Estadio Olímpico de Kíiv
O Complexo Olímpico Nacional de Deportes (tamén coñecido como Estadio Olímpico, Estadio Republicano ou Estadio Central, en ucraíno: Національний спортивний комплекс "Олімпійський", Natsional’nyĭ sportyvnyĭ kompleks "Olimpiys'kyĭ") é unha instalación polideportiva en Kíiv, capital de Ucraína, situada na ladeira do céntrico outeiro de Cherepanov, no raion de Pechersk. O estadio é a principal instalación deportiva do país e unha das maiores do mundo. A parte do estadio, o complexo conta tamén con outras instalacións deportivas, deseñadas para organizar Xogos Olímpicos. O estadio albergará o partido final da Eurocopa 2012.
Estadio Olímpico "Олімпійський" | |
---|---|
Datos | |
Coordenadas | 50°26′00″N 30°31′18″L / 50.433333333333, 30.521666666667 |
Localización | Kíiv, Ucraína |
Outros nomes | Véxase: nomes previos. |
Construción | |
Inauguración | 12 de agosto de 1923 |
Renovación | 1941, 1999, 2011 |
Ampliación | 1966, 1978 |
Arquitecto | L.V.Pilvinsky (1923) Mykhailo Hrechyna (1936-41) Gerkan, Marg & Partner (2008-11) |
Custo | 4550000000 hrivnas |
Estadio | |
Superficie | Céspede |
Dimensións | 105 x 68 |
Capacidade | 1941 – 50 000;
1949 – 47 756; 1967 – 100 062; 1998 – 83 450; 2011 – 70 050[1]. |
Propietario | Ministerio de Xuventude e Deportes de Ucraína[2] |
Localía | Selección de fútbol de Ucraína |
Web | http://nsc-olimpiyskiy.com.ua/ e https://nsc-olimpiyskiy.com.ua/en/ |
Eventos | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarOrixes do Estadio Vermello
editarA idea de construción dun estadio xurdiu no ano 1914,[3] pero foi abandonada debido á primeira guerra mundial e a Revolución rusa. Co nacemento da Unión Soviética xurdiu o proxecto de construción do Estadio Vermello, que foi inaugurado o 12 de agosto de 1923 e cambiou de nome a Lev Trotski para as primeiras Olimpíadas da Rexión de Kíiv. O deseño do estadio foi traballo do enxeñeiro L.V. Pilvinskiy, que usou as pendentes do outeiro Cherepanov para construír as bancadas sur e leste, mentres que para as do norte e o oeste utilizáronse cascallos de edificios derrubados.
En 1924 terminouse de implantar un terreo de xogo cunhas dimensións de 120x70 metros con orientación oeste-este e instalouse unha pista de atletismo que rodeaba o céspede. Tamén se construíron os vestiarios e os aseos, nunha obra que levou a cabo grazas, en parte, ao político húngaro Lajos Gavro, que nese momento era Comisario Militar da Provincia de Kíiv. Aínda nese mesmo ano, o nome de Trotski foi eliminado da denominación do estadio.
O Estadio Vermello era o epicentro da actividade deportiva de Kíiv e celebraba, principalmente e nos seus primeiros anos, competicións de atletismo. Tamén era o principal estadio de fútbol da cidade e os campionatos de Kíiv tiveron lugar no Estadio Vermello antes de que se construíse o Estadio Dinamo. O primeiro partido internacional do Dynamo de Kíiv celebrouse no Estadio Vermello ante un equipo de traballadores da Baixa Austria en 1929 e que finalizou con vitoria por tres goles a catro para os visitantes.
En 1934 Kíiv converteuse en capital da República Socialista Soviética de Ucraína e someteuse a concurso a reconstrución do estadio, máis acorde ao status que a cidade ucraína acababa de obter. O gañador foi o arquitecto Mikhaylo Grechina, que cambiou de nome, tamén, do recinto a Estadio Republicano de Ucraína.
Estadio Republicano
editarO estadio sufriu ampliacións o 22 de xuño de 1941, cando foi reinaugurado con 50 mil asentos e co nome de Stalin Respublikanskiy. Fortemente bombardeado pola Luftwaffe, a cerimonia de inauguración interrompeuse. Despois da vitoria dos aliados na segunda guerra mundial, o estadio foi reconstruído a continuación da cerimonia de inauguración, ocorrida en 1948. O estadio foi rebautizado en 1953 como Nikita Khrushchev, en homenaxe ao líder soviético. A súa capacidade chegou aos 100.000 espectadores nos anos 1960.
Foi renovado en 1978 con ocasión dos Xogos Olímpicos de Moscova 1980, sendo sede dalgúns partidos de fútbol no torneo. Despois da independencia de Ucraína, en 1991, o estadio pasou recibir o seu nome actual, aínda que aínda hoxe é coñecido como Respublykanskyi stadion (Estadio Republicano) ou Tsentralny (Central) , debido á estación de metro próxima ao estadio. En 1997-1999, para aterse ás normas de seguridade da FIFA, veu a súa capacidade reducida a 83.450 lugares. É usado especialmente polo Dynamo de Kíiv e pola selección de fútbol de Ucraína.
O 18 de abril de 2007, Polonia e Ucraína foron escollidas para aloxar a Eurocopa 2012, sendo o Olímpico de Kíiv a sede elixida para disputar a final. Para albergar o devandito acontecemento o estadio foi remodelado por completo e o seu aforamento reduciuse a 71.014 localidades. O estadio renovado foi inaugurado oficialmente polo presidente ucraíno Viktor Yanukovych o 8 de outubro de 2011.
Nomes previos
editarDurante a meirande parte da súa historia o estadio foi coñecido como Estadio Republicano.[3]
- 1923 - Estadio Vermello de Lev TrotskiTrotski
- 1924-1935 - Estadio Vermello
- 1936-1938 - Estadio Republicano de Kosior
- 1938-1941 - Estadio Republicano
- 1941 - Estadio Republicano de Khrushchev (capacidade 50.000)
- 1941-1943 - Estadio Nacional de Ucraína
- 1944-1962 - Estadio Republicano de Khrushchev (capacidade 47.756)
- 1962-1979 - Estadio Central (capacidade 100.062 en 1967)
- 1980-1995 - Estadio Republicano
- Dende 1996 - Complexo Olímpico Nacional de Deportes (capacidade 83,450 in 1999; 70,050 in 2011)
Eurocopa 2012
editar- Artigo principal: Eurocopa de Fútbol Polonia/Ucraína 2012.
Partidos
editarO Estadio Olímpico de Kíiv albergou durante o campionato cinco encontros: tres encontros da fase de grupos, correspondentes ao Grupo D, un de cuartos de final e a final. Os partidos foron os seguintes:
Data | Fase | Equipo | Resultado | Equipo | Espectadores | ||
---|---|---|---|---|---|---|---|
11 de xuño | Primeira rolda | Ucraína | Suecia | ||||
15 de xuño | Primeira rolda | Suecia | Inglaterra | ||||
19 de xuño | Primeira rolda | Suecia | Francia | ||||
24 de xuño | Cuartos de final | Inglaterra | Italia | ||||
1 de xullo | Final | España | Italia |
Notas
editarVéxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Cámara web cenital
- Cámara web lateral
- Sitio web oficial do estadio
- Sitio web oficial da UEFA Euro 2012
Predecesor: Estadio Ernst Happel Viena |
Final da UEFA Euro 2012™ 2012 |
Sucesor: Stade de France Saint-Denis |