Nándor Hidegkuti
Nándor Hidegkuti (nado o 3 de marzo de 1922 e morto o 14 de febreiro de 2002) foi un futbolista húngaro.
Nándor Hidegkuti | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Información persoal | |||
Nacemento | 3 de marzo de 1922 | ||
Lugar de nacemento | Budapest | ||
Falecemento | 14 de febreiro de 2002 | ||
Lugar de falecemento | Budapest | ||
Altura | 176 centímetros | ||
Posición | dianteiro, dianteira | ||
Na rede | |||
![]() ![]() ![]() | |||
[ editar datos en Wikidata ] | |||
TraxectoriaEditar
Hidegkuti xogou nunha posición revolucionaria para o seu tempo, como dianteiro centro atrasado, o que hoxe se chama comunmente mediapunta. Esta idea, propia do adestrador nacional húngaro Gusztáv Sebes facía tolear aos defensas que o marcaban, nunha época na cal as posicións dos xogadores no campo acostumaban a ficar sempre invariábeis.
É coñecido polo seu hat-trick á Inglaterra na famosa vitoria húngara por 6-3. En total, coa selección xogou 69 encontros e anotou 39 goles. Ó longo deses anos, tomou parte nas xestas do Equipo d'Ouro, coma o subcampionato do Mundial de 1954 e o Ouro Olímpico en 1952.
En canto á súa carreira nos clubs, estivo 14 anos no MTK, gañando 3 campionatos, en 1951, 1953 e 1958. Xa de adestrador, levou á Fiorentina ao título da Recopa de Europa de fútbol en 1961. Despois desfrutou dunha exitosa carreira como adestrador en Exipto.