Werder Bremen
O Werder Bremen é un club de fútbol xermano da cidade de Bremen, na zona noroeste do estado do mesmo nome. Foi fundado en 1899 coma o FV Werder por un grupo de dezaseis estudantes.
SW Werder Bremen | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Nome | Sportverein Werder Bremen von 1899 e. V. | ||
Alcume(s) | Die Werderaner Die Grün-Weißen | ||
Fundación | 4 de febreiro de 1899 | ||
Estadio | Weserstadion, Bremen![]() | ||
Inauguración | 1924 | ||
Capacidade | 42.500 | ||
Presidente | ![]() | ||
Adestrador | ![]() | ||
Liga | 1. Bundesliga | ||
2012–13 | 14º | ||
Vestimenta | ![]() | ||
Patrocinador | ![]() | ||
Páxina web | www.werder.de | ||
| |||
HistoriaEditar
Nos seus comezos, o club obtivo bastantes éxitos, gañando un bo feixe de campionatos locais. Foron o primeiro equipo en cobrarlles ós espectadores por acudir aos encontros e tamén os primeiros en vaiar o seu campo. É no ano 1920 cando adoptan o nome actual SV Werder Bremen. Pouco despois, en 1922 convértense no primeiro equipo de Alemaña en contratar un adestrador profesional.
Coma outras organizacións da Alemaña, o club disolveuse por orde das forzas de ocupación aliadas despois da Segunda Guerra Mundial. Puideron reconstituilo a finais de 1945 coma Gymnastics and Sport Club Werder of 1945, que axiña trocou Sport Club Green White of 1899. Por fin, a comezos de 1946 puideron reclama-lo nome SV Werder. Neses intres ós xogadores profesionais non se lles permitía xogar na Alemaña.
Entre of remate da Guerra e a formación da Bundesliga en 1963 o club era recoñecido coma o segundo máis importante do norte, tra-lo Hamburger SV. En 1961 gañaron o seu primeiro título da Copa de Alemaña. Así, conseguiron unha praza na primeira división da Bundesliga cando esta se formou, e ao ano seguinte xa gañaran o títlo de liga.
Os anos 70 foi unha época de vacas fracas para o club que culminou co descenso na tempada 1980-81. Non tardarían en volver á división de honra.
A escadra recuperaríase baixo a dirección do adestrador Otto Rehhagel, que levou ao club o recupera-lo seu lugar coma un dos mellores clubs alemáns: Foron campións de liga en 1988 e 1993, subcampións en 1983, 1985, 1986 e 1995; na Copa foron campións en 1991 e 1994 e subcampións 1989 e 1990. En Europa fixéronse coa Recopa de Europa de Fútbol en 1992. En 1995 Rehhagel abandona o club tras unha impresionante traxectoria chea de éxitos.
Aínda que a marcha do técnico supúxolle ao club unha perda considerable, a escadra seguiu a estar na parte alta da táboa. Gañaron a Copa en 1999 e quedaron subcampións no 2000. No ano 2004 fixeron un "dobrete" ao gaña-la liga amais da Copa.
Nestes últimos anos é un habitual da Liga de Campións.
Club CultureEditar
O Werder Bremen ten una grande amizade co Rot-Weiss Essen, club que agora milita na 2ª división. Por outra banda, ocorre todo o contrario co Bayern Munich, co que manteñen unha forte rivalidade dende hai moitos anos. Nos últimos tempos tamén hai un forte rexeitamento ao FC Schalke 04, debido á súa política de levarse a algúns dos mellores xogadores do Werder facéndolles lucrativos contratos: Ailton, Mladen Krstajic, Frank Rost, Oliver Reck, e Fabian Ernst.
XogadoresEditar
Cadro actualEditar
|
|