O Celtic Park é un estadio de fútbol da cidade escocesa de Glasgow. Foi inaugurado en 1892 e serve de localía ao Celtic FC. Tamén é coñecido coma Parkhead por estar chantado nesa avenida e como The Paradise ou simplemente Paradise grazas ós bos momentos que alí puideron pasar moitos seareiros. O estadio ten unha capacidade de 60.355 prazas todas elas de sentar sendo o estadio con meirande capacidade da Escocia e o segundo do Reino Unido en canto a clubs se refire.

Celtic Park

Tipoestadio de fútbol Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
OcupanteCeltic F.C. Editar o valor en Wikidata
Propietario/aCeltic F.C. Editar o valor en Wikidata
Arquitecto/aPercy Johnson-Marshall (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Datas
Fundación20 de agosto de 1892 Editar o valor en Wikidata
Inauguración1892 Editar o valor en Wikidata
Remodelación1994 - 1998
Dimensións
Capacidade60.355 Editar o valor en Wikidata
Tipo superficiecéspede Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 55°50′59″N 4°12′20″O / 55.849711111111, -4.2055888888889
EstadoReino Unido
PaísEscocia
Concellocidade de Glasgow Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónParkhead (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Composto por
Wikidata ]

Este é o segundo Celtic Park xa que no primeiro localizado noutro lugar da cidade escocesa o club estivo a disputar os seus partidos ata o 20 de Santiago de 1892, é dicir, durante preto de 4 anos xa que a institución foi fundada no 1888.

O que foi trocando ó longo destes máis de cen anos que o Celtic leva xogando no actual Celtic Park foi o número dedicado ás bancadas. De feito, o récord de asistencia ó campo rexistrouse no 1 de xaneiro de 1938 cunhas 92.000 persoas metidas no estadio nun Old Firm, é dicir, nun partido disputado contra o Rangers.

A última remodelación ata os nosos días data do 1995.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar