O Stade Vélodrome é un recinto deportivo da cidade de Marsella, inaugurado en 1937, con capacidade para acoller pouco mais de 67.000 seareiros, no que xoga os seus encontros como local o equipo de fútbol Olympique de Marsella da Ligue 1. O Stade Vélodrome ten a máxima consideración no sistema de clasificación da UEFA, pertencendo á categoría Élite ou 5 estrelas.

Stade Vélodrome
Stade Vélodrome
Tipoestadio de fútbol, estadio de rugby, instalación deportiva e estadio Editar o valor en Wikidata
InstalaciónsQ120169931 Traducir Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
Mantido porOlympique de Marsella Editar o valor en Wikidata
Operador/aOlympique de Marsella Editar o valor en Wikidata
OcupanteOlympique de Marsella Editar o valor en Wikidata
Propietario/aVille de Marseille
Arquitecto/aHenri Ploquin, Jean-Pierre Buffi (1998)
Datas
Fundación1935 Editar o valor en Wikidata
Inauguración1937
Acontecementos
5 de xuño de 1938 – 16 de xuño de 1938Mundial de Fútbol Francia 1938
12 de xuño de 1998 – 7 de xullo de 1998Mundial de Fútbol Francia 1998
8 de setembro de 2007 – 7 de outubro de 2007Copa do Mundo de Rugby 2007
9 de setembro de 2023 – 15 de outubro de 2023Copa do Mundo de Rugby 2023 Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Capacidade67.054
SuperficieCéspede
Tipo superficieGrama híbrida (pt) Traducir e céspede Editar o valor en Wikidata
Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 43°16′09″N 5°23′42″L / 43.26924, 5.39491
EstadoFrancia
Divisións administrativasFrancia Metropolitana
RexiónsProvenza-Alpes-Costa Azul
DepartamentoBocas de Ródano
Cidade grandeMarsella
Distrito municipal8th arrondissement of Marseille (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónMarsella, Francia
Rúaboulevard Michelet (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Enderezo3 boulevard Michelet, 13008 Marseille Editar o valor en Wikidata
Deporte
Deportefútbol e rugby a 15 Editar o valor en Wikidata
LocalíaOlympique de Marsella (Ligue 1)
Contacto
Páxina WEBorangevelodrome.com Editar o valor en Wikidata
RedesTwitter: orangevelodrome Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

Eventos deportivos

editar

Mundial de Fútbol 1938

editar

No Mundial de Fútbol Francia 1938 xogáronse no Vélodrome un encontro de oitavos de final e unha das semifinais.

Eurocopa de Fútbol 1960

editar

A Eurocopa de Fútbol Francia 1960 disputou unha das súas semifinais no Stade Vélodrome.

Eurocopa de Fútbol 1984

editar

Na Eurocopa de Fútbol Francia 1984 acolleu un encontro do Grupo B no que se enfrontaron España e Portugal (co resultado de 1-1), e unha das semifinais na que Francia venceu a Portugal por 3-2.

Mundial de Fútbol 1998

editar

No Mundial de Fútbol Francia 1998 o estadio tivo unha grande importancia, acollendo un total de 7 encontros, catro da fase de grupos, un de oitavos de final, outro de cuartos de final e unha das semifinais.

Copa do Mundo de Rugby 2007

editar

Na Copa do Mundo de Rugby 2007 o Stade Vélodrome acolleu 4 encontros da fase de grupos e 2 encontros de cuartos de final.

Eurocopa de Fútbol 2016

editar

O Stade Vélodrome foi elixido para acoller varios encontros da futura Eurocopa de Fútbol Francia 2016, polo cal será aumentado de capacidade nuns 10.000 asentos e será provisto dun novo tellado que cubrirá tódalas bancadas.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar