Ferenc Puskás (en húngaro Puskás Ferenc), nado en Kispest (Budapest) o 2 de abril de 1927 e finado na mesma cidade o 17 de novembro de 2006, foi un lendario futbolista e despois adestrador húngaro. Está considerado coma un dos mellores xogadores de tódolos tempos e un dos goleadores máis efectivos, anotando 84 goles en 85 encontros internacionais para a selección húngara[Cómpre referencia] e 511 goles en 533 encontros na liga húngara de fútbol e na liga española de fútbol.

Infotaula de personaFerenc Puskás

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(hu) Puskás Ferenc Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Ferenc Purczeld Bíró Editar o valor em Wikidata
1 de abril de 1927 Editar o valor em Wikidata
Budapest, Hungría Editar o valor em Wikidata
Morte17 de novembro de 2006 Editar o valor em Wikidata (79 anos)
Budapest, Hungría Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Pneumonía Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaBasílica de Santo Estevo Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesPuskás Öcsi
El Cañoncito Pum
El Comandante Galopante
Pancho Puskas Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeHungría
España Editar o valor em Wikidata
Altura169 cm Editar o valor em Wikidata
Peso72 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista , adestrador de fútbol Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua húngara e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaHungría
España Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
- Reial Club Deportiu Espanyol de Barcelona
1943-1955 Budapest Honvéd FC 340(352)
1958-1966 Real Madrid Club de Fútbol 180(156) Editar o valor em Wikidata
  Selección nacional enllaç= enllaç=
1945-1956   Selección de fútbol de Hungría 85(84)
1961-1962   España 4(0) Editar o valor em Wikidata
  Adestrador enllaç= enllaç=
- El-Masry (pt) Traducir
1970-1974 Panathinaikos Editar o valor em Wikidata
Participou en
1962Mundial de Fútbol Chile 1962
1954Mundial de Fútbol Suíza 1954
1952Xogos Olímpicos de 1952 Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeErzsébet Hunyadvári (en) Traducir (1950–2006) Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webpuskas.com… Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0701118 FIFA: 174886 UEFA: 71683 Find a Grave: 16680115 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Durante os anos 50 converteuse no capitán e nunha das estrelas da selección húngara coñecida coma o Aranycsapat ("Equipo de ouro" en húngaro). Con Puskás estaban outros lendarios futbolistas coma Sándor Kocsis, Zoltán Czibor, József Bozsik ou Nándor Hidegkuti.

Puskás xogou para o Honvéd ata 1956, ano no que estoupou a Revolución Húngara. Este feito colleu ós xogadores fóra do país, por mor dunha eliminatoria de Copa de Europa contra o Athletic de Bilbao. Moitos negáronse a volver, e tentaron sacar ás súas familias de Hungría o antes posible. En 1958 ficha polo Real Madrid e alí xúntase con outros grandes xogadores coma Alfredo Di Stéfano, Francisco Gento, Raymond Kopa, Héctor Rial ou José Santamaria.

O que máis destacaba de Ferenc Puskás era o seu mortífero disparo coa perna esquerda, que non deixou de reportarlle goles ao longo de toda a súa carreira. Foi o máximo anotador da Liga Húngara en catro ocasións. Amais, nunha delas, en 1948, foi tamén o máximo anotador europeo (Bota de Ouro). Tempo despois, cando marchou ao Real Madrid gañou catro veces o Trofeo Pichichi e anotou sete goles en dúas finais da Copa de Europa

En 1995 foi galardoado coma o máximo anotador do século XX pola IFFHS.[1][2][3]

O 17 de novembro de 2006 Puskás morre en Budapest á idade de 79 anos.

Infancia e xuventude editar

O seu nome de pila era Ferenc Purczeld, apelido de orixe xermana. Á idade de dez anos o seu pai, tamén futbolista do Kispest FC, trocou seu apelido por Puskás, que o seu fillo Ferenc adoptou de inmedianto.[4] Unha tradución aproximada desta verba pode ser "escopeta".

Comeza a súa carreira coma xove promesa do Kispest, sendo o seu pai o adestrador do equipo. Neses anos empregaba outro nome Miklós Kovács, para poder aparentar unha idade maior da que realmente posuía, o que lle permitía xogar con rapaces maiores ca el.[5]. Oficialmente asinou contrato coa escuadra ós doce anos.

Entre os seus xoves compañeiros estaba seu amigo da infancia e futuro membro do "Equipo de Ouro" József Bozsik.

O seu debut con primeiro equipo do Kispest FC foi en novembro de 1943, nun encontro contra o Nagyvárad.[6]

Xogador editar

Hungría editar

En 1949 o Ministerio de Defensa Húngaro toma o control do Kispest, converténdoo no equipo de fútbol do Exército Húngaro e trocándolle o nome por Honvéd. Por mor disto, os xogadores comezaron a obter rangos militares. Por exemplo, o propio Puskas chegou a ser Maior, de aí que os ingleses o alcumaran "The Galloping Major".[4].

Sendo o club do exército, empregaron levas para fichar ós mellores futbolistas húngaros. Así conseguiron as fichaxes de estrelas coma Zoltán Czibor e Sándor Kocsis.[7].

Mentres ficou no Hónved, Ferenc axudou ao club a gañar cinco títulos da Liga Húngara. Tamén foi o máximo anotador da competición nas tempadas 1947/48, 1949/50, 1950 e 1953, con 50, 31, 25 e 27 goles respectivamente. A marca dos 50 serviulle tamén para se-lo máximo anotador de toda Europa, o que anos despois se deu en chamar Bota de Ouro.

Puskás fixo o súa estrea coa selección o 20 de agosto de 1945, nun encontro contra a Austria que rematou coa vitoria dos maxiares por 5-2. Aquí anota o primeiro dos seus goles co combinado maxiar.[8]

En total anotaría 84 goles en 85 encontros incluíndo dous tripletes á Austria, un a Luxemburgo e catro a Albania.[9].

Xunta Zoltán Czibor, Sándor Kocsis, József Bozsik e Nándor Hidegkuti formaría o núcleo dan lendaria escuadra que ficou 32 encontros sen coñece-la derrota.[10]

Ao longo desta etapa de imbatibilidade gañaron a medalla de Ouro nos Xogos Olímpicos de 1952, vencendo a Iugoslavia por 2-0 na final disputada en Helsinqui. Puskás anotaría catro goles no torneo.[9]. A pesar deste éxito aínda foi máis sonada a lección de fútbol que lle deron a Inglaterra no Estado de Wembley, cando en 1953 os derrotaron por 3-6. Isto converteunos no primeiro equipo da Europa continental en gañarlle á selección inglesa na súa propia casa.[8]. A humillación para os ingleses non remataría aquí. Ao ano seguinte, 1954, devólvenlles a visita e xogan un encontro en Budapest. Os maxiares vencen de novo, desta volta por 7-1. Puskás anotou dous goles en cada encontro contra Inglaterra.

En 1953 tamén conseguen gaña-la Copa Dr. Gerő, un trofeo entre seleccións nacionais da Europa Central que tardou cinco anos en completarse. Hungría remata na cabeza da clasificación con once puntos e Puskás é nomeado máximo anotador do torneo con 10 goles. O encontro que lles deu o trofeo foi a vitoria contra a Italia por 0-3 nun encontro disputado na cidade de Roma.

En 1954 disputase o Mundial de Suíza onde os húngaros son uns dos claros favoritos para alzarse co título de campión. Os dous primeiros encontros sáldanse con apisoantes vitorias a prol dos maxiares: 9-0 contra Corea do Norte e 8-3 contra Alemaña do Oeste, Puskás anotou un total de tres goles. Neste último encontro sofre unha mancadura no nocello que o vai afastar do once inicial ata a final.

Tras vencer ó Brasil no que se deu en chamar "A batalla de Berna", gánanlle tamén a Uruguai, plantándose na final.

O derradeiro e máis importante encontro do torneo ía enfrontar de novo ós húngaros contra a Alemaña do Oeste. O adestrador, Gusztáv Sebes decidiu que Puskás tiña que xogar a pesar de non terse recuperado totalmente do golpe no nocello. Aínda así, ós seis minutos de xogo anota o primeiro tanto para os maxiares. Czibor marca o segundo pouco despois e a vitoria semella encarrilada. Mais a escuadra xermana consegue empata-lo encontro antes do descanso.

Quedando só seis minutos para o remate do encontro, Alemaña adiántase no marcador grazas a un disparo coa perna esquerda de Helmut Rahn que bate a Grocsis. Catro mintus despois, Puskás empata de novo mais o tanto é anulado por un máis que dubidoso fóra de xogo. Ó final, 3-2 para os xermanos.

En 1956 o Honvéd clasifícase para a Copa de Europa, e son emparellados co Athletic de Bilbao na primeira rolda. No estado de San Mamés a escuadra vasca imponse por 3-2 e antes de xogarse o encontro de volta estoupa a Revolución Húngara en Budapest. Os xogadores maxiares néganse a retornar a Hungría neses intres e conseguen que se poida disputa-lo encontro en Bruxelas.[10].

A volta remataría cun resultado de empate 3-3 mais o Honvéd cae por un 6-5 no total da eliminatoria. Unha vez eliminados, sacan ás súas familias de Hungría e realizan unha xira con obxectivo de gañar algúns cartos, xa que neses intres case non tiñan ni para comer. A pesar da oposición da FIFA e das autoridades húngaras viaxan por Italia, Portugal, España e o Brasil. Tralo seu retorno á Europa os xogadores escollen cada un cadanseu camiño. Algúns coma Bozsik retornaron a Hungría, namentres que outros coma Czibor, Kocsis ou Puskás procuraron novos clubs na Europa do Oeste.

España editar

Despois do seu rexeitamento a regresar a Hungría, xogou uns cantos encontros amigables co RCD Español. Neses momentos os clubs italianos do A.C. Milan e a Juventus tentaban facerse cos seus servizos, mais a UEFA promulgou unha sanción de dous anos que lle impedía poder xogar en Europa. Neses anos estivo vivindo primeiro en Austria e logo marchou cara Italia.[10]

Tras cumprirse o prazo da sanción quixo fichar por algún club italiano, máis a súa idade (31 anos) e o seu peso fixeron que non recibira oferta algunha dos clubs máis importantes do Calcio.[7]. De calquera xeito, sorprendentemente o Real Madrid interesouse por contratalo e aquí, en 1958, comeza a segunda etapa da súa carreira futbolística.

Na súa primeira tempada de branco, a 1958/59, Puskás anotou catro tripletes, o primeiro deles xa no seu segundo encontro, o 21 de setembro de 1958 contra o Sporting de Gijón. En xaneiro el e mais Alfredo Di Stéfano conseguen un triplete por cabeza nun encontro contra a UD Las Palmas. Outras das súas actuacións memorables foron contra o Elche CF, facéndolle catro goles na 60/61 e cinco na 61/62. En 1963 faille dous tripletes ó FC Barcelona, un no Estadio Santiago Bernabéu e outro no Camp Nou.

En total, nas oito tempadas nas que ficou no Madrid, xogou 180 encontros de liga, anotando 156 goles. Nas súas seis primeiras tempadas rematou a liga cun mínimo de 20 goles e gañou o Trofeo Pichichi en catro ocasións: 1960, 1961, 1963 e 1964, con 26,27,26, e 20 goles respectivamente. Estes tantos axudaron á escuadra merengue a gaña-la liga cinco veces consecutivas entre os anos 1961 e 1965, así coma unha copa do xeneralísimo en 1962. Puskás anotou os dous goles do seu equipo na final contra o Sevilla FC.

No relativo ás competicións europeas, xogou un total de 39 encontros de Copa de Europa, anotando 35 goles. Na Copa de Europa da tempada 58-59 xogou un papel decisivo anotando nas semifinais contra o Atlético de Madrid, mais non puido disputa-la final por mor dunha mancadura.

De calquera xeito, ó ano seguinte comeza a campaña europea cun triplete contra o Jeunesse Esch, e na semifinal anotaría outros tres goles contra o FC Barcelona. A final contra o Eintracht Frankfurt pasaría á historia, co propio Ferenc e Alfredo Di Stéfano coma protagonistas indiscutibles. O encontro rematou 7-3, con catro goles de Puskás e tres de Di Stéfano.

Nas seguintes campañas europeas, aínda anotaría outros tres tripletes máis, incluíndo o da famosa vitoria do Benfica ó Madrid por 5-3, onde Eusébio foi a grande estrela da escuadra portuguesa.

En 1962, Puskás colle a cidadanía española[11] e chegaría a xogar catro encontros coa súa selección, participando no Mundial de 1962 no que non conseguirían pasar da primeira rolda, a pesar de contar con xogadores coma, amais do propio Puskás, Alfredo Di Stéfano, Francisco Gento ou Luis Suárez.

Adestrador editar

Tralo seu retiro coma xogador, emprende unha carreira de adestrador que o levará a percorrer medio mundo. O seu primeiro traballo foi no Hércules CF, no ano 1967.

En 1970 colle o mando do club grego do Panathinaikos FC, e ó ano seguinte lévao ata a final da Copa de Europa, que perde contra o Ajax Amsterdam de Johan Cruyff por 2-0. A día de hoxe segue a ser o único club do país helénico en chegar á final desta competición. Puskás ficou alí ó longo de cinco anos, durante os cales tamén se fixo con dous títulos de liga(1970 e 1972). Todos estes éxitos fixeron del un auténtico ídolo entre os seareiros do club, que aínda o consideran o mellor adestrador que endexamais tiveron.

No ano 1974 marcha de Grecia para facerse cargo do Real Murcia, en España. Pouco despois marchará para Chile, onde adestrará ó Colo-Colo.

Puskás porase á fronte dunha selección nacional por vez primeira en 1976, adestrando a Arabia Saudita. Despois dun ano, abandonaría o cargo para volver a Grecia, desta volta ó AEK Athens, conseguindo o sétimo campionato de liga para o club

En 1979 viaxa a Exipto co gallo de adestrar ó Al-Masry, unha das escuadras da primeira división exipcia. Ficará alí tres anos.

No ano 1985 volve a Suramérica, desta volta ó Paraguai, onde se fai cargo do Sol de América e despois do Cerro Porteño.

A derradeira escuadra que adestrou foi o South Melbourne Hellas australiano, conseguindo o campionato de liga no ano 1991. Logo de tres anos, volta finalmente a Hungría. Aquí tomará o mando da selección nacional ao longo dun ano, para despois retirarse definitivamente do fútbol profesional.

Retiro e derradeiros anos editar

A pesar de caer en desgraza a ollos do goberno, sempre foi considerado un heroe polo pobo húngaro. No ano 1993 as autoridades concédenlle o perdón e Puskás volta ó fogar, facéndose cargo por un tempo da Selección nacional.[12]

En 1998 é nomeado un dos primeiros embaixadores de boa vontade da FIFA.[13]

No ano 2002 o Népstadion de Budapest foi renomeado coma o Stadion Puskás Ferenc na súa honra. Tamén foi declarado mellor xogador húngaro dos últimos 50 anos pola Federación Húngara de Fútbol co gallo do 50 Aniversario da UEFA, en novembro de 2003.[14]

Foille diagnosticada a enfermidade de Alzhéimer en 2000.[15]. Ingresa nun hospital da capital húngara en setembro de 2006[16] do que xa non sairía con vida. O 17 de novembro morre Ferenc Puskás [15] ós 79 anos de idade a causa dunha pneumonía.

O seu enterro convértese nun funeral de estado, e o seu ataúde e trasladado desde o estado que leva o seu nome ata a Praza dos Heroes, onde foi despedido con vinte e unha salvas na súa honra. Os seus restos foron soterrados nunha basílica de Budapest o 9 de decembro de 2006.

Títulos e Galardóns editar

Xogador

Hungría

Honvéd

Real Madrid

Adestrador

Panathinaikos

South Melbourne Hellas

Goles internacionais editar

# Data Lugar Rival Goles Resultado Competición
1 20 de agosto, 1945 Budapest   Austria 5-2 vitoria Amigable
2 30 de setembro, 1945 Budapest   Romanía 7-2 vitoria Amigable
3 30 de setembro, 1945 Budapest   Romanía 7-2 vitoria Amigable
4 30 de outubro, 1946 Esch   Luxemburgo 7-2 vitoria Amigable
5 30 de outubro, 1946 Esch   Luxemburgo 7-2 vitoria Amigable
6 30 de outubro, 1946 Esch   Luxemburgo 7-2 vitoria Amigable
7 4 de maio, 1947 Budapest   Austria 5-2 vitoria Amigable
8 11 de maio, 1947 Turín   Italia 2-3 derrota Amigable
9 29 de xullo, 1947 Belgrado   Iugoslavia 3-2 vitoria Balkan Cup
10 12 de outubro, 1947 Bucarest   Romanía 3-0 vitoria Balkan Cup
11 12 de outubro, 1947 Bucarest   Romanía 3-0 vitoria Balkan Cup
12 21 de abril, 1948 Budapest   Suíza 7-4 vitoria Copa Dr. Gero
13 21 de abril, 1948 Budapest   Suíza 7-4 vitoria Copa Dr. Gero
14 6 de xuño, 1948 Budapest   Romanía 9-0 vitoria Balkan Cup
15 6 de xuño, 1948 Budapest   Romanía 9-0 vitoria Balkan Cup
16 24 de outubro, 1948 Bucarest   Romanía 5-1 vitoria Balkan Cup
17 24 de outubro, 1948 Bucarest   Romanía 5-1 vitoria Balkan Cup
18 24 de outubro, 1948 Bucarest   Romanía 5-1 vitoria Balkan Cup
19 10 de abril, 1949 Praga   Checoslovaquia 2-5 derrota Copa Dr. Gero
20 8 de maio, 1949 Budapest   Austria 6-1 vitoria Copa Dr. Gero
21 8 de maio, 1949 Budapest   Austria 6-1 vitoria Copa Dr. Gero
22 8 de maio, 1949 Budapest   Austria 6-1 vitoria Copa Dr. Gero
23 10 de xullo, 1949 Debrecen   Polonia 8-2 vitoria Amigable
24 10 de xullo, 1949 Debrecen   Polonia 8-2 vitoria Amigable
25 16 de outubro, 1949 Viena   Austria 4-3 vitoria Amigable
26 16 de outubro, 1949 Viena   Austria 4-3 vitoria Amigable
27 30 de outubro, 1949 Budapest   Bulgaria 5-1 vitoria Amigable
28 30 de outubro, 1949 Budapest   Bulgaria 5-1 vitoria Amigable
29 20 de novembro, 1949 Budapest   Suecia 5-0 vitoria Amigable
30 30 de abril, 1950 Budapest   Checoslovaquia 5-0 vitoria Amigable
31 30 de abril, 1950 Budapest   Checoslovaquia 5-0 vitoria Amigable
32 14 de maio, 1950 Viena   Austria 3-5 derrota Amigable
33 4 de xuño, 1950 Varsovia   Polonia 5-2 vitoria Amigable
34 4 de xuño, 1950 Varsovia   Polonia 5-2 vitoria Amigable
35 24 de setembro, 1950 Budapest   Albania 12-0 vitoria Amigable
36 24 de setembro, 1950 Budapest   Albania 12-0 vitoria Amigable
37 24 de setembro, 1950 Budapest   Albania 12-0 vitoria Amigable
38 24 de setembro, 1950 Budapest   Albania 12-0 vitoria Amigable
39 29 de outubro, 1950 Budapest   Austria 4-3 vitoria Amigable
40 29 de outubro, 1950 Budapest   Austria 4-3 vitoria Amigable
41 29 de outubro, 1950 Budapest   Austria 4-3 vitoria Amigable
42 27 de maio, 1951 Budapest   Polonia 6-0 vitoria Amigable
43 27 de maio, 1951 Budapest   Polonia 6-0 vitoria Amigable
44 18 de novembro, 1951 Budapest   Finlandia 8-0 vitoria Amigable
45 18 de novembro, 1951 Budapest   Finlandia 8-0 vitoria Amigable
46 27 de maio, 1952 Moscova   Unión Soviética 1-2 derrota Amigable
47 15 de xuño, 1952 Varsovia   Polonia 5-1 vitoria Amigable
48 15 de xuño, 1952 Varsovia   Polonia 5-1 vitoria Amigable
49 22 de xuño, 1952 Helsinqui   Finlandia 6-1 vitoria Amigable
50 24 de xullo, 1952 Kotka   Turquía 7-1 vitoria Xogos Olímpicos de 1952
51 24 de xullo, 1952 Kotka   Turquía 7-1 vitoria Xogos Olímpicos de 1952
52 28 de xullo, 1952 Helsinqui   Suecia 6-0 vitoria Xogos Olímpicos de 1952
53 2 de agosto, 1952 Helsinqui   Iugoslavia 2-0 vitoria Xogos Olímpicos de 1952
54 20 de setembro, 1952 Berna   Suíza 4-2 vitoria Copa Dr. Gero
55 20 de setembro, 1952 Berna   Suíza 4-2 vitoria Copa Dr. Gero
56 17 de maio, 1953 Roma   Italia 3-0 vitoria Copa Dr. Gero
57 17 de maio, 1953 Roma   Italia 3-0 vitoria Copa Dr. Gero
58 5 de xullo, 1953 Estocolmo   Suecia 4-2 vitoria Amigable
59 4 de outubro, 1953 Praga   Checoslovaquia 5-1 vitoria Amigable
60 25 de novembro, 1953 Londres   Inglaterra 6-3 vitoria Amigable
61 25 de novembro, 1953 Londres   Inglaterra 6-3 vitoria Amigable
62 12 de febreiro, 1954 O Cairo   Exipto 3-0 vitoria Amigable
63 12 de febreiro, 1954 O Cairo   Exipto 3-0 vitoria Amigable
64 23 de maio, 1954 Budapest   Inglaterra 7-1 vitoria Amigable
65 23 de maio, 1954 Budapest   Inglaterra 7-1 vitoria Amigable
66 17 de xuño, 1954 Zúric   Corea do Sur 9-0 vitoria Mundial de Fútbol Suíza 1954
67 17 de xuño, 1954 Zúric   Corea do Sur 9-0 vitoria Mundial de Fútbol Suíza 1954
68 20 de xuño, 1954 Basilea   Alemaña Federal 8-3 vitoria Mundial de Fútbol Suíza 1954
69 4 de xullo, 1954 Berna   Alemaña Federal 2-3 derrota Mundial de Fútbol Suíza 1954
70 8 de maio, 1955 Oslo   Noruega 5-0 vitoria Amigable
71 11 de maio, 1955 Estocolmo   Suecia 7-3 vitoria Amigable
72 11 de maio, 1955 Estocolmo   Suecia 7-3 vitoria Amigable
73 20 de maio, 1955 Helsinqui   Finlandia 9-1 vitoria Amigable
74 17 de setembro, 1955 Lausana   Suíza 5-4 vitoria Copa Dr. Gero
75 17 de setembro, 1955 Lausana   Suíza 5-4 vitoria Copa Dr. Gero
76 25 de setembro, 1955 Budapest   Unión Soviética 1-1 empate Amigable
77 16 de outubro, 1955 Budapest   Austria 6-1 vitoria Copa Dr. Gero
78 13 de novembro, 1955 Budapest   Suecia 4-2 vitoria Amigable
79 27 de novembro, 1955 Budapest   Italia 2-0 vitoria Copa Dr. Gero
80 19 de febreiro, 1956 Istambul   Turquía 1-3 derrota Amigable
81 29 de febreiro, 1956 Beirut   Líbano 4-1 vitoria Amigable
82 3 de xuño, 1956 Bruxelas   Bélxica 4-5 derrota Amigable
83 16 de setembro, 1956 Belgrado   Iugoslavia 3-1 vitoria Amigable
84 14 de outubro, 1956 Viena   Austria 2-0 vitoria Amigable

Notas editar

  1. "FIFA President: FIFA to help the Galloping Major". FIFA. 2005-10-12. Arquivado dende o orixinal o 07 de outubro de 2006. Consultado o 2006-11-17. 
  2. "Coronel Puskas, el zurdo de oro" (en Spanish). AS. 2006-11-17. Consultado o 2006-11-17. 
  3. Mackay, Duncan (2005-10-13). "Lineker tees up another nice little earner". Guardian Unlimited. Consultado o 2006-11-17.  Scroll down to subhead "Puskas memories for sale".
  4. 4,0 4,1 "Soccer Great Puskas dead at 79". TSN. Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2007. Consultado o 10 de decembro de 2006. 
  5. "Puskás, Hungary's greatest". uefa.com. Consultado o 27 de novembro de 2006. 
  6. "Obituary: Ferenc Puskas". The Guardian. Consultado o 27 de novembro de 2006. 
  7. 7,0 7,1 "Hall of Fame, Ferenc Puskas". IFHOF. Consultado o 10 de decembro de 2006. 
  8. 8,0 8,1 "Ferenc Puskas". The Times. Consultado o 10 de decembro de 2006. 
  9. 9,0 9,1 "Ferenc Puskás - Goals in International Matches". RSSSF. Consultado o 10 de decembro de 2006. 
  10. 10,0 10,1 10,2 "Galloping Major gave us finest hour at Hampden". The Scotsman. Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2007. Consultado o 10 de decembro de 2006. 
  11. "Ferenc Puskas dies aged 79". The Guardian. Consultado o 27 de novembro de 2006. 
  12. "Obituary:Ferenc Puskas". The Scotsman. 2003-11-20. Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2007. Consultado o 31 de xaneiro de 2007. 
  13. "SOS Children mourns Ferenc Puskas". SOS Children's Villages. 2005-11-17. Arquivado dende o orixinal o 10 de febreiro de 2007. Consultado o 2006-11-20. 
  14. "Golden Players take centre stage". UEFA. 2003-11-29. 
  15. 15,0 15,1 "Hungary legend Puskas dies at 79". BBC. 2006-11-17. 
  16. ,"Puskas 'taken to intensive care'". BBC. 2006-09-13. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar