Ibrox Stadium

O Ibrox Stadium (orixinalmente Ibrox Park) é un estadio de fútbol situado na ribeira sur do río Clyde, no distrito de Ibrox da cidade de Glasgow, en Escocia. Inaugurado en 1899, é sede habitual do Rangers FC.

Ibrox Stadium
Ibrox Inside.jpg
Datos
Localización150 Edmiston Drive
Ibrox, Glasgow
Escocia, Reino Unido
Construción
Inauguración30 de decembro de 1899
Renovación1928
1978–1981
1990–1991
ArquitectoArchibald Leitch
Estadio
SuperficieHerba
Dimensións105 x 69
Capacidade50,987
PropietarioRangers FC
LocalíaRangers FC
Entrada do Ibrox Stadium

HistoriaEditar

A súa denominación orixinal era a de Ibrox Park mais agora ten como nome oficial o de Ibrox Stadium. Este estadio ten unha capacidade de 50,987 seareiros con tódalas súas bancadas de sentar e é un dos dous estadios de Escocia, xunto ó Hampden Park, que está denominado pola UEFA como un cinco estrelas. A nivel nacional tan só lle gaña en capacidade, amais de Hampden Park, o Celtic Park, que é o de máis capacidade do país.

Este campo de fútbol é a casa do Rangers dende 1899 e así o foi dende entón e segue a selo nos nosos tempos.

O récord que ostenta este campo é o de maior xente vendo un partido de liga de todo o Reino Unido. Foi en 1939 e asistiron, segundo os datos oficiais que se barallan, 118.567 persoas para ver un derbi do Old Firm co Celtic.

A súa última renovación data do 1997.

Traxedias na historia do estadioEditar

Por desgraza ocorreu ó longo da historia un par de traxedias no Ibrox Stadium, a primeira polos comezos do século XX (1902) e a segunda non hai moito tempo (1971).

A que sucedeu en primeiro termo foi a do 5 de abril do 1902 nun partido entre as selecións nacionais de Escocia e de Inglaterra durante un encontro do Campionato Británico. Parte dunhas bancadas, que eran de madeira, viñéronse cara a abaixo e caeron os afeccionados alí presentes dende unha altura duns 12 m. Houbo 26 vítimas mortais e arredor de 500 feridos, polo que chegou a ser, daquela, o peor dos desastres acaecidos nun encontro de fútbol. A resposta inmediata ante este suceso foi o reforzamento dos chanzos con formigón en todo o Reino Unido. E a segunda ocorreu no 2 de xaneiro de 1971 cando nun partido contra os eternos rivais (o Celtic) o conxunto local foi quen de consegui-la igualada a un tanto nos derradeiros intres do encontro, o que supuxo unha reacción de tolemia xeneralizada entre os "Bluenoses" que rematou en 66 mortos e arredor de 200 feridos.