Coordenadas: 51°33′18″N 0°06′31″O / 51.555, -0.10861111111111

O Emirates Stadium é o terceiro maior estadio de fútbol de Inglaterra, despois do mítico Old Trafford e do ultramoderno Wembley, e por tanto o segundo máis grande de Londres. O Emirates está situado ao norte de Londres, no barrio de Ashburton Grove, moi preto de Highbury Stadium. É propiedade do Arsenal F.C. e nel disputa os seus partidos como local. Ten unha capacidade de 60.355 espectadores sentados.[1]

Emirates Stadium
Inglaterra Emirates Stadium
Datos
LocalizaciónLondres, Inglaterra
Construción
Inauguración22 de xullo de 2006
ArquitectoHOK Sport
Custo£390 millóns
Estadio
SuperficieCéspede natural
Dimensións105 x 68
Capacidade60.355
PropietarioArsenal F.C.
LocalíaArsenal F.C.
Eventos
Copa do Mundo de Rugby 2015

Historia editar

 
Emirates Stadium.

Foi inaugurado no verán de 2006 nun partido amigable Arsenal FC e o Ajax Amsterdam como homenaxe ao xogador holandés Dennis Bergkamp. Creouse como novo estadio do Arsenal para substituír o antigo Highbury Stadium. Actualmente é usado para os partidos da Premier League.

Ten capacidade para 60.355 espectadores, o terreo de xogo conta cunha superficie de 105x68 metros e a súa construción custou uns 390 millóns de libras esterlinas, é dicir, 581 millóns de euros. O estadio foi deseñado pola compañía HOK Sport, que tamén deseñou o Estádio da Luz de Lisboa ou o Estadio Novo Wembley. O seu nome débese a un contrato por 15 anos con Emirates Airlines.

Elementos radioactivos editar

En decembro de 2006 atopáronse no estadio restos de polonio 210, material altamente radioactivo co que se envelenou ao exaxente soviético Aleksandr Litvinenko. Os sospeitosos do asasinato presenciaron o 1 de novembro o partido entre o Arsenal e o CSKA Moscova. Con todo as cantidades eran mínimas, e rapidamente informouse que non se trataba dun risco para a saúde pública.

Notas editar

  1. "Statement of Accounts and Annual Report 2006/2007" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 16 de febreiro de 2008. Consultado o 03 de febreiro de 2010. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar