Bundesliga 2010-2011
A tempada 2010/11 da Bundesliga foi a 48ª edición da máxima competición entre clubs do fútbol en Alemaña, a Bundesliga. A tempada comezou o 21 de agosto do 2010, e rematou despois de 34 xornadas o 14 de maio do 2011. Por mor do inverno, a competición parou entre o 18 de decembro e o 15 de xaneiro.
O FC Bayern de Múnic era o defensor do título gañado na tempada anterior. FC Kaiserslautern e FC St. Pauli son os equipos que ascenderon o ano pasado.
O Borussia Dortmund xa foi matematicamente o novo campión aínda sen rematar a tempada.
EquiposEditar
Os 18 equipos participantes nesta edición da liga alemá de fútbol son os seguintes:
Club | Cidade | Estadio | Capacidade |
---|---|---|---|
Bayer Leverkusen | Leverkusen | BayArena | 30.000 |
FC Bayern de Múnic | Múnic | Allianz Arena | 69.000 |
Borussia Dortmund | Dortmund | Signal Iduna Park | 82.930 |
Borussia Mönchengladbach | Mönchengladbach | Borussia Park | 54.070 |
Eintracht Frankfurt | Frankfurt | Commerzbank-Arena | 52.300 |
Hamburger SV | Hamburgo | HSH Nordbank Arena | 57.270 |
Hannover 96 | Hannover | AWD-Arena | 49.000 |
TSG 1899 Hoffenheim | Sinsheim | Rhein-Neckar-Arena | 30.000 |
SC Freiburg | Friburgo | Badenova-Stadion | 25.000 |
FC Kaiserslautern | Kaiserslautern | Fritz-Walter-Stadion | 48.500 |
FC Köln | Colonia | RheinEnergieStadion | 46.000 |
FSV Mainz 05 | Maguncia | Stadion am Bruchweg | 20.300 |
FC Nürnberg | Núremberg | EasyCredit-Stadion | 41.960 |
FC Schalke 04 | Gelsenkirchen | Veltins-Arena | 61.481 |
FC St. Pauli | Hamburgo | Millerntor-Stadion | 23.201 |
VfB Stuttgart | Stuttgart | Mercedes-Benz Arena | 55.900 |
Werder Bremen | Bremen | Weserstadion | 42.360 |
VfL Wolfsburg | Wolfsburg | Volkswagen-Arena | 30.000 |
TáboaEditar
Tralas 34 xornadas do campionato, o Borussia Dortmund acadou o título de campión con 7 puntos de vantaxe sobre o Bayer Leverkusen e 10 sobre o Bayern Múnic.
|
|