Abrir o menú principal

Estádio da Luz

(Redirixido desde "Estadio da Luz")

Coordenadas: 38°45′9.64″N 9°11′4.85″O / 38.7526778, -9.1846806

Estádio da Luz
LuzLissabon.jpg
Datos
LocalizaciónLisboa, Portugal
Construción
InauguraciónOutubro de 2003
ArquitectoPopulous
Estadio
SuperficieHerba
Dimensións105 x 68
Capacidade66.147
PropietarioSport Lisboa e Benfica
LocalíaSport Lisboa e Benfica
Eventos

O Estádio da Luz (oficialmente chamado Estádio do Sport Lisboa e Benfica) é un estadio de fútbol portugués localizado en Lisboa. Serve de localía ao Sport Lisboa e Benfica.

Foi sede de varios partidos durante a Eurocopa de fútbol 2004, incluíndo a final. O estadio foi totalmente reconstruído para o torneo sendo inaugurado en outubro de 2003, alcanzando a súa capacidade actual de 66.147 espectadores.

O 7 de xullo de 2007 déronse a coñecer neste estadio as Novas sete marabillas do mundo.

Eurocopa 2004Editar

PartidosEditar

O Estádio da Luz albergou durante o campionato cinco encontros: tres encontros da fase de grupos, correspondentes aos grupos A e B, un de cuartos de final e a final. Os partidos foron os seguintes:

Data Fase Equipo Resultado Equipo Espectadores
13 de xuño Primeira rolda Francia  
2 - 1
  Inglaterra
62.487
16 de xuño Primeira rolda Rusia  
0 - 2
  Portugal
59.273
21 de xuño Primeira rolda Croacia  
2 - 4
  Inglaterra
57.047
24 de xuño Cuartos de final Portugal  
2 - 2 (6 - 5 pen.)
  Inglaterra
65.000
4 de xullo Final Portugal  
0 - 1
  Grecia
62.865