Abrir o menú principal

Liga de Campións da UEFA 2007-08

Ceremonia previa á disputa da final da Liga de Campións da UEFA 2007-08.

A Liga de Campións da UEFA 2007-08 foi a 53ª edición da máxima competición europea de fútbol a nivel de clubs. Disputouse entre xullo de 2007 e maio de 2008, coa participación inicial de 76 equipos, representantes de 52 federacións nacionais.

A fase final da competición deu inicio en setembro de 2007, con 32 equipos competindo polo trofeo que defendía o AC Milán, trala súa vitoria na edición 2006-07. O campión final do torneo foi Manchester United, despois de derrotar ao Chelsea FC nos penaltis, na primeira final totalmente inglesa, que se disputou o 21 de maio no Estadio Luzhniki de Moscova. Para o equipo da cidade de Manchester supuxo a súa terceira conquista da máxima competición europea.

Índice

Fase de GruposEditar

EliminatoriasEditar

Final
Competición Liga de Campións da UEFA
Tempada 2007-08
Estadio Estadio Luzniki (Moscova)
Capacidade 65.000
Campión Manchester United
Finalista Chelsea FC
Resultado 1 - 1 6-5 nos penaltis
 
 
 
 
 
 
Campión


 
 
 
 
 
 
 
 
Finalista


 
Alineacións titulares dos dous equipos na final.
Oitavos de final Cuartos de final Semifinais Final
 19/20 febreiro - 4/5/11 marzo  1/2 abril - 8/9 abril  22/23 abril - 29/30 abril  21 de maio
Estadio de Luzhniki, Moscova
                                     
           
   Schalke 04 (p)  1  0 4
   FC Porto  0  1 1  
   Schalke 04  0  0
     FC Barcelona  1  1  
   Celtic FC  2  0
   FC Barcelona  3  1  
   FC Barcelona  0  0
     Manchester U.  0  1  
   AS Roma  2  2
   Real Madrid  1  1  
   AS Roma  0  0
     Manchester U.  2  1  
   Olympique Lyon  1  0
   Manchester U.  1  1  
   Manchester U.  1 6  
     Chelsea FC  1 5  
   Arsenal FC  0  2
   AC Milan  0  0  
   Arsenal FC  1  2
     Liverpool FC  1  4  
   Liverpool FC  2  1
   Inter de Milán  0  0  
   Liverpool FC  1  2
     Chelsea FC (pr)  1  3  
   Fenerbahçe SK (p)  3  2 3
   Sevilla FC  2  3 2  
   Fenerbahçe SK  2  0
     Chelsea FC  1  2  
   Olympiakos  0  0
   Chelsea FC  0  3  

FinalEditar

A final da edición 2007-08 da Liga de Campións da UEFA disputouse o 21 de maio de 2008, no Estadio Luzhniki de Moscova diante de 67.310 persoas. Nela enfrontáronse por vez primeira dous equipos ingleses, o Manchester United e o Chelsea FC. O Manchester United tentaba acada-lo seu 3º título de campión continental, mentres que o Chelsea FC xogaba a súa primeira final da máxima competición europea.

O encontro estivo dominado polo Manchester United, que tivo a posesión do balón o 58% do tempo, por un 42% do Chelsea FC. O portugués Cristiano Ronaldo abríu o marcador no minuto 26 a prol do Manchester United, e Frank Lampard igualou o encontro nos derradeiros intres da primeira metade. Despois do descanso non houbo mais goles, e o encontro foise á prórroga, na cal tampouco se moveu o taboleiro. Deste xeito, houbo que decidi-lo campión dende o punto de penalti.

Cristiano Ronaldo marrou o 3º lanzamento do Manchester United, e cando ó Chelsea FC só lle quedaba o 5º penalti para gaña-la final, John Terry fallou, e houbo que seguir facendo lanzamentos. Entón foi cando, no 7º lanzamento do Chelsea FC, o francés Nicolas Anelka fallou o seu lanzamento, e o Manchester United proclamouse campión. O porteiro holandés do Manchester United, Edwin van der Sar, foi premiado coa distinción Man of the Match.

Deste xeito o Manchester United acadou por terceira vez na súa historia o título de campión de Europa.

Véxase taménEditar