Abrir o menú principal

O Futbol Club Barcelona B é un club de fútbol catalán, da cidade de Barcelona. Fundouse en 1970 mediante a fusión do CD Condal e o Atlètic Catalunya e xoga actualmente na Segunda División B de España. Trátase do primeiro equipo filial do Futbol Club Barcelona.

Barcelona B
NomeFutbol Club Barcelona B
Alcume(s)Blaugranes, Barça Atlètic;
Barça B
Fundación1970
EstadioMini Estadi,
Barcelona, España
Inauguración24 de setembro de 1982
Capacidade15.276
PresidenteEspaña Josep Maria Bartomeu
AdestradorEspaña Gerard López
LigaSegunda División
2016–17 (2ªB - Grupo 3)
VestimentaAdidas
PatrocinadorAir France
Páxina webPáxina web
Na casa
Fóra
Terceira

Polo Barça B pasaron os mellores xogadores que chegaron ao FC Barcelona procedentes da canteira barcelonista, como Guardiola, Víctor Valdés, Andrés Iniesta, Puyol, Xavi ou Leo Messi.

HistoriaEditar

Inicialmente denominado CF Barcelona Atlético, foi fundado en 1970, baixo a presidencia de Agustí Montal Jr., froito da fusión e integración definitiva ao FC Barcelona do Club Deportivo Condal e do Atlètic Catalunya, dous clubs cataláns que a finais dos anos 60 asociáronse ao Futbol Club Barcelona.

O Barcelona Atlético creouse para que os mozos xogadores formados nas categorías inferiores da canteira barcelonista puidesen completar a súa formación competindo ante xogadores profesionais. En 1974 cambiou o seu nome a FC Barcelona Atlètic. En 1991 renomeuouse a FC Barcelona B por imperativo da RFEF. En 2008 recuperou o nome de FC Barcelona Atlètic e en 2010, coa chegada do presidente Rosell, mudou de novo a súa denominación a FC Barcelona B.[1]

EstadioEditar

 
Vista exterior do Mini Estadi.
Artigo principal: Mini Estadi.

O estadio do Barcelona Atlètic é o Mini Estadi, con capacidade para 15.276 espectadores e cunhas dimensións de 103 x 65 metros. Está situado xunto ó Camp Nou, estadio no que xoga o FC Barcelona.

Datos do clubEditar

Historial na ligaEditar

Tempada Categoría Posto
1970/71
1971/72 19º  
1972/73 Rexional  
1973/74  
1974/75 10º
1975/76
1976/77 20º  
1977/78 2ªB
1978/79 2ªB
1979/80 2ªB 14º
1980/81 2ªB
1981/82 2ªB  
Tempada Categoría Posto
1982/83 11º
1983/84
1984/85
1985/86 13º
1986/87 13º
1987/88
1988/89 17º  
1989/90 2ªB
1990/91 2ªB  
1991/92
1992/93
Tempada Categoría Posto
1993/94
1994/95
1995/96 14º
1996/97 19º  
1997/98 2ªB  
1998/99 20º  
1999/00 2ªB 11º
2000/01 2ªB
2001/02 2ªB
2002/03 2ªB
2003/04 2ªB
Tempada Categoría Posto
2004/05 2ªB 11º
2005/06 2ªB
2006/07 2ªB 19º
2007/08  
2008/09 2ªB
2009/10 2ªB  
2010/11
2011/12
2012/13
2013/14
2014/15

XogadoresEditar

Xogadores históricos destacados foron, entre outros, Sergio Busquets, Cesc Fàbregas, Bojan Krkić, Pedro Rodríguez Ledesma ou Víctor Valdés.

Cadro 2010/11Editar

Actualizado a 1 de setembro de 2010.

Posto País Xogador
1 POR   Oier Olazábal
2 DEF   Martín Montoya
3 DEF   Marc Bartra
4 MED   Thiago Alcántara
5 DEF   Andreu Fontàs  
6 MED   Oriol Romeu
7 DIA   Cristian Tello
8 DIA   Edu Oriol
9 DIA   Manuel Nolito
10 MED   Víctor Sánchez  
11 DIA   Jonathan Soriano  
12 DIA   Saúl Berjón
13 POR   Jordi Masip
Posto País Xogador
14 MED   Ilie Sánchez
15 MED   Carlos Carmona
16 DEF   Armando Lozano  
17 DEF   Carles Planas
18 MED   Sergi Roberto
19 DEF   Abraham Minero
20 MED   Jonathan Dos Santos
21 DIA   Benja
22 MED   Martí Riverola
23 DIA   Rubén Rochina
24 DEF   Marc Muniesa
25 POR   Rubén Miño
33 DEF   Sergi Gómez

PalmarésEditar

NotasEditar

  1. "El Barça Atlètic volverá a llamarse Barça B". Arquivado dende o orixinal o 18 de agosto de 2010. Consultado o 10 de xullo de 2010. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar