Abrir o menú principal

Pedro Rodríguez Ledesma

futbolista español

Pedro Rodríguez Ledesma, máis coñecido como Pedro ou Pedrito, nado en Santa Cruz de Tenerife o 28 de xullo de 1987, é un futbolista canario. Xoga de dianteiro e o seu equipo dende 2015 é o Chelsea F.C..

Pedro
Barça - Napoli - 20140806 - Pedro Rodriguez.jpg
Información persoal
Nome completo Pedro Eliezer Rodríguez Ledesma
Nacemento 28 de xullo de 1987 (31 anos)
Lugar Santa Cruz de Tenerife, España
Altura 1,67 m
Posición Extremo
Información de club
Club actual Chelsea
Número 17
Carreira xuvenil
2003–2004 San Isidro
2004–2005 Barcelona
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2005–2007 Barcelona C 70 (10)
2007–2009 Barcelona B 55 (17)
2008–2015 Barcelona 204 (58)
2015– Chelsea 2 (1)
Selección nacional
2010– España 51 (16)

* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

‡ Actualizado a 14 de xuño de 2015.

É o único xogador da historia do fútbol que conseguiu marcar polo menos un gol nas seis competicións oficiais de clubs durante unha mesma tempada: Liga, Copa do Rei, Supercopa de España, Liga de Campións, Supercopa de Europa e Copa Mundial de Clubs durante o ano 2009. Este logro alcanzouno o 16 de decembro de 2009 ao marcar un dos goles do seu equipo no Mundial de Clubs de Abu Dabi durante a semifinal contra o Atlante de México, e na final contra o Estudiantes LP da Arxentina, gol que serviu para provocar a prórroga do partido, no minuto 89.[1]

Tamén xoga na selección de fútbol de España, coa que gañou a Copa Mundial de Fútbol en 2010 e a Eurocopa de 2012, dous dos tres títulos do triplete conseguido pola selección entre 2008 e 2012, inédito na historia do fútbol.[2]

Índice

TraxectoriaEditar

IniciosEditar

Naceu en Santa Cruz de Tenerife. Coñecido nos seus inicios co alcume de Pedrito, formouse nas categorías inferiores do CD San Isidro. A tempada 2003-04 empezou a destacar co equipo xuvenil, anotando 24 goles na liga da categoría. Ese mesmo ano chegou a debutar co primeiro equipo en Terceira División, a pesar de ter só 16 anos. Ao termo da tempada, en agosto de 2004, e tras participar no Torneo Xuvenil de Adeje, foi descuberto polos observadores do FC Barcelona, que decidiron incorporalo aos xuvenís do club azulgrana.[3]

FC BarcelonaEditar

Co equipo xuvenil do FC Barcelona foi campión de liga na tempada 2006-07 e de Copa en 2007 -anotando un gol na final-. Tras pasar polo desaparecido Barcelona C, e tras a desaparición deste, na tempada 2007-08 saltou ao Barcelona B, ás ordes de Pep Guardiola, onde logrou o campionato de Terceira División e o ascenso de categoría. A súa chegada ao segundo equipo foi avalada polo propio Guardiola e Juan Carlos Pérez Rojo, o seu adestrador en xuvenís, cando parecía que o seu futuro era irse cedido ao Racing Club Portuense.

O seu debut co primeiro equipo do Barcelona foi o 11 de setembro de 2007, con motivo da final da Copa Catalunya, na que os azulgrana caeron ante o Gimnàstic de Tarragona.[4]

O 12 de xaneiro de 2008 entrou na convocatoria do FC Barcelona - Real Murcia, tras unha lesión de última hora de Santiago Ezquerro,[5] e ese mesmo día debutou en Primeira División, substituíndo a Samuel Eto'o nos tres últimos minutos do partido, cando os azulgrana dominaban por catro goles a cero.

A tempada 2008-09 o novo técnico, Pep Guardiola, convocoulle para realizar a pretemporada co primeiro equipo en terras escocesas,[6] onde logrou o seu primeiro gol coa camiseta azulgrana, nun encontro amigable[7] A partir do stage en Escocia o club cambioulle o seu diminutivo "Pedrito" polo seu nome "Pedro" na serigrafía das camisetas.

Pouco despois, o día 13 de agosto de 2008, debutou como titular nun encontro da eliminatoria previa da Liga de Campións da UEFA, contra o Wisła Cracovia.

Esa tempada xogaríaa dacabalo entre o primeiro equipo, onde tivo 13 aparicións, e o Barça Atlètic en Segunda B, onde foi un dos xogadores mais importantes para o adestrador Luís Enrique, con 27 aparicións.

Foi convocado para a final da Liga de Campións da UEFA disputada en Roma entre o FC Barcelona e o Manchester United. Substituíu a Andrés Iniesta no 92 xogando así os últimos minutos do tempo de desconto.

O 16 de agosto de 2009 anotou o seu primeiro gol oficial coa camiseta do primeiro equipo, convertendo o segundo gol do Barça na ida da Supercopa de España, fronte ao Athletic de Bilbao en San Mamés, finalizando o partido co resultado de 1-2.[8] Esa mesma semana asinou o seu primeiro contrato profesional que lle vinculaba ao primeiro equipo blaugrana ata xuño de 2014 e cunha cláusula de rescisión de 75 millóns de euros.[9]

O 29 de agosto de 2009, no minuto 26 do segundo tempo extra (116 tempo corrido) anotou o gol, a pase de Messi, que lle deu o título de campión da Supercopa de Europa ao FC Barcelona.

O 29 de setembro de 2009 anotou o seu primeiro gol en Liga de Campións no minuto 76 ante o FC Dinamo de Kiev, o cal deulle a vitoria ao FC Barcelona por 2-0.

O 19 de decembro de 2009 contribuíu na vitoria do Barça ao lograr o empate no minuto 89 ante Estudantes de La Plata na final da Copa Mundial de Clubs da FIFA realizada en Abu Dabi, a que gañaría o equipo blaugrana no tempo extra grazas a un gol co peito de Lionel Messi.

Selección nacionalEditar

O 20 de maio de 2010 Pedro foi convocado por primeira vez para a selección absoluta por Vicente del Bosque, para representar a España no Mundial de Suráfrica de 2010.[10]

Debutou coa selección o 29 de maio de 2010 fronte a Arabia Saudita nun partido amigable de preparación de face ao Mundial 2010 que finalizou coa vitoria de España por 3-2[11], e conseguiu o seu primeiro gol como internacional noutro amigable preparatorio para o mundial surafricano disputado contra Polonia, o 8 de xuño de 2010 na Nueva Condomina de Murcia, un tanto que significou o 6 a 0 na vitoria da selección española fronte aos polacos[12].

O 11 de xullo de 2010 proclamouse campión da Copa Mundial de Fútbol coa selección española en Suráfrica.

ClubsEditar

EstatísticasEditar

Actualizado a 15 de maio de 2010.

Club Tempada Liga Copa do Rei Comp. Europea Outras Total
Part. Goles Part. Goles Part. Goles Part. Goles Part. Goles
Barcelona B 2006–07 1 0 - - - - - - 1 0
2007–08 37 7 - - - - - - 37 7
2008–09 17 10 - - - - - - 17 10
Total 55 17 - - - - - - 55 17
Barcelona 2007–08 2 0 0 0 0 0 - - 2 0
2008–09 6 0 3 0 5 0 - - 14 0
2009-10 34 12 4 3 9 4 5 4 49 22
Total 40 12 7 3 14 4 5 4 65 22
Total Carreira 95 28 7 3 14 4 5 4 121 39

PalmarésEditar

NotasEditar

Véxase taménEditar