Abrir o menú principal

Liga de Campións da UEFA 2010-11

A final desta Liga de Campións 2010-11 tivo lugar no Estadio de Wembley, en Londres, o 28 de maio do 2011.

A tempada 2010/11 da Liga de Campións foi a 56ª edición da máxima competición continental de fútbol en Europa, a Liga de Campións, organizada pola UEFA.

A Primeira Fase, consistente en 8 grupos de 4 equipos, comezou o 14 de setembro e rematou o 8 de decembro do 2010. Os 2 mellores equipos de cada grupo pasaron á Segunda Fase, consistente en Oitavos de Final, Cuartos de Final, Semifinais e Final. A Segunda Fase comezou o 15 de febreiro, e rematou o 28 de maio do 2011 coa final, que nesta edición tivo lugar no Wembley Stadium de Londres, entre o Manchester United e o FC Barcelona.

O Inter de Milán, o campión de Europa na tempada 2009/10, era este ano o defensor do título.

Índice

Primeira FaseEditar

Grupo AEditar

Equipos Puntos Xog. Gañ. Emp. Per. GF GC Dif.
  TOTTENHAM HOTSPUR 11 6 3 2 1 18 11 +7
  INTER DE MILÁN 10 6 3 1 2 12 11 +1
  FC Twente 6 6 1 3 2 9 11 −2
  Werder Bremen 5 6 1 2 3 6 12 −6
  TOT INT TWE BRE
Tottenham Hotspur 3–1 4–1 3–0
Inter de Milán 4–3 1–0 4–0
FC Twente 3–3 2–2 1–1
Werder Bremen 2–2 3–0 0–2

Grupo BEditar

Equipos Puntos Xog. Gañ. Emp. Per. GF GC Dif.
  FC SCHALKE 04 13 6 4 1 1 10 3 +7
  OLYMPIQUE LYON 10 6 3 1 2 11 10 +1
  SL Benfica 6 6 2 0 4 7 12 −5
  Hapoel Tel Aviv 5 6 1 2 3 7 10 −3
  S04 O.L BEN HAP
FC Schalke 04 3–0 2–0 3–1
Olympique Lyon 1–0 2–0 2–2
SL Benfica 1–2 4–3 2–0
Hapoel Tel Aviv 0–0 1–3 3–0

Grupo CEditar

Equipos Puntos Xog. Gañ. Emp. Per. GF GC Dif.
  MANCHESTER UNITED 14 6 4 2 0 7 1 +6
  VALENCIA CF 11 6 3 2 1 15 4 +11
  Rangers FC 6 6 1 3 2 3 6 −3
  Bursaspor 1 6 0 1 5 2 16 −14
  M.U VAL RAN BUR
Manchester United 1–1 0–0 1–0
Valencia CF 0–1 3–0 6–1
Rangers FC 0–1 1–1 1–0
Bursaspor 0–3 0–4 1–1

Grupo DEditar

Equipos Puntos Xog. Gañ. Emp. Per. GF GC Dif.
  FC BARCELONA 14 6 4 2 0 14 3 +11
  FC KOBENHAVN 10 6 3 1 2 7 5 +2
  FC Rubín Kazán 6 6 1 3 2 2 4 −2
  Panathinaikos 2 6 0 2 4 2 13 −11
  BAR KOB RUB PAN
FC Barcelona 2–0 2–0 5–1
FC København 1–1 1–0 3–1
Rubin Kazan 1–1 1–0 0–0
Panathinaikos 0–3 0–2 0–0

Grupo EEditar

Equipos Puntos Xog. Gañ. Emp. Per. GF GC Dif.
  BAYERN MÚNIC 15 6 5 0 1 16 6 +10
  AS ROMA 10 6 3 1 2 10 11 −1
  FC Basel 6 6 2 0 4 8 11 −3
  CFR Cluj 4 6 1 1 4 6 12 −6
  BAY ROM BAS CLU
Bayern Múnic 2–0 3–0 3–2
AS Roma 3–2 1–3 2–1
FC Basel 1–2 2–3 1–0
CFR Cluj 0–4 1–1 2–1

Grupo FEditar

Equipos Puntos Xog. Gañ. Emp. Per. GF GC Dif.
  CHELSEA FC 15 6 5 0 1 14 4 +10
  OLYMPIQUE MARSELLA 12 6 4 0 2 12 3 +9
  Spartak Moscova 9 6 3 0 3 7 10 −3
  MSK Zilina 0 6 0 0 6 3 19 −16
  CHE O.M SPA ZIL
Chelsea FC 2–0 4–1 2–1
Olympique Marsella 1–0 0–1 1–0
Spartak Moscova 0–2 0–3 3–0
MSK Zilina 1–4 0–7 1–2

Grupo GEditar

Equipos Puntos Xog. Gañ. Emp. Per. GF GC Dif.
  REAL MADRID 16 6 5 1 0 15 2 +13
  AC MILAN 8 6 2 2 2 7 7 0
  AFC Ajax 7 6 2 1 3 6 10 −4
  AJ Auxerre 3 6 1 0 5 3 12 −9
  R.M MIL AJA AUX
Real Madrid 2–0 2–0 4–0
AC Milan 2–2 0–2 2–0
AFC Ajax 0–4 1–1 2–1
AJ Auxerre 0–1 0–2 2–1

Grupo HEditar

Equipos Puntos Xog. Gañ. Emp. Per. GF GC Dif.
  SHAKHTAR DONETSK 15 6 5 0 1 12 6 +6
  ARSENAL FC 12 6 4 0 2 18 7 +11
  Sporting Braga 9 6 3 0 3 5 11 −6
  FK Partizan 0 6 0 0 6 2 13 −11
  SHA ARS BRA PAR
Shakhtar Donetsk 2–1 2–0 1–0
Arsenal FC 5–1 6–0 3–1
Sporting Braga 0–3 2–0 2–0
FK Partizan 0–3 1–3 0–1

Segunda faseEditar

Na fase de Play Offs, os equipos xogan entre si dous partidos a ida e volta, menos na final que é a un partido en campo neutral. Este ano será no Wembley Stadium de Londres.

Oitavos de finalEditar

O sorteo de oitavos de final fíxose o 17 de decembro do 2010 na sede da UEFA en Nyon, Suíza. Os partidos de ida dos oitavos de final xogáronse os días 15, 16, 22 e 23 de febreiro, e os partidos de volta os 8, 9, 15 e 16 de marzo do 2011.

Cuartos de finalEditar

O sorteo de cuartos de final fíxose o 18 de marzo do 2011 na sede da UEFA en Nyon, Suíza. Os partidos de ida dos cuartos de final xogáronse os días 5 e 6 de abril, e os partidos de volta os días 12 e 13 de abril do 2011. Neste sorteo xa quedaron determinados os futuros enfrontamentos de semifinais.

Oitavos de final Cuartos de final Semifinais Final
 15/16/22/23 de febreiro -
8/9/15/16 de marzo
 5/6 de abril-12/13 de abril  26/27 de abril-3/4 de maio  28 de maio (Londres)
                                     
           
   Olympique Lyon  1  0
   Real Madrid CF  1  3  
   Real Madrid CF  4  1
     Tottenham H.  0  0  
   AC Milan  0  0
   Tottenham H.  1  0  
   Real Madrid CF  0  1
     FC Barcelona  2  1  
   Arsenal FC  2  1
   FC Barcelona  1  3  
   FC Barcelona  5  1
     Shakhtar Donetsk  1  0  
   AS Roma  2  0
   Shakhtar Don.  3  3  
   FC BARCELONA  3  
     MANCHESTER U.  1  
   FC Inter de Milán  0  3
   FC Bayern Múnic  1  2  
   FC Inter de Milán  2  1
     FC Schalke 04  5  2  
   Valencia CF  1  1
   FC Schalke 04  1  3  
   FC Schalke 04  0  1
     Manchester U.  2  4  
   F.C. København  0  0
   Chelsea FC  2  0  
   Chelsea FC  0  1
     Manchester U.  1  2  
   O. Marsella  0  1
   Manchester U.  0  2  

FinalEditar

Final
Competición Liga de Campións da UEFA
Tempada 2010-11
Estadio Wembley (Londres)
Capacidade 87.695
Campión Fútbol Club Barcelona
Finalista Manchester United
Resultado 3 - 1
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Campión


 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Finalista


Na tempada 2010-11 a final da Liga de Campións disputouse o 28 de maio de 2011 no novo Estadio de Wembley, en Londres, diante de 87.695 persoas. Era a 1ª vez que este novo recinto acollía este evento.

 
Alineacións iniciais dos 2 equipos.

A esta final chegaron o Fútbol Club Barcelona e o Manchester United. Os adestradores dos dous equipos eran os mesmos que se enfrontaron na edición 2008-09. Alex Ferguson, adestrador do equipo inglés, ya gañara a Copa de Europa en 1999 e 2008, mentres que Pep Guardiola estaba na súa segunda final trala de 2009.

O elixido para arbitrar esta final da Liga de Campións foi o colexiado húngaro Viktor Kassai.

O Manchester United chegaba á final despois de superar no grupo C a Valencia CF, Rangers FC e Bursasport, e despois de eliminar ó Olympique de Marsella en oitavos de final, ó Chelsea FC en cuartos de final, e ó FC Schalke 04 en semifinais.

Pola súa banda, o FC Barcelona viña de enfrontarse co FC Kobenhavn, FC Rubín Kazán e Panathinaikos no grupo D, e despois de eliminar ó Arsenal FC nos oitavos de final, ó FC Shakhtar Donetsk nos cuartos, e ó Real Madrid nas semifinais.

Do mesmo xeito que na final de 2009 o encontro comezou cun lixeiro dominio do equipo inglés, que desapareceu ó cabo duns 10 minutos. A partir de entón o encontro foi de cor blaugrana. Na primeira metade a posesión do balón foi dun 67% a prol do FC Barcelona, que tivo 8 ocasións de marcar por 2 do Manchester United. No minuto 27 chegou o primeiro gol para o FC Barcelona, obra de Pedro. O Manchester United foi quen de iguala-lo marcador no minuto 34, nunha xogada na que Wayne Rooney marcou nunha xogada illada. Así rematou a primeira metade.

Na segunda metade continuou o dominio do conxunto catalán. Lionel Messi puxo de novo ó seu equipo por diante no minuto 54 cun disparo dende fora da área que colleu por sorpresa a Edwin van der Sar. O 3-1 chegou no minuto 69, obra de David Villa, que rematou co interior do pe un balón que entrou pola escadra da portería inglesa. Aínda puideron marcarse mais goles, pero o encontro rematou con este resultado, e o FC Barcelona celebrou a vitoria.

A posesión do balón foi dun 63% para o Barcelona e un 37% para o Manchester. O FC Barcelona fixo 12 lanzamentos á portería de Edwin van der Sar e 7 fora, e o Manchester United fixo só 1 disparo á portería de Víctor Valdés e 3 fora.[1]

Lionel Messi foi novamente premiado como Man of the Match, como xa sucedera na final da edición 2008-09.

Con esta vitoria o FC Barcelona acadou a seu 4ª trofeo como campión de Europa.

Táboa de goleadoresEditar

Véxase taménEditar