F.C. København
O F.C. København (FCK) é un club de fútbol da capital de Dinamarca, Copenhaguen. Actualmente disputa a Superliga danesa.
FC København | ||||
---|---|---|---|---|
Nome | Football Club København | |||
Alcume(s) | Byens Hold, Løverne | |||
Fundación | 1992 | |||
Estadio | Parken Copenhaguen, Dinamarca | |||
Inauguración | 1992 | |||
Capacidade | 38.065 | |||
Presidente | Hans Munk Nielsen | |||
Liga | Superliga danesa | |||
2023–24 | 3.º | |||
Na rede | ||||
http://fck.dk/ | ||||
| ||||
Historia
editarO club fundouse o 1 de xullo de 1992 a partir da fusión dos dous clubs históricos da capital danesa: o Kjøbenhavns Boldklub (club máis antigo do país) e Boldklubben 1903 (campión de liga en sete ocasións). O novo club retivo a licenza do Kjøbenhavns para disputar a SAS Ligaen, xogando os seus partidos no flamante e moderno Parken Stadium.
Os primeiros anos tras a creación do club foron bos, conseguindo gañar o campionato de liga de Dinamarca na súa primeira participación, en 1993, e logrando o subcampionato e a Copa de Dinamarca en 1994. Con todo, o resto da década de 1990 viuse superado polos seus dous grandes rivais, o Odense BK e o Brøndby IF.
Tivo que agardar até 2001 para conseguir unha nova liga, que lograría ata tres veces máis, en 2003, 2004 e 2006, sumando así un total de cinco ligas no seu curto período de existencia, ás que hai que engadir tres Copas, unha Copa da Liga e tres Supercopas.
Tras o título de liga de 2006, conseguiu clasificarse por primeira vez na súa historia para a fase final da Liga de Campións da UEFA 2006-07, tras derrotar ao Ajax Ámsterdan na última rolda de clasificación.
No ano 2010 logra clasificarse para a UEFA Champions League novamente.
Uniforme
editar- Uniforme titular: Camiseta branca, pantalón branco, medias brancas.
- Uniforme alternativo: Camiseta negra, pantalón negro, medias negras.