Estadio Metropolitano

(Redirección desde «Estadio Wanda Metropolitano»)

Coordenadas: 40°26′10″N 3°35′58″O / 40.436111, -3.599444

O Estadio Metropolitano[1], por razóns de patrocinio Wanda Metropolitano[2], é un estadio de fútbol da cidade de Madrid, propiedade do Club Atlético de Madrid, situado no distrito de San Blas-Canillejas.

Estadio Metropolitano
Datos
LocalizaciónAvenida de Luis Aragonés, 4
28022 Madrid, España
Construción
Inauguración6 de setembro de 1994
ArquitectoCruz y Ortiz arquitectos
Estadio
SuperficieCéspede
Dimensións105 x 68 m
Capacidade67.829
PropietarioComunidade de Madrid (1994-2002)
Concello de Madrid (2002-2017)
Atlético de Madrid (dende 2017)
LocalíaAtlético de Madrid (dende 2017)
CF Rayo Majadahonda (2018-19)

Foi inaugurado orixinariamente o 6 de setembro de 1994 como estadio de atletismo, impulsado pola Comunidade de Madrid, e pola súa forma era coñecido como La Peineta. En 2002, a súa titularidade foi transferida ao Concello de Madrid[3], quen finalmente asinou un convenio patrimonial co Atlético de Madrid para que o recinto pasada a ser propiedade do club de fútbol despois de ser reformado.[4]

A reforma do estadio realizouse entre 2011 e 2017, para ser reinaugurado oficialmente o 16 de setembro dese ano, nun partido entre o Atlético e o Málaga CF (1-0), correspondente á cuarta xornada do Campionato de Liga 2017/18.[5] O estadio ten capacidade para 67.829 espectadores, coa súa bancada dividida en tres niveis, formando tres aneis continuos a excepción da bancada alta do lateral oeste.[6]

Historia editar

Estadio orixinal editar

A bancada orixinal do estadio, coñecido como La Peineta,​[7] rematouse en 1993 cun deseño do estudo de arquitectos de Antonio Cruz e Antonio Ortiz como proxecto gañador do concurso para unha Cidade Deportiva da Comunidade de Madrid.​ Dita bancada, cuxo volume de formigón configuraba practicamente toda a obra arquitectónica do estadio deportivo, tiña unha capacidade para 20.000 espectadores. As instalacións foron inauguradas en 1994. En 2002 a Comunidade de Madrid transferiu ao Concello de Madrid a titularidade do recinto deportivo, a cambio da do Palacio dos Deportes.[3]

Proxectos de ampliación editar

As candidaturas fracasadas de 2012, 2016[8]​ e 2020 da cidade de Madrid aos Xogos Olímpicos propuxeron unha reforma e uso do recinto como estadio olímpico, sendo as instalacións aproveitadas polo Atlético de Madrid como estadio de fútbol fóra do período da celebración de cada un destes.

A candidatura de Madrid aos Xogos Olímpicos de 2012, eliminada en 2005, prevía no seu proxecto unha ampliación da instalación triplicando aproximadamente o aforamento de 20.500 a uns 66.000 espectadores.[9]

 
La Peineta en febreiro de 2014.

O 30 de xullo de 2007 o Concello, Atlético de Madrid e Mahou asinan un primeiro protocolo de intencións para a venda do Vicente Calderón e o traslado á Peineta. O 12 de decembro​ de 2008 os responsables do Atlético de Madrid e do Concello de Madrid asinaron un convenio polo cal o primeiro cambiaría de estadio e trasladaríase á Peineta, estando obrigado a construír un campo na parcela sobre o antigo estadio da Peineta.[10] A cambio destes novos terreos o Atlético asinou a derriba do seu estadio naquela época, o Estadio Vicente Calderón, cuxa parcela se empregaría para terminar de soterrar a autovía urbana M-30 e construír vivendas.[11]

En novembro de 2011 comezou a fase cero das obras de demolición, que consistían en «demolicións e movemento de terras» (as demolicións referidas a unha parte da bancada existente e a outros elementos como muros e torres de iluminación).[12]

Estadio exclusivo do Atlético editar

Tras a derrota da candidatura de Madrid aos Xogos Olímpicos de 2020, a configuración do estadio, planeada inicialmente cunha pista de atletismo que tras os Xogos transformaríase en bancadas, descartouse en favor da construción do estadio sen pista de atletismo desde o inicio da construción.

Segundo os arquitectos, ata a confirmación definitiva sobre a elección dos Xogos Olímpicos de 2020, o ritmo das obras desenvolveuse lentamente.​[13] Miguel Ángel Gil Marín, conselleiro delegado do Atlético de Madrid, anunciou o 11 de setembro de 2013 que a pesar da non designación de Madrid como cidade organizadora dos Xogos Olímpicos, o club de fútbol trasladaríase ao novo estadio de maneira oficial o 1 de xullo de 2016[14],​ o cal finalmente non chegou a realizarse, manténdose o Estadio Vicente Calderón como sede do Atlético de Madrid durante a tempada 2016-2017.

Aínda que o estadio ten 67.829 asentos, durante a súa construción calculábase que alcanzaría unha cifra de entre 68.000 e 72.000 espectadores repartidos en tres aneis, inferior, medio e superior cuns 20.000, 13.000 e 30.000 asentos respectivamente, máis unha cantidade imprecisa de espectadores en función da configuración de 94 palcos VIP adicionais.[15]

O 28 de febreiro de 2014, o pleno do Concello de Madrid aprobou por unanimidade dar o nome —como forma de homenaxe póstuma— de Luis Aragonés (quen foi xogador e adestrador do Atlético de Madrid, e seleccionador campión de Europa coa Selección española de fútbol), á avenida de acceso ao estadio.[16]

En decembro de 2016, Enrique Cerezo anunciou que o estadio, por entón non finalizado, levaría o nome de Wanda Metropolitano por un período de 10 anos. Este nome foi elixido tras chegar a un acordo co conglomerado chinés de empresas Wanda Group, mentres que a segunda parte do nome é unha homenaxe a un dos anteriores estadios do club, o Estadio Metropolitano de Madrid (1923-1966).[17]

O 5 de maio de 2017 formalizouse a escritura de transmisión do estadio, asinada polo concelleiro de Economía e Facenda do Concello de Madrid Carlos Sánchez Mato e o conselleiro delegado do Atlético de Madrid Miguel Ángel Gil Marín.​[18]

Tras o sorteo de fase de grupos da liga de Campións da UEFA 2017-18, confirmouse a inauguración do estadio para o día 16 de setembro de 2017, día no que o Atlético de Madrid enfrontouse ao Málaga CF con motivo da xornada 4 da liga e que tivo un resultado de 1-0 a favor do Atlético. Ao partido asistiron 62.906 espectadores. O primeiro gol neste estadio marcouno o xogador francés Antoine Griezmann no minuto 61. A primeira derrota atlética chegou de mans do Chelsea FC, mentres o primeiro equipo español en gañar no estadio foi o Sevilla FC nun partido de Copa do Rei.

O 20 de setembro de 2017, o Comité executivo da UEFA fixo público que o estadio Metropolitano acollerá a final da Liga de Campións da tempada 2018-19.[19] Do mesmo xeito, a final da Copa do Rei da tempada 2017-18 entre o FC Barcelona e o Sevilla FC celebrarase no estadio Metropolitano o 21 de abril de 2018.​[20]

Comunicacións editar

 
Estación de Estadio Metropolitano, acceso desde a rúa Estocolmo.
Metro

Estación de Estadio Metropolitano da liña 7 de Metro de Madrid.[21]

Autobuses

Liñas urbanas: liña SE721 da EMT.

Liñas interurbanas: 286, 288 e 289 (só en sentido Ciudad 70, San Fernando e Hospital del Henares, respectivamente).

Proxecto de reapertura de O'Donnell

Para aumentar o transporte público ao estadio, Fomento anunciou en 2016 o proxecto da reapertura da antiga estación ferroviaria de O'Donnell, actualmente abandonada, situada no barrio de Rejas,[22] a 1 km do estadio, aínda que sería necesaria a conexión peonil entre ambos os lugares por parte do Concello de Madrid. Isto foi solicitado polas asociacións de veciños de San Blas, do mesmo xeito que máis accesos en metro ao estadio.[23] Con todo, actualmente a Comunidade non se expón prolongar outras liñas de metro ao Estadio.[24]

Notas editar

  1. UEFA. "UEFA Champions League - Temporada 2017/18 Dossiers de Prensa" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de setembro de 2017. Consultado o 15 de setembro de 2017. 
  2. "Wanda Metropolitano: o novo estadio do 'Atleti' xa ten nome". 9 de decembro de 2016. 
  3. 3,0 3,1 "O alcalde acepta canxear ao Goberno 'La Peineta' polo Palacio de Deportes". elpais.com. 18 de xuño de 2002. 
  4. "La Peineta empezará a transformarse no novo estadio do Atlético". elpais.com. 12 de decembro de 2008. Arquivado dende o orixinal o 16 de setembro de 2017. Consultado o 25 de decembro de 2017. 
  5. "Felipe VI presidirá a inauguración do Wanda Metropolitano". rtve.es. 15 de setembro de 2017. 
  6. "Infografía: Wanda Metropolitano, o novo estadio do Atlético de Madrid". elpais.com. 16 de maio de 2017. 
  7. Martínez Calzón, Gómez Navarro & Schiaich 2009, pp. 45-62.
  8. "O Estadio e as piscinas non se paran aínda que Madrid non sexa sede dos Xogos en 2016". Diario ABC. 5 de outubro de 2009. 
  9. "A Peineta convértese na «xoia da coroa» de Madrid 2012 e triplicará o seu aforamento". ABC. 7 de xullo de 2004. 
  10. "Folla de ruta para o traslado do Calderón ao novo Estadio de Madrid". Consultado o 10 de maio de 2013. 
  11. "A xustiza refrenda La Peineta". El País. 17 de decembro de 2013. 
  12. "Comezan as obras de derriba na Peineta". Marca. 2 de febreiro de 2011. 
  13. "O Atlético aférrase á Peineta". El País. 9 de setembro de 2013. 
  14. Europa Press, ed. (11 de setembro de 2013). "O Atlético mudarase á Peineta o 1 de xullo de 2016". 
  15. "O Atleti comezará a tempada 2016-17 no seu novo estadio". As. 27 de febreiro de 2014. 
  16. "Aproban por unanimidade que Luis Aragonés teña a súa rúa". ABC. 28 de febreiro de 2014. 
  17. "Wanda Metropolitano, o nome do novo estadio do Atlético de Madrid". El País. 9 de decembro de 2016. 
  18. "La Peineta xa é, oficialmente, do Atlético de Madrid". Madridiario. 5 de maio de 2017. 
  19. "O Wanda Metropolitano acollerá a final da Champions League en 2019". El País. 20 de setembro de 2017. 
  20. "A final da Copa do Rei, o 21 de abril no Wanda". El País. 13 de febreiro de 2018. 
  21. Metro de Madrid. "Estadio Metropolitano". Consultado o 14 de xullo de 2017. 
  22. Fomento construirá tres estacións de Proximidades na capital - La Razón
  23. Desdobrar Arcentales para evitar o embude na Peineta - La Razón
  24. Cifuentes faille unha 'peineta' a Carmena: non haberá ampliación da liña 2 de Metro - Vozpópuli

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar