Abrir o menú principal

Rangers F.C.

(Redirixido desde "Glasgow Rangers")

O Rangers Football Club é un club de fútbol da localidade de Glasgow (Escocia) que adoita ser chamado Glasgow Rangers inda que oficialmente ese nome non o posúa ningún equipo de fútbol. Este costume de darlle esta denominación a puxeron ben de moda os comentaristas ingleses dos partidos de fútbol que falaban do Glasgow Rangers pra tentar face-la diferenciación con respecto ó Queens Park Rangers londinense. Tamén ten denominacións alternativas coma os alcumes "The Gers" que non deixaría de se-la abreviación de The Rangers, "Light Blues" pola cor da súa camisola e "The Teddy Bears" pola rima que isto fai con Rangers.

Rangers
NomeRangers Football Club
Alcume(s)The Gers;
The Teddy Bears;
The Light Blues
FundaciónFebreiro, 1872
EstadioIbrox Stadium,
Glasgow, Escocia
Inauguración1899
Capacidade50.817
PropietarioRangers International Football Club Plc
PresidenteEscocia Dave King
AdestradorInglaterra Steven Gerrard
LigaScottish Premiership
2018–19
VestimentaHummel
Patrocinador32Red
Páxina webPáxina web
Na casa
Fóra
Terceira

En 2012 o Rangers F.C. entrou nunha profunda crise financeira debido a problemas coa administración de impostos do Reino Unido, polo que o 14 de xuño do mesmo ano, tras non poderse solucionar a dura situación económica do club, o equipo desapareceu, véndose obrigado a refundarse na Terceira División escocesa.

HistoriaEditar

Club nado no 1872 e que foi o primeiro do mundo en acadar 54 títulos do se campionato nacional de liga e tamén o que pode fachendear de se-lo pioneiro en sumar 100 títulos oficiais (ó remate da tempada 2012-13 xa acumulaba 115).

É moi sonada a grande rivalidade que o Rangers ten co Celtic. É o derbi por excelencia de Escocia e pode que do mundo posto que o mesmo Sir Alex Ferguson fala na súa autobiografía de que endexamais vira nun enfrontamento de rivalidade unha atmosfera e unha paixón semellantes ás que se poden vivir nos encontros entre Celtic e Rangers. E tamén boa conta disto pode dala o futbolista ferrolán do Rangers Nacho Novo que recoñeceu nunha entrevista concedida a un xornal deportivo que aquilo era impresionante e que se algún compañeiro lle quería dicir algo, como estivese a 3 ou 4 metros xa non oía o que lle quería comentar. Tanto esta rivalidade, por intres da historia esaxerada, coma cando se fai referencia a ambolos dous clubs se fala do Old Firm.

O primeiro equipamento do equipo é o de camisola cor azul, pantalonciño cor branca e medias azuis. En canto ó segundo equipamento hai que salientar que foi mudando ó longo dos anos pero por pór un exemplo a da tempada 2005-2006 era con camisola branca cunha franxa vermella cruzando verticalmente o peito dende o pescozo, pantalonciño azul e medias brancas.

O estadio que acolle os seus encontros coma locais é o de Ibrox Stadium cunha capacidade pra 50.987 persoas sendo tódalas bancadas de sentar. Ademais este estadio é un cinco estrelas segundo criterios UEFA e é o terceiro en capacidade de público de Escocia tan só por detrás, e nesta orde, do Celtic Park e do Hampden Park onde xoga a Seleción Escocesa de Fútbol tódolos seus encontros oficiais coma local a non ser que haxa algún problemiña.

O maior fito da historia do Rangers de seguro que foi a consecución da xa extinta Recopa no ano 1972 tras derrotar ó Dínamo de Moscova no Camp Nou por 3-2.

O equipo do Rangers tamén é coñecido por se-lo conxunto dos protestantes de Escocia. E ós seus seareiros se lles coñece coma "Bears" e "Bluenoses".

XogadoresEditar

Actualizado 13 de xuño de 2018

Posto País Xogador
1 POR   Wes Foderingham
2 DEF   James Tavernier ( )
3 DEF   Declan John (en préstamo de Cardiff City)
4 DEF   Fábio Cardoso
5 DEF   Lee Wallace
6 DEF   Danny Wilson
7 MED   Dálcio (en préstamo de Benfica B)
8 MED   Ryan Jack
9 DIA   Kenny Miller
10 MED   Graham Dorrans
11 MED   Josh Windass
15 DIA   Eduardo Herrera
16 MED   Andrew Halliday
17 DEF   Lee Hodson
18 MED   Jordan Rossiter
19 MED   Niko Kranjčar
20 DIA   Alfredo Morelos
Posto País Xogador
21 MED   Daniel Candeias
22 DEF   Bruno Alves
23 MED   Jason Holt
24 DEF   David Bates
25 POR   Jak Alnwick
27 MED   Carlos Peña
26 DIA   Jason Cummings
28 MED   Aaron Nemane (en préstamo de Manchester City)
30 MED   Jordan Thompson
31 DIA   Ryan Hardie
32 POR   Liam Kelly
34 DEF   Aidan Wilson
35 MED   Jamie Barjonas
36 DEF   Myles Beerman
40 DEF   Ross McCrorie
42 MED   Liam Burt

AdestradorsEditar

Nome Nacionalidade Período Liga Copa Copa da Liga UEFA Total
Wilton, WilliamWilliam Wilton   Escocia 1899-1921 8 1 9
Struth, BillBill Struth   Escocia 1921-1954 18 10 2 30
Symon, ScotScot Symon   Escocia 1954-1967 6 5 4 15
White, DavidDavid White   Escocia 1967-1969 0 0 0 0 0
Waddell, WilliamWilliam Waddell   Escocia 1969-1972 0 0 1 1 2
Wallace, JockJock Wallace   Escocia 1972-1978 3 3 2 0 8
Greig, JohnJohn Greig   Escocia 1978-1983 0 2 2 0 4
Wallace, JockJock Wallace   Escocia 1983-1986 0 0 2 0 2
Souness, GraemeGraeme Souness   Escocia 1986-1991 3 0 4 0 7
Smith, WalterWalter Smith   Escocia 1991-1998 7 3 3 0 13
Advocaat, DickDick Advocaat   Países Baixos 1998-2001 2 2 1 0 5
McLeish, AlexAlex McLeish   Escocia 2001-2006 2 2 3 0 7
Le Guen, PaulPaul Le Guen   Francia 2006-2007 0 0 0 0 0
Smith, WalterWalter Smith   Escocia 2007-2011 3 2 3 0 8
McCoist, AllyAlly McCoist   Escocia 2011-2014 2 0 0 0 2
Warburton, MarkMark Warburton   Inglaterra 2015-2017 1 0 0 0 1
Caixinha, PedroPedro Caixinha   Portugal 2017 0 0 0 0 0
Murty, GraemeGraeme Murty   Escocia 2017-2018 0 0 0 0 0
Gerrard, StevenSteven Gerrard   Inglaterra 2018-presente 0 0 0 0 0

Os adestradores intermedios foron Willie Thornton (2 partidos en 1969), Tommy McLean (4 partidos en 1983), Ian Durrant (1 partidos en 2007) e Graeme Murty (6 partidos en 2017).

Xogadores famososEditar

Categoría principal: Xogadores do Rangers FC.

PalmarésEditar

Torneos nacionaisEditar

  • Liga escocesa (54): 1891, 1899, 1900, 1901, 1902, 1911, 1912, 1913, 1918, 1920, 1921, 1923, 1924, 1925, 1927, 1928, 1929, 1930, 1931, 1933, 1934, 1935, 1937, 1939, 1947, 1949, 1950, 1953, 1956, 1957, 1959, 1961, 1963, 1964, 1975, 1976, 1978, 1987, 1989, 1990, 1991, 1992, 1993, 1994, 1995, 1996, 1997, 1999, 2000, 2003, 2005, 2009, 2010, 2011
  • Escocia Terceiro División (1): 2013
  • Escocia Liga Un (1): 2014
  • Escocia Campionato (1): 2016
  • Copa de Escocia (33): 1894, 1897, 1898, 1903, 1928, 1930, 1932, 1934, 1935, 1936, 1948, 1949, 1950, 1953, 1960, 1962, 1963, 1964, 1966, 1973, 1976, 1978, 1979, 1981, 1992, 1993, 1996, 1999, 2000, 2002, 2003, 2008, 2009
  • Copa da Liga de Escocia (27): 1946, 1948, 1960, 1961, 1963, 1964, 1970, 1975, 1977, 1978, 1981, 1983, 1984, 1986, 1987, 1988, 1990, 1992, 1993, 1996, 1998, 2002, 2003, 2005, 2008, 2010, 2011
  • Liga de Escocia (entreguerras): 1940.
  • Southern League (entreguerras): 1941, 1942, 1943, 1944, 1945, 1946.
  • Milk Cup: (Premier) 1984, 1992. (Junior) 1985.
  • Drybrough Cup: 1979.
  • Tennents' Sixes: 1984, 1989.
  • Escocia Desafío Cup: 2016.

Torneos internacionaisEditar

Véxase taménEditar