Liga de Campións da UEFA 2009-10

A tempada 2009-10 da Liga de Campións foi a 55ª edición da máxima competición continental de fútbol en Europa, a Liga de Campións, organizada pola UEFA.

A final da Liga de Campións 2009-10 tivo lugar no Estadio Santiago Bernabéu, en Madrid, o 22 de maio do 2010.

Nesta edición o Inter de Milán se proclamou Campión de Europa por 3ª vez na súa historia.

Primeira Fase editar

Grupo A editar

Equipos Puntos Xog. Gañ. Emp. Per. GF GC Dif.
  GIRONDINS BURDEOS 16 6 5 1 0 9 2 +7
  BAYERN MÚNIC 10 6 3 1 2 9 5 +4
  Juventus FC 8 6 2 2 2 4 7 −3
  Maccabi Haifa 0 6 0 0 6 0 8 −8
  GIR BAY JUV MAC
Girondins Bordeos 2–1 2–0 1–0
Bayern Múnic 0–2 0–0 1–0
Juventus FC 1–1 1–4 1–0
Maccabi Haifa 0–1 0–3 0–1

Grupo B editar

Equipos Puntos Xog. Gañ. Emp. Per. GF GC Dif.
  MANCHESTER UNITED 13 6 4 1 1 10 6 +4
  CSKA MOSCOVA 10 6 3 1 2 10 10 +0
  VfL Wolfsburg 7 6 2 1 3 9 8 +1
  Besiktas JK 4 6 1 1 4 3 8 −5
  M.U CSK WOL BES
Manchester United 3–3 2–1 0–1
CSKA Moscova 0–1 2–1 2–1
VfL Wolfsburg 1–3 3–1 0–0
Besiktas JK 0–1 1–2 0–3

Grupo C editar

Equipos Puntos Xog. Gañ. Emp. Per. GF GC Dif.
  REAL MADRID 13 6 4 1 1 15 7 +8
  AC MILAN 9 6 2 3 1 8 7 +1
  Olympique Marsella 7 6 2 1 3 10 10 +0
  FC Zúric 4 6 1 1 4 5 14 −9
  R.M MIL O.M ZUR
Real Madrid 2–3 3–0 1–0
AC Milan 1–1 1–1 0–1
Olympique Marsella 1–3 1–2 6–1
FC Zúric 2–5 1–1 0–1

Grupo D editar

Equipos Puntos Xog. Gañ. Emp. Per. GF GC Dif.
  CHELSEA FC 14 6 4 2 0 11 4 +7
  FC PORTO 12 6 4 0 2 8 3 +5
  Atlético de Madrid 3 6 0 3 3 3 12 −9
  Apoel Nicosia 3 6 0 3 3 4 7 −3
  CHE POR ATL APO
Chelsea FC 1–0 4–0 2–2
FC Porto 0–1 2–0 2–1
Atlético de Madrid 2–2 0–3 0–0
Apoel Nicosia 0–1 0–1 1–1

Grupo E editar

Equipos Puntos Xog. Gañ. Emp. Per. GF GC Dif.
  AFC FIORENTINA 15 6 5 0 1 14 7 +7
  OLYMPIQUE LYON 13 6 4 1 1 12 3 +9
  Liverpool FC 7 6 2 1 3 5 7 −2
  Debrecen SVC 0 6 0 0 6 5 19 −14
  FIO O.L LIV DEB
AFC Fiorentina 1–0 2–0 5–2
Olympique Lyon 1–0 1–1 4–0
Liverpool FC 1–2 1–2 1–0
Debrecen VSC 3–4 0–4 0–1

Grupo F editar

Equipos Puntos Xog. Gañ. Emp. Per. GF GC Dif.
  FC BARCELONA 11 6 3 2 1 7 3 +4
  INTER MILAN 9 6 2 3 1 7 6 +1
  FC Rubín Kazán 6 6 1 3 2 4 7 −3
  FK Dynamo Kyiv 5 6 1 2 3 7 9 −2
  BAR INT RUB DIN
FC Barcelona 2–0 1–2 2–0
Inter Milán 0–0 2–0 2–2
Rubín Kazán 0–0 1–1 0–0
FK Dynamo Kyiv 1–2 1–2 3–1

Grupo G editar

Equipos Puntos Xog. Gañ. Emp. Per. GF GC Dif.
  SEVILLA FC 13 6 4 1 1 11 4 +7
  VFB STUTTGART 9 6 2 3 1 9 7 +2
  FC Unirea Urziceni 8 6 2 2 2 8 8 +0
  Rangers FC 2 6 0 2 4 4 13 −9
  SEV STU UNI RAN
Sevilla FC 1–1 2–0 1–0
VfB Stuttgart 1–3 3–1 1–1
FC Unirea Urziceni 1–0 1–1 1–1
Rangers FC 1–4 0–2 1–4

Grupo H editar

Equipos Puntos Xog. Gañ. Emp. Per. GF GC Dif.
  ARSENAL FC 13 6 4 1 1 12 5 +7
  OLYMPIAKOS SFP 10 6 3 1 2 4 5 -1
  Standard de Liège 5 6 1 2 3 7 7 +0
  AZ Alkmaar 4 6 0 4 2 4 10 −6
  ARS OLY STA AZ.
Arsenal FC 2–0 2–0 4–1
Olympiakos SFP 1–0 2–1 1–0
Standard Liège 2–3 2–0 1–1
AZ Alkmaar 1–1 0–0 1–1

Segunda Fase editar

Na fase de Play Offs, os equipos xogan entre si dous partidos a ida e volta, menos na final que é a un partido en campo neutral.

Oitavos de final Cuartos de final Semifinais Final
 16/17/23/24 de febreiro -
9/10/16/17 de marzo
 30/31 de marzo-6/7 de abril  20/21 de abril-27/28 de abril  22 de maio (Madrid)
                                     
           
   Bayern Múnic  2  2
   AFC Fiorentina  1  3  
   Bayern Múnic  2  2
     Manchester U.  1  3  
   AC Milan  2  0
   Manchester U.  3  4  
   Bayern Múnic  1  3
     Olympique Lyon  0  0  
   Olympique Lyon  1  1
   Real Madrid CF  0  1  
   Olympique Lyon  3  0
     Girondins Bordeos  1  1  
   Olympiakos SFP  0  1
   Girondins Burdeos  1  2  
   Bayern Múnic  0  
     INTER DE MILÁN  2  
   FC Inter de Milán  2  1
   Chelsea FC  1  0  
   Inter de Milán  1  1
     CSKA Moscova  0  0  
   CSKA Moscova  1  2
   Sevilla FC  1  1  
   Inter de Milán  3  0
     FC Barcelona  1  1  
   FC Porto  2  0
   Arsenal FC  1  5  
   Arsenal FC  2  1
     FC Barcelona  2  4  
   VfB Stuttgart  1  0
   FC Barcelona  1  4  

Final editar

Final
Competición Liga de Campións da UEFA
Tempada 2009-10
Estadio Santiago Bernabéu (Madrid)
Capacidade 80.100
Campión Inter de Milán
Finalista Bayern Múnic
Resultado 2 - 0
 
 
 
 
 
 
 
 
Campión


 
 
 
 
 
 
 
 
Finalista


A final se disputou no Estadio Santiago Bernabéu de Madrid o día 22 de maio de 2010. Se enfrontaban o Bayern Múnic e o Inter de Milán nunha final inédita. Os alemáns tiñan o obxectivo de acadar o seu 5º título, e os italianos o 3º. A última presenza do Bayern nunha final fora en 2001, ano no que venceu fronte ó Valencia CF a 4ª Copa de Europa da súa historia, tralas vitorias de 1974, 1975 e 1976. No caso do Inter, campión nos anos 1964 e 1965, non chegaba a unha final dende 1972.

Os dous equipos chegaban á final dirixidos por adestradores cunha Copa de Europa xa no seu palmarés. Louis van Gaal, adestrador do Bayern, xa fora campión en 1995 cando dirixía ó Ajax de Amsterdam. Pola outra banda, José Mourinho, adestrador do Inter, tamén tiña no seu palmarés unha Copa de Europa, a gañada en 2004 co FC Porto.

O camiño de ámbolos dous equipos ata chegar á final foi duro. O Bayern tivo que eliminar a Fiorentina en oitavos de final, ó Manchester United (campión en 2008) en cuartos de final, e ó O. Lyon nas semifinais. O Inter se enfrontou ó Chelsea FC en oitavos, ó CSKA Moscova en cuartos, e ó FC Barcelona (campión en 2009) nas semifinais.

O inglés Howard Webb foi elixido para arbitrar a final. O encontro foi dominado polo Bayern, que tivo a posesión do balón un 66'55% do tempo, por un 33'45% para o Inter. Os italianos empregaron a estratéxia de agardar na súa área defendendo para saír ó ataque con velocidade cando recuperaban o balón. O resultado foi que o Bayern disparou 23 veces, 4 delas entre os tres paus. O Inter só disparou 11 veces, 4 entre os tres paus. O Bayern tirou 6 saques de curruncho, por 2 do Inter.[1]

A pesar de tódolos marcadores positivos para o Bayern no encontro, foi o Inter o que se adiantou no minuto 35, cando o dianteiro arxentino Diego Milito (designado mellor xogador da final) marcou na súa primeira oportunidade. No minuto 70 Milito volveu a marcar, nunha contra.

No Bayern destacou o xogo do holandés Arjen Robben, que tentou 8 disparos á portería de Julio Cesar. No Inter destacou Wesley Sneijder, que tirou 6 veces a porta.

Ó remate do encontro Franz Beckenbauer, presidente de honra do Bayern, comentou que a ausencia do atacante francés Franck Ribéry fora determinante. Na rolda de prensa posterior ó encontro, José Mourinho anunciou que deixaba o Inter de Milán para asinar co Real Madrid CF.

Esta vitoria supuxo o 3º título de campión de Europa para o Inter de Milán, un título que non tiña dende había 45 anos.

Táboa de goleadores editar

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar