Abrir o menú principal

A Fußball-Bundesliga é a competición entre os equipos de fútbol da máxima categoría de Alemaña. Comezouse a disputar en 1963, a partir dos campionatos rexionais ou zonais que se disputaban ata entón. Xunto coa Zweite Bundesliga ou 2. Bundesliga, forman as dúas divisións nacionais do fútbol alemán. En 1997 foi elixida como mellor campionato de primeira división de fútbol do mundo.

Fußball-Bundesliga
Meisterschale Schalke-Museum.jpg
Fundación1963
RexiónFlag of Germany.svg Alemaña
ConfederaciónFlag of Europe.svg UEFA
Equipos18
CopaDFB-Pokal
Descenso2. Bundesliga
InternacionalUEFA Champions League
UEFA Europa League
Actual campiónLogo FC Bayern München (2002–2017).svg Bayern München (29º título)
Máis laureadoLogo FC Bayern München (2002–2017).svg Bayern München (29 títulos)
TelevisiónSky Deutschland
ARD
ZDF
SPORT1
OrganizadorDeutscher Fußball-Bund
Sitio webwww.bundesliga.de
Soccerball current event.svg Bundesliga 2019-2020

Na Bundesliga o chamado clásico enfronta ao Bayern de Múnic contra o Werder Bremen.[1] Tamén existe outro clásico, o Schalke 04 contra o Borussia Dortmund, este é por razóns xeográficas.[2] Outro clásico é o chamado clásico do sur e o norte: o Bayern de Múnic contra o Hamburgo SV.[3]

A Bundesliga é considerada como a sexta mellor liga do mundo segundo a clasificación oficial da Federación Internacional de Historia e Estatística de Fútbol (IFFHS).[4]

Sistema de competiciónEditar

A tempada iníciase a principios de agosto e dura ata finais de maio, cunha pausa de inverno de seis semanas (mediados de decembro ata finais de xaneiro). A partir do novo contrato de televisión de 2006 xógase un partido o venres, 6 partidos o sábado e 2 o domingo.

Os equipos desta categoría enfróntanse todos contra todos seguindo un calendario establecido por sorteo. O gañador de cada partido ten tres puntos, o empate outorga un punto e a derrota, cero puntos. O que logre máis puntos ao final da tempada, será o gañador da liga.

O campión ten dereito a disputar a seguinte edición da Liga de Campións da UEFA, do mesmo xeito que o segundo clasificado. O terceiro lugar clasifica igualmente á competición, coa condición de pasar unha rolda previa antes de ir á rolda final. O cuarto e quinto lugar disputarán a UEFA Europa League. Se o campión de Copa clasifícase para a Liga de Campións, o finalista xogará a UEFA Europa League, independentemente da posición que ocupe na liga (xogará a UEFA Europa League ata se descende á segunda división).

Os dous últimos da clasificación descenden automaticamente á 2. Bundesliga (segunda división), intercambiándose cos dous primeiros clasificados desta. O antepenúltimo clasificado da Bundesliga disputará un play-off de promoción co terceiro clasificado da 2. Bundesliga, en partidos de ida e volta. O gañador terá unha cota na Bundesliga da seguinte tempada.

Participantes 2018/19Editar

PalmarésEditar

Dende a creación da Bundesliga, o Bayern Múnic acadou 23 campionatos, o Borussia Mönchengladbach acadou 5, o Werder Bremen e o Borussia Dortmund acadaron 4, e o Hamburgo SV e o VfB Stuttgart acadaron 3. Outros 6 clubs acadaron o título nalgunha ocasión.

O Hamburgo SV é o unico club que ten disputado tódalas edicións da Bundesliga dende a súa creación, en 1963.

Top 25 da táboa histórica da Bundesliga (1963-2011)
Equipo 2012 11 10 09 08 07 06 05 04 03 02 01 00 99 98 97 96 95 94 93 92 91 90 89 88 87 86 85 84 83 82 81 80 79 78 77 76 75 74 73 72 71 70 69 68 67 66 65 64 Anos Puntos Títulos
Bayern Múnic - 3 1 2 1 4 1 1 2 1 3 1 1 1 2 1 2 6 1 2 10 2 1 1 2 1 1 1 4 4 3 1 1 4 12 7 3 10 1 1 1 2 2 1 5 6 3 46 3022 21
Werder Bremen - 13 3 10 2 3 2 3 1 6 6 7 9 13 7 8 9 2 8 1 9 3 7 3 1 5 2 2 5 2 5 17 11 15 11 13 15 11 11 11 10 11 9 2 16 4 1 10 47 2488 4
  Hamburgo SV - 8 7 5 4 7 3 8 8 4 11 13 3 7 9 13 5 13 12 11 12 5 11 4 6 2 7 5 2 1 1 2 2 1 10 6 2 4 12 14 10 5 6 6 13 14 9 11 6 48 2477 3
  VfB Stuttgart - 12 6 3 6 1 9 5 4 2 8 15 8 11 4 4 10 12 7 7 1 6 6 5 4 12 5 10 1 3 9 3 3 2 4 16 9 6 8 12 7 5 8 12 11 12 5 46 2378 3
  Borussia Dortmund - 1 5 6 13 9 7 7 6 3 1 3 11 4 10 3 1 1 4 4 2 10 4 7 13 4 16 14 13 7 6 7 6 12 11 8 17 13 5 16 14 3 2 3 4 44 2269 4
  Borussia M'gladbach - 16 12 15 18 10 15 11 12 12 18 15 11 4 5 10 9 13 9 15 6 7 3 4 4 3 12 7 6 7 10 2 1 1 1 2 5 3 1 1 3 3 8 13 43 2130 5
  FC Colonia - 10 13 12 17 18 17 10 17 10 12 10 11 12 4 7 2 2 3 10 13 3 6 5 2 8 5 6 1 5 4 5 5 2 4 11 4 13 4 7 5 2 1 42 2110 2
  FC Kaiserslautern - 7 16 12 15 14 7 8 5 5 1 16 4 2 8 5 1 12 9 14 7 11 11 12 6 4 4 3 3 8 13 7 13 6 9 7 8 10 15 16 5 15 13 12 43 2071 2
  Schalke 04 - 14 2 8 3 2 4 2 7 7 5 2 13 10 5 12 3 11 14 10 11 18 13 10 8 16 17 8 15 9 2 6 7 7 15 2 6 9 7 15 15 14 16 8 43 2055 -
  Eintracht Frankfurt 17 10 13 9 14 14 16 17 14 15 17 9 5 3 3 4 3 16 9 15 15 12 16 10 8 5 9 5 7 4 9 3 4 8 5 15 8 8 6 4 7 8 3 43 1980 -
  Bayer Leverkusen - 2 4 9 7 5 5 6 3 15 2 4 2 2 3 2 14 7 3 5 6 8 5 8 8 6 6 13 7 11 16 11 12 32 1667 -
  VfL Bochum 17 14 12 8 16 5 9 18 17 12 5 16 16 15 14 16 15 12 11 9 9 15 13 10 9 10 8 14 15 14 11 14 12 9 34 1374 -
  Hertha Berlín - 18 4 10 10 6 4 12 5 4 5 6 3 11 18 18 16 14 3 10 11 2 8 13 6 3 3 14 14 14 29 1341 -
 FC Nuremberg - 6 16 16 6 8 14 17 15 16 16 13 7 15 8 14 5 9 12 18 14 13 14 17 17 1 10 6 6 9 29 1187 1
  MSV Duisburgo 18 18 18 8 8 9 17 9 19 18 12 14 13 6 9 10 14 15 10 14 7 15 12 7 11 8 7 2 28 1147 -
  Karlsruher SC 17 11 16 6 7 8 6 6 8 13 10 11 15 17 17 14 10 16 15 18 13 16 15 13 24 953 -
  Fortuna Düsseldorf 16 13 20 12 9 17 14 15 14 9 15 13 11 7 5 12 12 6 3 3 13 17 22 920 -
  Hannover 96 - 4 15 11 8 11 12 10 14 11 18 10 18 16 18 16 16 9 13 11 10 9 12 5 23 917 -
  Múnic 1860 17 10 9 11 4 9 13 7 8 14 16 13 16 17 10 12 2 1 4 7 20 884 1
  Eintracht Braunschweig 18 9 15 11 18 9 13 3 5 9 17 12 4 16 4 9 1 10 9 11 20 878 1
  VfL Wolfsburg - 15 8 1 5 15 15 9 10 8 10 9 7 6 14 14 654 1
  Arminia Bielefeld 18 15 12 13 13 16 17 18 14 16 8 8 12 15 16 18 14 17 598 -
  KFC Uerdingen 04 18 15 17 17 14 13 11 8 3 7 10 18 15 18 14 543 -
  Hansa Rostock 17 17 9 13 14 12 15 14 6 15 6 18 12 479 -
  SC Freiburg - 9 14 18 13 16 6 12 12 17 11 3 15 12 474 -
  • A táboa está baseada no sistema de 3 puntos por vitoria e 1 por empate, ainda que ese sistema aplícase só dende a tempada 1994-95. Os 25 equipos da táboa son aqueles que xogaron polo menos 10 tempadas na Bundesliga. O Hansa Rostock disputou a liga de Alemaña Oriental ate 1991.


NotasEditar

Ligazóns externasEditar