Stadium Metropolitano de Madrid

(Redirixido desde "Estadio Metropolitano de Madrid")

Coordenadas: 40°26′51″N 3°42′58″O / 40.44750, -3.71611

O Stadium Metropolitano de Madrid foi un estadio da cidade de Madrid, España, que albergou os partidos do Club Atlético de Madrid ata 1966, cando se inaugurou o Estadio Vicente Calderón.

Stadium Metropolitano de Madrid
Stadium Metropolitano Atlético de Madrid 1927.jpg
Datos
LocalizaciónMadrid, España Flag of Spain.svg
Construción
Inauguración13 de maio de 1923
Demolición1966
ArquitectoJosé María Castell
Estadio
SuperficieCéspede
Dimensións105 x 70
Capacidade25.000
PropietarioSociedad Stadium (1923−1950)
Atlético de Madrid (1950-1966)
LocalíaAtlético de Madrid
Real Sociedad Gimnástica
Racing Club de Madrid
Eventos

HistoriaEditar

O Stadium Metropolitano foi un estadio de fútbol, construído a inicios da década de 1920 e inaugurado o 13 de maio de 1923, durante o mandato de Julián Ruete como presidente do Atlético de Madrid, sendo inicialmente o club colchonero arrendatario e compartíndoo con outros equipos da capital, como a Gimnástica ou o Racing Club de Madrid.

Foi construído como parte da urbanización Colonia del Metropolitano, que fora promovida pola división inmobiliaria do que hoxe en día é Metro de Madrid, de aí o seu nome. Situábase preto da actual rúa Reina Victoria, no que hoxe é a Plaza de la Ciudad de Viena, entre as rúas Beatriz de Bobadilla, Santiago Rusiñol e o Paseo de Juan XXIII.[1]

Durante a Guerra Civil Española o estadio quedou prácticamente esnaquizado, do mesmo xeito que todo o barrio onde se atopaba, polos efectos dos combates realizados na fronte de batalla situado na próxima Cidade Universitaria. Trala contenda, o Metropolitano foi reconstruído, nunha actuación dirixida polo arquitecto Javier Barroso (dianteiro, medio e porteiro do primeiro equipo do Atlético de Madrid na década de 1920 e posteriormente presidente do club entre 1955 e 1964).

O 21 de febreiro de 1943 o Atlético, baixo a presidencia de Juan Touzón retorna ao seu antigo estadio, que é reinaugurado cun encontro fronte á Real Sociedad. O equipo local venceu por 2 a 1. O primeiro gol foi marcado polo atlético Monchín Triana.

Ese mesmo ano, o Metropolitano acolleu a final da Copa de España (entón Copa do Xeneralísimo). Disputouse o 20 de xuño e nela venceu o Athletic de Bilbao ao Real Madrid por un gol a cero.

O 15 de abril de 1950, o Atlético asinou a acta de compra do estadio, que pertenceu ata devandita data á Sociedade Stadium, de irmáns Otamendi.

Unha vez que en 1966 o Atlético de Madrid consumou o traslado ao seu novo estadio xunto ao río Manzanares (posteriormente chamado Vicente Calderón), o Metropolitano foi demolido e substituído por edificios de vivendas e oficinas.

Partidos internacionaisEditar

A Selección española disputou un total de tres partidos como local no Metropolitano, todos eles amigábeis:

Data Equipo Resultado Equipo
10/05/1929   España 4-3   Inglaterra
19/01/1936   España 4-5   Austria
23/06/1946   España 0-1   Irlanda

NotasEditar

  1. [1].

Véxase taménEditar