Abrir o menú principal

Liga de Campións da UEFA 2011-12

A Liga de Campións da UEFA 2011-12 foi a 57ª edición da Liga de Campións da UEFA, a máxima competición europea de fútbol a nivel de clubs organizada pola UEFA.

Liga de Campións - 2011/12
A final terá lugar no Allianz Arena de Múnic.
Equipos76
TelevisiónTVG (en galego)
Sitio webwww.uefa.com

O Chelsea FC proclamouse campión por primeira vez na súa historia. Venceu na quenda de penaltis por 3-4 ao Bayern de Múnic, logo de empatar 1-1 e de xogar a prórroga. A final disputouse o 19 de maio de 2012 no Allianz Arena de Múnic, Alemaña, estadio do subcampión.

Índice

Roldas previasEditar

 
Número de equipos por país, que clasificaron á final, na edición 2011-12 da Liga de Campións da UEFA

Un total de 76 equipos participaron nesta edición procedentes dun total de 52 federacións afiliadas á UEFA sen incluír a de Liechtenstein, a cal non ten unha competición de liga propia. Destes 76 equipos, 22 clasificáronse de forma directa. Os outros 54 disputaron diversas roldas previas ata chegar á fase de grupos.

Primeira roldaEditar

Participaron os campións das 4 ligas co coeficiente UEFA máis baixo do ano 2011. O sorteo tivo lugar xunto co das dúas primeiras roldas previas da Liga Europa da UEFA o 20 de xuño de 2011; a ida das eliminatorias disputouse o 28 e o 29 de xuño, mentres que a volta xogouse o 5 e o 6 de xullo.

Equipo local ida Resultado Equipo visitante ida Ida Volta
SP Tre Fiori   1 - 5   Valletta FC 0-3 1-2
FC Santa Coloma   0 - 4   F91 Dudelange 0-2 0-2

Segunda roldaEditar

Participaron os 2 vencedores da rolda anterior xunto aos campións das ligas clasificadas entre as posicións 17 e 49 (ambas inclusive) do ranking de coeficientes UEFA de 2010 (salvo a federación de Liechtenstein porque carece dunha competición propia de liga). O mesmo sorteo da primeira rolda previa serviu para establecer as eliminatorias da segunda. A ida disputouse o 12 e o 13 de xullo, mentres que a volta xogouse o 19 e o 20 de xullo.

Equipo local ida Resultado Equipo visitante ida Ida Volta
Maccabi Haifa FC   7 - 4   FK Borac Banja Luka 5-1 2-3
FK Mogren   1 - 5   Litex Lovech 1-2 0-3
NK Maribor   5 - 1   F91 Dudelange 2-0 3-1
KS Skënderbeu Korçë   0 - 6   FC APOEL Nicosia 0-2 0-4
ŠK Slovan Bratislava   3 - 1   FC Tobol 2-0 1-1
SK Sturm Graz   4 - 3   Videoton FC 2-0 2-3
FC Zestaponi   3 - 2   FC Dacia Chişinău 3-0 0-2
NK Dinamo Zagreb   3 - 0   Neftchi Baku 3-0 0-0
FC Pyunik   1 - 9   FC Viktoria Plzeň 0-4 1-5
FK Partizan   5 - 0   FK Škendija 4-0 1-0
Valletta FC   2 - 4   FK Ekranas 2-3 0-1
Malmö FF   3 - 1   HB Tórshavn 2-0 1-1
Shamrock Rovers FC   1 - 0   FC Flora Tallinn 1-0 0-0
Rosenborg BK   5 - 2   Breiðablik UBK 5-0 0-2
Bangor City FC     0 - 13   HJK Helsinki 0-3 0-10
Skonto FC   0 - 3   Wisla Cracovia 0-1 0-2
Linfield FC 1 - 3   BATE Borisov 1-1 0-2

Terceira roldaEditar

O sorteo da terceira rolda de clasificación levouse a cabo o 15 de xullo en Nyon. Os partidos de ida disputáronse o 26 e o 27 de xullo, e os de volta tiveron lugar o 2 e o 3 de agosto de 2011. Os perdedores desta rolda xogaron a rolda de play-off da UEFA Europa League.

Terceira rolda de campiónsEditar

Participaron os 17 gañadores da rolda anterior xunto aos campións das ligas clasificadas entre as posicións 13 e 15 (ambas inclusive) do ranking de coeficientes UEFA de 2010.

Equipo local ida Resultado Equipo visitante ida Ida Volta
Litex Lovech   2 - 5   Wisla Cracovia 1-2 1-3
Maccabi Haifa FC   3 - 2   NK Maribor 2-1 1-1
HJK Helsinki   1 - 3   NK Dinamo Zagreb 1-2 0-1
FC APOEL Nicosia   2 - 0   ŠK Slovan Bratislava 0-0 2-0
FC København   3 - 0   Shamrock Rovers FC 1-0 2-0
KRC Genk   3 - 2   FK Partizan 2-1 1-1
Rosenborg BK   2 - 4   FC Viktoria Plzeň 0-1 2-3
FC Zestaponi   1 - 2   SK Sturm Graz 1-1 0-1
Glasgow Rangers   1 - 2   Malmö FF 0-1 1-1
FK Ekranas   1 - 3   BATE Borisov 0-0 1-3

Terceira rolda de non campiónsEditar

Equipo local ida Resultado Equipo visitante ida Ida Volta
Standard de Liège   1 - 2   FC Zürich 1-1 0-1
FC Twente   2 - 0   FC Vaslui 2-0 0-0
SL Benfica   3 - 1   Trabzonspor 2-0 1-1
Dinamo Kiev   1 - 4   FC Rubin Kazán 0-2 1-2
Odense BK   5 - 4   Panathinaikos FC 1-1 4-3

Cuarta roldaEditar

O sorteo da rolda de play-off levouse a cabo o 5 de agosto en Nyon. Os partidos de ida disputaranse o 16 e o 17 de agosto, os de volta o 23 e o 24 de agosto de 2011. Os perdedores desta rolda instalásense na fase de grupos da UEFA Europa *League.

Play-off de campiónsEditar

Participaron os 10 vencedores da rolda anterior de campións de liga.

Equipo local ida Resultado Equipo visitante ida Ida Volta
Wisla Cracovia   2 - 3   FC APOEL Nicosia 1-0 1-3
Maccabi Haifa FC             3 - 3 (p. 1-4)   KRC Genk 2-1 1-2
NK Dinamo Zagreb   4 - 3   Malmö FF 4-1 0-2
FC København   2 - 5   FC Viktoria Plzeň 1-3 1-2
BATE Borisov   3 - 1   SK Sturm Graz 1-1 2-0

Play-off de non campiónsEditar

Participaron os 5 gañadores da rolda anterior de non campións de liga xunto a 5 equipos das 5 ligas con mellor coeficiente UEFA.

Equipo local ida Resultado Equipo visitante ida Ida Volta
Odense BK   1 - 3   Villarreal CF 1-0 0-3
FC Twente   3 - 5   SL Benfica 2-2 1-3
Arsenal FC   3 - 1   Udinese Calcio 1-0 2-1
FC Bayern de Múnich   3 - 0   FC Zürich 2-0 1-0
Olympique de Lión   4 - 2   FC Rubin Kazán 3-1 1-1

ParticipantesEditar

Fase de GruposEditar

Unha vez rematadas as roldas previas da Liga de Campións da UEFA, o sorteo da fase de grupos levouse a cabo o 25 de agosto en Mónaco. Os grupos quedaron do seguinte xeito:

A fase de grupos deu de sí algunha sorpresa, como a eliminación de equipos como Manchester United, FC Porto, Manchester City, Valencia CF ou Ajax Ámsterdan, que ao rematar terceiros en cadanseu grupo, disputarán a fase final da UEFA Europa League 2011-12. Outros equipos fortes que quedaron eliminados foron o Borussia Dortmund e o Lille OSC, vixentes campións da Bundesliga e da Ligue 1, pero que tiveron unha actuación decepcionante nesta competición, rematando últimos nos seus grupos. O equipo mais goleador desta fase foi o FC Barcelona con 20 goles anotados, e o menos goleado foi o Real Madrid con 2 goles encaixados. Ámbolos dous equipos foron, co SL Benfica portugués, os únicos equipos que remataron esta fase de grupos sen encaixar ningunha derrota.

EliminatoriasEditar

Unha vez disputadas as 6 xornadas da fase de liguilla nos 8 grupos, 16 equipos acadaron o seu pase para a seguinte fase, a fase de eliminatorias. O 16 de decembro de 2011 tivo lugar o sorteo de oitavos de final, con un bombo no que estaban os equipos que remataron a fase de grupos en primeira posición, e outro bombo cos equipos que remataron en segunda posición. No sorteo decidiuse qué equipo do primeiro bombo se emparellaba con cada equipo do segundo bombo.

Resultados dos Oitavos de final
Equipo local ida Resultado Equipo visitante ida Ida Volta
Olympique Lyonnais   1 - 1 (3-4)   APOEL FC 1 - 0 0 - 1
SSC Napoli   4 - 5   Chelsea FC 3 - 1 1 - 4
AC Milan   4 - 3   Arsenal FC 4 - 0 0 - 3
FC Basel   1 - 7   FC Bayern Múnic 1 - 0 0 - 7
Bayer Leverkusen   2 - 10   FC Barcelona 1 - 3 1 - 7
PFC CSKA Moscova   2 - 5   Real Madrid 1 - 1 1 - 4
Zenit San Petersburgo   3 - 4   SL Benfica 3 - 2 0 - 2
Olympique Marsella   2 - 2   Inter de Milán 1 - 0 1 - 2
Resultados dos Cuartos de final
Equipo local ida Resultado Equipo visitante ida Ida Volta
Olympique Marsella   0 - 4   Bayern Múnic 0 - 2 0 - 2
APOEL FC   2 - 8   Real Madrid 0 - 3 2 - 5
SL Benfica   1 - 3   Chelsea FC 0 - 1 1 - 2
AC Milan   1 - 3   FC Barcelona 0 - 0 1 - 3
Resultados das Semifinais
Equipo local ida Resultado Equipo visitante ida Ida Volta
Bayern Múnic   3 - 3(3-1)   Real Madrid 2 - 1 1 - 2
Chelsea FC   3 - 2   FC Barcelona 1 - 0 2 - 2
A Gran Final
Final
Competición Liga de Campións da UEFA
Tempada 2011-12
Estadio Allianz Arena (Múnic)
Capacidade 62.500
Campión Chelsea FC
Finalista Bayern Múnic
Resultado 1 - 1 4-3 nos penaltis
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Campión


 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Finalista


A final da edición 2011-12 da Liga de Campións da UEFA tivo lugar no Allianz Arena de Múnic o 19 de maio de 2012. Nela enfrontáronse o Bayern Múnic alemán e o Chelsea FC inglés. O colexiado que arbitrou o encontró foi o portugués Pedro Proença.[1]

 
Os "onces" de saída.

Para o Bayern Múnic, adestrado por Jupp Heynckes, foi a súa 9ª final da máxima competición continental. Pola súa banda, o Chelsea FC, adestrado por Roberto Di Matteo, disputaba a súa 2 final, co único precedente da derrota fronte ó Manchester United na edición 2007-08.

Os dous equipos fracasaran na loita pola competición nacional de liga. O conxunto inglés viña de rematar 6º na Premier League, mentres que o Bayern viña de rematar 2º na Bundesliga.

Na primeira fase da competición, o Chelsea FC rematou primeiro no Grupo E por riba de Leverkusen, Valencia e Genk, con 3 vitorias, 2 empates e 1 derrota. En oitavos de final bateu ó Nápoles por un resultado global de 5-4. Nos cuartos de final tivo que superar ó Benfica, cousa que fixo con 3 goles a prol e 1 en contra. Nas semifinais tocoulle enfrontarse ó vixente campión, o FC Barcelona, vencendo a eliminatoria por 3 goles a 2.

O Bayern Múnic acadou a primeira posición no Grupo A, no cal tivo que enfrontarse a equipos como Nápoles, Manchester City e Villarreal, rematando con 4 vitorias, 1 empate e 1 derrota. Nos oitavos de final enfrontouse co Basilea, ó que superou de xeito sobresaínte por 7 goles a 1. Nos cuartos de final agardaba o Marsella, ó que eliminou cun dobre 2-0 tanto na casa como fora. En semifinais bateu ó Real Madrid dende o punto de penalti, despois de que a eliminatoria rematase cun empate a 3 goles.

O encontro tivo poucas ocasións de gol. O Bayern dominou o balón na primeira metade cun 60% de posesión, lanzando 2 veces a porta, por 1 vez o Chelsea. Na segunda metade a posesión estivo máis igualada. Nela o Bayern lanzou 4 veces a porta e o Chelsea 2. O primeiro gol fíxose agardar ate o minuto 83, cando Thomas Müller rematou unha xogada do Bayern coa testa, batendo a Petr Čech. Semellaba que o encontro estaba decidido, pero Didier Drogba acadou o empate no minuto 88 rematando coa testa un saque de esquina.

Na prórroga o Bayern tivo a oportunidade de poñerse de novo por diante cando Drogba cometeu un penalti sobre Ribéry no minuto 93. Robben tirou a pena máxima, pero Čech detivo o balón. A prórroga rematou co 1 a 1, de xeito que houbo de decidir o título dende o punto de penalti.

O Chelsea comezou errando o seu primeiro lanzamento, mentres que o Bayern convertía os seus primeiros 3 lanzamentos. Entón Petr Čech, porteiro do Chelsea FC, tornouse de novo en protagonista da final, detendo os últimos 2 lanzamentos do Bayern Múnic, mentres que os seus compañeiros tiñan éxito nos lanzamentos, acadando a vitoria por 4 goles a 3 na quenda de penaltis.

Foi o primeiro título de Campións de Europa para o Chelsea FC, así como o primeiro de calquera equipo de Londres. Pola súa banda, o Bayern converteuse no 3º equipo que perdía 5 finais da máxima competición continental, igualando nesa estatística co Juventus FC e co SL Benfica.

O Chelsea FC acadou tamén o dereito a disputar a Supercopa de Europa 2012 fronte ó Atlético de Madrid, e tamén a edición 2012 da Copa Mundial de Clubs da FIFA.

Cadro xeral das eliminatorias
Oitavos de final Cuartos de final Semifinais Final
       
                                     
           
   O. Marsella  1  1
   Inter de Milán  0  2  
   O. Marsella  0  0
     Bayern Múnic  2  2  
   FC Basel  1  0
   Bayern Múnic  0  7  
   Bayern Múnic  2  1
     Real Madrid  1  2  
   Olympique Lyon  1  0
   APOEL FC  0  1  
   APOEL FC  0  2
     Real Madrid  3  5  
   CSKA Moscova  1  1
   Real Madrid  1  4  
   Bayern Múnic  1 3  
     Chelsea FC  1 4  
   Zenit S.Petersburgo  3  0
   SL Benfica  2  2  
   SL Benfica  0  1
     Chelsea FC  1  2  
   SSC Napoli  3  1
   Chelsea FC  1  4  
   Chelsea FC  1  2
     FC Barcelona  0  2  
   AC Milan  4  0
   Arsenal FC  0  3  
   AC Milan  0  1
     FC Barcelona  0  3  
   Bayer Leverkusen  1  1
   FC Barcelona  3  7  

GoleadoresEditar

A táboa de goleadores rematou liderada por 4ª vez consecutiva polo arxentino Lionel Messi, nesta ocasión con 14 goles anotados. (Fonte)

Xogador Equipo Goles Minutos
  Lionel Messi   FC Barcelona 14 990'
  Mario Gómez   Bayern Múnic 12 1003'
  Cristiano Ronaldo   Real Madrid CF 10 930'
  Karim Benzema   Real Madrid CF 7 761'
  Didier Drogba   Chelsea FC 6 670'
8 xogadores Varios equipos 5 ???'
  • Nesta táboa non se inclúen os goles anotados por un futbolista nunha quenda de penaltis trala prórroga dun encontro, nin os goles anotados nas eliminatorias das roldas previas da competición.

NotasEditar

Véxase taménEditar