Este artigo trata da rexión da Alxeria. Para o pobo, vexa pobo cabilio. Para a lingua, vexa Lingua cabila.

A Cabilia[1] é unha área montañosa no norte de Alxeria. Os seus habitantes (os cabilas) chámana en cabila Tamurt Idurar (Terra de Montañas) ou Tamurt Leqvayel (Terra dos Cabilas). Forma parte do Cordal do Atlas e está localizada á beira do mar Mediterráneo. Cabilia cobre varias vilaias de Alxeria: a totalidade de Tizi Ouzou e Buxía, a maioría de Bouira e parte das vilaias de Bordj Bou Arreridj, Jijel, Boumerdes, e Setif.

Bandeira da Cabilia.

A colonización francesa editar

 
Mulleres cabilas, 1886.

A área foi pasando gradualmente a control francés dende 1857, espertando unha vigorosa resistencia levada a cabo pola poboación local dirixida por líderes como Lalla Fatma n Soumer, continuando máis tarde coa rebelión de Cheikh Mokrani en 1871. Moitas terras foron confiscadas neste período ás tribos máis recalcitrantes e dadas ós pied-noirs franceses. Foron levados a cabo moitos arrestos e deportacións polos franceses, principalmente a Nova Caledonia. A colonización tamén acelerou a chegada de emigrantes tanto de dentro do país como de fóra del.

Os traballadores alxerinos en Francia organizaron o primeiro partido que promoveu a independencia nos anos 20. Messali Hadj, Imache Amar, Si Djilani, e Belkacem Radjef gañaron rapidamente un grande seguimento tanto en Francia como en Alxeria nos anos trinta e desenvolveron activamente militantes que volvéronse vitais nun futuro para construír unha Alxeria independente e loitadora.

Durante a guerra de independencia (1954-1962), a Cabilia foi unha das áreas que foi máis afectada, debido á importancia do maquis (axudados polo terreo montañoso) e á represión francesa. A FLN recrutou a varios dos seus líderes históricos alí, entre eles Hocine Aït Ahmed, Abane Ramdane, e Krim Belkacem.

Política editar

 
A rexión de Cabilia
 
Paisaxe da Cabilia.

Notas editar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cabilo.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Mohamed Dahmani, Economie et Societe en Grande Kabylie (Alger: Office des Publications Universitaires, 1987)

Ligazóns externas editar