou un gol e pasou outros dous.
PalmarésEditar
Co Santos Futebol Clube, da cidade de SantosEditar
- 2 Copas Intercontinentais
- 2 Copas Libertadores
- 11 campionatos do Estado de São Paulo
Coa selecciónEditar
En total Pelé marcou 1284 goles en 1363 partidos.
NotasEditar
- ↑ Segundo afirma o propio Pelé, na súa partida de nacemento aparece por error o nome «Edison» en vez de «Edson»; cf. Pelé. The autobiography Pelé. A Autobiografía), pág. 14.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Pelé |