Stadio Giuseppe Meazza

(Redirección desde «Estadio Giuseppe Meazza»)

O Stadio Giuseppe Meazza, coñecido tamén como San Siro, nome do barrio no que se localiza, é un campo de fútbol da cidade de Milán, Italia. Nel disputan os seus partidos como locais o Milan e o Inter de Milán. Ten capacidade para 80.018 espectadores.

Stadio Giuseppe Meazza
Datos
Coordenadas45°28′41″N 9°07′26″L / 45.478055555556, 9.1238888888889
LocalizaciónMilán, Italia
Construción
Inauguración1955
ArquitectoUlisse Stacchini
Estadio
SuperficieHerba
Dimensións105 × 68
Capacidade80.018
PropietarioConsorzio San Siro Duemila
OperadoraM-I Stadio Srl
LocalíaMilan (1926–presente)
Internazionale (1947–presente)
Webhttps://www.sansirostadium.com/stadium/stadio-san-siro
Eventos
editar datos en Wikidata ]

Historia

editar

O estadio comezou a súa construción en 1925 no distrito de San Siro, de onde obtivo o seu primeiro nome. Foi idea do entón presidente do AC Milan, Piero Pirelli.

Foi inaugurado o 19 de setembro de 1926 nun partido onde se enfrontaron o Inter de Milán e AC Milan, que finalizou co resultado de 6 a 3 a favor do Inter. O 3 de marzo de 1980 foi rebautizado en honra de Giuseppe Meazza, bicampión do mundo con Italia e ex xogador do AC Milan e Inter. A miúdo se coñece aínda ao estadio co seu nome antigo, San Siro, especialmente por parte dos afeccionados milanistas.

O Inter de Milán comezou a xogar de local no estadio en 1947. San Siro é un dos 23 estadios elite da UEFA. Actualmente o estadio é propiedade municipal e a súa capacidade é de 150.000 espectadores.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar