Cardiff City F.C.

club de fútbol galés da cidade de Cardiff

O Cardiff City Association Football Club (en inglés) ou Clwb pêl-droed Dinas Caerdydd (en galés) é un club de fútbol profesional galés da cidade de Cardiff que compite na Football League Championship, a segunda categoría do fútbol en Inglaterra . Xoga os seus partidos como local no Cardiff City Stadium, estadio con capacidade para 28.016 espectadores.

Cardiff City
NomeCardiff City Association Football Club
Clwb pêl-droed Dinas Caerdydd
Alcume(s)The Bluebirds
Fundación1899 (como Riverside A.F.C.)
EstadioCardiff City Stadium,
Cardiff, Gales
Inauguración22 de xullo de 2009
Capacidade28.016
PresidenteChipre Mehmet Dalman
AdestradorInglaterra Russell Slade
LigaThe Championship
2013–1420º (Premier League)
VestimentaPUMA
PatrocinadorSBOBET
Na rede
http://www.cardiffcityfc.co.uk/
Facebook: cardiffcityfc Twitter: CardiffCityFC Instagram: cardiffcityfc LinkedIn: 573591 Youtube: UCfBVy8PAMwyNbac6D0Mk8gQ Editar o valor em Wikidata
Titular
Alternativo
Terceiro

Historia editar

O Cardiff City foi fundado en 1899 por Bartley Wilson como Riverside A.F.C. e é o único equipo que non é inglés que gañou algunha das tres grandes competicións inglesas, gañando a FA Cup en 1927, na década na que o equipo galés era un dos equipos máis frontes da liga inglesa, sendo finalistas na tempada 192324, perdendo por 1-0 a final da FA Cup de 1925 fronte ao Sheffield United. Foi campión tamén da Copa de Gales en numerosas ocasións, a última delas en 1993. Na tempada 1966-67 clasificouse para xogar a Recopa de Europa tras gañar ese ano a Copa de Gales, e chegando ás semifinais na tempada 1967-68, nas que perdeu fronte ao equipo alemán do Hamburger SV por un axustado marcador final de 4-3 (1-1 na ida e 3-2 na volta).

Xogadores editar

Categoría principal: Xogadores do Cardiff City FC.

Palmarés editar

FA Cup

  • Campión: - 1927
  • Finalista: - 1925, 2008

FA Charity Shield

  • Campión: - 1927

First Division

  • Finalista: - 1923-24

Second Division

  • Finalista: - 1920-21, 1951-52, 1959-60
  • Campión do Play-Off: - 2002-03

Third Division South

  • Campión: - 1946-47

Third Division

  • Campión: - 1992-93
  • Finalista: - 1975-76, 1982-83

Fourth Division

  • Campión: - 1987-88

Southern Football League Second Division

  • Campión: - 1913

Copa de Gales

  • Campión: - 1912, 1920, 1922, 1923, 1927, 1928, 1930, 1956, 1959, 1964, 1965, 1967, 1968, 1969, 1970, 1971, 1973, 1974, 1976, 1988, 1992, 1993

FAW Premier Cup

  • Campión: - 2002

FAW Welsh Youth Cup

  • Campión: - 1990, 1995, 1998, 2000, 2001, 2002, 2004, 2006
  • Finalista: - 1992, 2005, 2008

FAW Invitation Cup

  • Campión: - 1998

Centenary Cup

  • Campión: - 1999

Algarve Challenge Cup

  • Campión: - 2008

VansDirect Cup

  • Campión: - 2008

Véxase tamén editar

Ligazóns editar


 
 Este artigo sobre deporte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.