Mario Gómez

futbolista alemán
(Redirección desde «Mario Gómez García»)

Mario Gómez García, nado en Riedlingen o 10 de xullo de 1985, é un futbolista alemán, que xoga na demarcación de dianteiro no VfB Stuttgart, e na selección alemá de fútbol. O seu traspaso do Stuttgart ó Bayern foi un récord na Bundesliga, ó facerse por 30-35 millóns de euros.

Mario Gómez
Información persoal
Nome Mario Gómez García
Nacemento 10 de xullo de 1985 (38 anos)
Lugar de nacemento Riedlingen
Altura 1,89 m.
Posición Dianteiro
Información de club
Club actual VfB Stuttgart
Número 27
Carreira xuvenil
SV Unlingen
FV Bad Saulgau
1999–2001 SSV Ulm 1846
2001–2003 VfB Stuttgart
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2003–2005 VfB Stuttgart II 43 (21)
2003–2009 VfB Stuttgart 121 (63)
2009–2013 Bayern de Múnic 115 (75)
2013–2016 Fiorentina 29 (7)
2015–2016Beşiktaş JK (cedido) 33 (26)
2016–2017 VfL Wolfsburg 45 (17)
2018– VfB Stuttgart
Selección nacional
2005–2006 Alemaña sub-21 9 (1)
2005 Alemaña B 2 (1)
2007– Alemaña 58 (25)
Na rede
http://www.mario-gomez.de
Facebook: mario33gomez Twitter: Mario_Gomez Instagram: mario FIFA: 216784 UEFA: 62588 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 18 de maio de 2013.
Selección: actualizado a 6 de febreiro de 2013.editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

De pai de orixe granadina Gómez naceu en Riedlingen. Medrou en Unlingen no estado de Baden-Württemberg, ó suroeste de Alemaña, a 95 km de Stuttgart e a 175 km ao suroeste de Múnic. Comezou a formarse futbolisticamente en clubs menores pasando pronto ás categorías inferiores do VfB Stuttgart, debutou co primeiro equipo en 2004 nun encontro de Liga de Campións ante o Chelsea FC e pouco despois na Bundesliga.

Na tempada 2004/05, aínda con ficha no filial anotou 15 goles en 24 encontros co mesmo. Na tempada seguinte xa se fixo un oco no primeiro equipo, disputando 30 encontros e anotando 6 goles

Na tempada 2006/07 converteuse nun dos máximos anotadores da Bundesliga a pesar de sufrir varias lesións, renovando co Stuttgart ata 2012. Ao ano seguinte foi o segundo máximo goleador do campionato ligueiro por detrás de Luca Toni e o máximo da Copa con 6 goles.

No verán de 2009 fichou polo Bayern de Múnic por unha cifra entre 30 e 35 millóns de euros. Na súa segunda tempada no club muniqués foi o segundo máximo anotador da Liga de Campións, por detrás de Samuel Eto'o, e o máximo da Bundesliga con 28 goles.

Na tempada 2012/13 e última no Bayern o equipo proclamouse campións da Liga de Campións.

Coa selección de fútbol editar

Ten nacionalidade española e alemá, decidíndose por xogar coa selección alemá. O seu primeiro partido coma internacional foi en febreiro de 2007 contra a selección suíza e foi convocado regularmente dende entón.

Disputou a Eurocopa de 2008 e 2012 e no Mundial de Fútbol Suráfrica 2010.

Vida persoal editar

Gómez é un notable portavoz sobre temas sociais, pensa que os homosexuais teñen que liberarse no fútbol e non preocuparse por iso. Gómez ten unha longa relación coa súa actual moza, Silvia Meichel.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar