Coordenadas: 48°13′08″N 11°37′29″L / 48.218775, 11.624752777778

O Allianz Arena é un estadio localizado no barrio de Fröttmaning, ao norte de Múnic, no estado federado de Baviera, Alemaña. Os seus equipos titulares son o FC Bayern München e o TSV 1860 München, equipos que xogaban previamente de local no Estadio Olímpico de Múnic.

Allianz Arena
e
Datos
LocalizaciónMúnic, Alemaña
Construción
Inauguración30 de maio de 2005
ArquitectoHerzog & de Meuron
Custo 280 000 000
Estadio
SuperficieCéspede
Dimensións105 x 68
Capacidade69.901 (nacional)
66.000 (internacional)
PropietarioAllianz Arena München Stadion GmbH
LocalíaFC Bayern München
TSV 1860 München
Eventos

Denominación editar

Foi unha das subsedes da Copa Mundial de Fútbol de 2006 celebrada en Alemaña. Para este evento, o estadio levou temporalmente o nome de Estadio da Copa Mundial da FIFA de Múnic, por razóns estipuladas no regramento da FIFA. Por razóns semellantes, tamén leva o nome de München Arena nos campionatos organizados pola UEFA, como a Liga de Campións. Malia estes cambios, o nome oficial é Allianz Arena.

O Allianz Arena é coñecido popularmente co sobrenome de Schlauchboot (galego: bote inflable) pola súa forma.

Historia editar

 
Proceso de construción do Allianz Arena

O 21 de outubro de 2001 realizouse un referendo municipal en Baviera, onde o 65,8% dos votantes (dun 37,5% dos muniqueses con dereito a voto que emitiu sufraxio) optou pola construción dun novo estadio (en desmedro da remodelación do Estadio Olímpico de Múnic).

O deseño da obra foi realizado pola firma Herzog & de Meuron, a cal foi seleccionada no mes de febreiro de 2002. A firma de seguros alemá Allianz, que é o principal socio da sociedade que constrúe o proxecto, pagou diñeiro para que o estadio levase o seu nome polos vindeiros 30 anos. O custo total da construción é de 280 000 000 , pagados polo TSV 1860 München e o FC Bayern München.

A súa construción comezou o 21 de outubro de 2002, coa colocación da primeira pedra por parte de Franz Beckenbauer, e foi rematada en abril de 2005. O estadio foi inaugurado o 30 de maio de 2005 nun partido entre o TSV 1860 München e o 1. FC Nürnberg. O 31 de maio de 2005 disputouse o segundo partido inaugural, entre o FC Bayern München e a selección alemá de fútbol.

O 2 de xuño de 2005 disputouse o primeiro partido entre os dous equipos locais, o cal foi gañado polo TSV 1860 München, grazas a un gol de Paul Agostino.

O primeiro gol marcado no estadio foi de Patrick Milchraum do TSV 1860 München.

O primeiro gol do estadio válido para nun torneo oficial, foi marcado por Owen Hargreaves o 5 de agosto de 2005, na vitoria do FC Bayern München por 3 goles a 0 sobre o Borussia Mönchengladbach, válido pola Bundesliga.

O 9 de setembro, o 1. FC Dynamo Dresden converteu o primeiro gol en contra ao TSV 1860 München. O 5 de novembro de 2005, Miroslav Klose do SV Werder Bremen marcoulle o primeiro gol en contra ao FC Bayern München.

Durante o desenvolvemento da Copa Mundial da FIFA 2006 pasou a chamarse Estadio da Copa Mundial da FIFA de Múnic (alemán: FIFA WM-Stadion München), xa que a FIFA non permite ningún tipo de publicidade no nome dos estadios.

Esta restrición tamén é imposta pola UEFA, quen obrigou ao FC Bayern München a mudar o nome do estadio para os partidos válidos pola UEFA Champions League. Nesa instancia, o estadio denominouse München Area.

O 9 de xuño de 2006 disputouse o partido inaugural da Copa Mundial da FIFA 2006 (aínda que unha cerimonia inaugural de carácter cultural celebrouse un día antes en Berlín), entre a selección alemá de fútbol e a selección costarriqueña de fútbol.

 
Imaxe panorámica do interior do campo

Arquitectura editar

 
Paneis romboidais metálicos de ETFE
 
Interior do Allianz Arena

As proporcións do recinto deportivo son de 258 m de longo, 227 m de ancho, e 50 m de alto. As proporcións da súa cancha son de 105 m x 68 m.

A arquitectura externa do Allianz Area está composta de 2.874 paneis romboidais metálicos de ETFE (copolímero de etileno-tetrafluoretileno) a unha presión de 0,035 hPa. Cada panel pode iluminarse de xeito independente de cor branca, vermella ou azul. A intención é iluminar os paneis en cada partido coas cores do respectivo equipo local, ou de cor branca cando xoga de local a selección alemá.

Para a construción empregáronse aproximadamente 120.000 de formigón para o estadio e 85.000 m³ para os estacionamentos. Utilizáronse 22.000 t de aceiro para a construción do estadio e 14.000 t para a construción dos estacionamentos, cuxa extensión é de aproximadamente 270,000 .

Eventos editar

Copa Mundial de Fútbol de 2006 editar

O Estadio da Copa Mundial da FIFA de Múnic logrou ser unha das subsedes da Copa Mundial de Fútbol de 2006. Neste recinto disputáronse 4 dos 48 partidos da primeira fase.

No partido inaugural do torneo, disputado o 9 de xuño e correspondente ao grupo A, enfrontouse a selección alemá contra a selección costarriqueña. O resultado foi un categórico triunfo de 4:2 a favor de Alemaña, con goles de Lahm, Klose (en dúas oportunidades), e Frings. Os goles costarriqueños foron anotados por Wanchope. Este partido foi o partido inicial do torneo con maior número de goles anotados dende 1934.

O 14 de xuño xogouse o décimo sexto partido da primeira rolda (16), correspondente ao grupo H. Disputouse o "clásico musulmán" entre as seleccións de Arabia Saudita e Tunisia, nun partido que rematou empatado 2:2. Os goles de Tunisia foron anotados por Jaziri e Jaidi. Pola súa banda, os goles de Arabia Saudita foron marcados por Al Qahtani e Al Jaber.

No vixésimo sétimo partido da primeira rolda (27), disputado o 18 de xuño e correspondente ao grupo F, a selección brasileira derrotou por 2:0 á selección australiana, con goles de Adriano e o suplente Fred.

O 21 de xuño disputouse o trixésimo oitavo partido da primeira rolda (38), válido polo grupo C, onde se enfrontaron as seleccións de Costa do Marfil e de Serbia e Montenegro, cun triunfo de 3:2 a favor dos marfileses. Os goles da selección marfilesa foron anotados por Dindane (en dúas ocasións) e Kalou. Pola súa banda, os goles da selección de Serbia e Montenegro foron anotados por Nikola Žigić e Saša Ilić.

Ademais, neste recinto deportivo disputáronse 2 dos 16 partidos da segunda fase.

Disputouse o primeiro partido dos oitavos de final (49) o 24 de xuño, onde se enfrontaron as seleccións de Alemaña e de Suecia, cun triunfo de 2:0 a favor dos alemáns. Os goles da selección alemá foron anotados por Podolski.

O 5 de xullo disputouse o segundo partido da semifinal (62), onde se enfrontaron as seleccións de Portugal e de Francia. A selección francesa finalmente venceu por 1:0, grazas a un gol de penal, marcado por Zinedine Zidane.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar