Gusztáv Sebes
Gusztáv Sebes, nado o 21 de xuño de 1906 e finado o 30 de xaneiro de 1986, foi un xogador e adestrador de fútbol húngaro.
Gusztáv Sebes | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Información persoal | |||
Nacemento | 22 de xaneiro de 1906 | ||
Lugar de nacemento | Budapest | ||
Falecemento | 30 de xaneiro de 1986 | ||
Lugar de falecemento | Budapest | ||
Posición | centrocampista | ||
[ editar datos en Wikidata ] | |||
TraxectoriaEditar
Sebes foi un xogador de fútbol de certo éxito na liga húngara, tanto no Vasas SC como no MTK Budapest. No ano 1949 converteuse no adestrador do equipo nacional e formou un conxunto baseado nos equipos do exército, o Honvéd e o MTK. Esta selección sería coñecida mundialmente coma O equipo de Ouro. Tacticamente introduciu bastantes novidades, atrasando a un dos dianteiros, e converténdoo no que hoxe no fútbol se denomina mediapunta. Tamén aplicou un sistema no cal todo o equipo participaba tanto no ataque coma na defensa. El chamaba a este estilo "Fútbol Socialista", lóxico nunha persoa cunhas fortes convicións políticas. Vinte anos despois os holandeses empregaron unha forma de xogar moi semellante que deron en chamar Fútbol Total.
Entre os éxitos coa selección está a medalla de Ouro nos Xogos Olímpicos de 1952 e o subcampionato no Mundial de 1954
Morreu en 1986 ós 79 anos de idade.