Liga de Campións da UEFA 2000-01

A Liga de Campións da UEFA 2000-01 foi a edición número 46 na historia desta competición. Disputouse entre xullo de 2000 e maio de 2001, coa participación inicial de 72 equipos, representantes de 48 federacións nacionais diferentes.

Modelo:Competición deportivaLiga de Campións da UEFA 2000-01
TipoLiga de Campións da UEFA Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
OrganizadorUEFA Editar o valor en Wikidata
Número de participantes32 Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
Período de tempotempada 2000-2001 Editar o valor en Wikidata
Intervalo de tempo12 de xullo de 2000 – 23 de maio de 2001 Editar o valor en Wikidata
Número de edición46 Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoFC Bayern München (4º) Editar o valor en Wikidata
Datos estatísticos
Partidos157 Editar o valor en Wikidata
Goles449 Editar o valor en Wikidata
GolRaúl González BlancoReal Madrid CF (7) Editar o valor en Wikidata
Outro
Páxina web oficialuefa.com… Editar o valor en Wikidata

A primeira fase de grupos da competición deu comezo en setembro de 2000, con 32 equipos, e a segunda fase de grupos comezou en novembro de 2000 con 16 equipos. O campión final do torneo foi o Bayern Múnic, que bateu nos penaltis ó Valencia CF logo de rematar o encontro con empate a 1. A final disputouse no estadio de San Siro en Milán o 23 de maio de 2001. Era a 3ª ocasión na que a final da máxima competición continental se disputaba neste recinto, tralas finais de 1965 e 1970. Para o Bayern Múnic esta vitoria supuxo a súa cuarta conquista da máxima competición europea.

Primeira Fase de Grupos

editar

Nesta primeira fase de grupos competiron 32 equipos. A metade deles xa estaban clasificados directamente para esta fase polas boas participacións nas súas competicións nacionais na anterior tempada. Os outros 16 equipos participantes nesta primeira fase de grupos tiveron que pasar polas roldas previas de clasificación, (entre 1 e 3 roldas previas segundo o nivel da liga de cada equipo). Algúns dos equipos que tiveron que pasar polas roldas previas foron o AC Milán, Valencia CF, Olympique Lyon, Hamburgo SV, Panathinaikos, Dynamo de Kíiv, RSC Anderlecht, Galatasaray SK etc. Esta fase disputouse entre setembro e novembro.

No grupo C houbo un empate a puntos entre Olympique Lyon e Olympiakos. En Lión o resultado fora 1-0, e en Pireo 2-1, polo que foi o equipo francés o que pasou á segunda fase de grupos polo valor dobre dos goles acadados fora da casa. No caso do grupo D, houbo outro empate a puntos, entre Galatasaray SK e Rangers FC. En Glasgow quedaron 0-0, e en Istambul quedaron 3-2, de xeito que foron os turcos os que pasaron á segunda fase de grupos.

Segunda Fase de Grupos

editar

No caso do grupo C, houbo un empate a puntos entre Arsenal FC e Olympique Lyon. En Lión o resultado fora 0-1, e en Londres 1-1, así que o equipo que pasou a cuartos de final foi o Arsenal FC.

Eliminatorias

editar
Cuartos de final Semifinais Final
 3/4 de abril - 17/18 de abril  1/2 de maio - 8/9 de maio  23 de maio (Milán)
                         
       
   Galatasaray SK  3  0
   Real Madrid  2  3  
   Real Madrid  0  1
     Bayern Múnic  1  2  
   Manchester U.  0  1
   Bayern Múnic  1  2  
   Bayern Múnic (p)  1 5
     Valencia CF  1 4
   Leeds United  3  0
   Deportivo da Coruña  0  2  
   Leeds United  0  0
     Valencia CF  0  3  
   Arsenal FC  2  0
   Valencia CF (v)  1  1  
 
Aliñacións titulares dos dous equipos na final.
Final
Competición Liga de Campións da UEFA
Tempada 2000-01
Estadio San Siro (Milán)
Capacidade 71.500
Campión Bayern Múnic
Finalista Valencia CF
Resultado 1 - 1 5-4 nos penaltis
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Campión


 
 
 
 
 
 
 
 
Finalista


A final da edición 2000-01 da Liga de Campións da UEFA disputouse o 23 de maio de 2001, no Estadio de San Siro de Milán diante dunhas 71.500 persoas.

Os equipos que a disputaron foron o Bayern Múnic e o Valencia CF. Para o Bayern Múnic esta era a súa 7ª presenza na final da máxima competición continental, e a 2ª en tres anos, despois de perder a final do ano 1999 no derradeiro minuto fronte ó Manchester United no Camp Nou de Barcelona. Para o Valencia CF esta era a súa 2ª final seguida, xa que era o actual subcampión de Europa. O Bayern Múnic tiña xa 3 Copas de Europa no seu palmarés, por ningunha do Valencia CF.

O colexiado que arbitrou a final foi o holandés Dick Jol.

O encontro comezou cunha xogada na que o colexiado holandés pitou penalti na área do Bayern Múnic a prol do Valencia CF por mor dunha man do defensor Patrick Andersson. O xogador vasco Gaizka Mendieta lanzou o penalti e marcou o primeiro gol da final no minuto 2 do encontro. Tan só uns minutos despois, o defensor francés Jocelyn Amglomá derrubou ó capitán do Bayern Múnic na área do Valencia CF e o colexiado holandés pitou un novo penalti. Nesta ocasión o xogador alemán Mehmet Scholl lanzou o penalti pero o porteiro Santiago Cañizares detivo o balón. A primeira metade do encontro chegou ó remate co resultado de 1-0 a prol do Valencia CF.

Na segunda metade do encontro o colexiado holandés Dick Jol pitou o 3º penalti da final por unha xogada na que o defensor italiano do Valencia CF Amedeo Carboni tocou o balón coas mans na súa área. Nesta oportunidade foi o capitán xermano Stefan Effenberg quen fixo o lanzamento dende os 11 metros, batendo ó porteiro. Co resultado de empate a 1, o encontro chegou ó seu remate. Na prórroga tampouco houbo mais goles, de xeito que houbo que ir ós lanzamentos de penaltis para decidir que equipo era o campión de Europa. Cada equipo fixo 5 lanzamentos, e cada equipo marrou 2 deles e marcou os outros 3. Na 6ª rolda de lanzamentos non houbo erros, pero na 7ª o defensor arxentino do Valencia CF, Mauricio Pellegrino, errou no seu lanzamento, e o Bayern Múnic fíxose con título.

Era a cuarta vez que o Bayern Múnic gañaba o título de campión de Europa.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar