Selección de fútbol de Iugoslavia

A selección nacional de fútbol de Iugoslavia foi o equipo que representou ao Reino de Iugoslavia e á República Federal Socialista de Iugoslavia nas competicións internacionais de fútbol até a desintegración do país en 1992. A selección estaba rexida pola Fudbalski Savez Jugoslavije, federación creada en Zagreb no ano 1919, e de seguido foi admitida na FIFA. No ano 1929 o país troca o nome do reino polo de Iugoslavia e xa un ano despois participa no primeiro mundial de fútbol, no Uruguai, caendo finalmente nas semifinais.

Iugoslavia
Actual campión da Copa do Mundo
Actual campión da Eurocopa
Actual campión da Copa de África
Actual campión da Copa América
Actual campión da Copa Ouro
Actual campión da Copa Asiática
Actual campión da Copa das Nacións da OFC
Na casa
Fóra
Asociación Fudbalski Savez Jugoslavije
Confederación UEFA (Europa)
Código FIFA YUG
Alcume Plavi (Azuis)
Clasificación FIFA {{{Ranking}}}
Clasificación ConIFA {{{Ranking ConIFA}}}
Seleccionador Veljko Ugrinić (primeiro)
Ivica Osim (último)
Máis encontros Dragan Džajić (85)
Máximo goleador Stjepan Bobek (38)
Estrea internacional
Checoslovaquia Checoslovaquia 7 − 0 Reino de Iugoslavia Iugoslavia
Anveres, Bélxica; 5 de abril de 1908
Último encontro
Países Baixos Países Baixos 2 − 0 Iugoslavia Iugoslavia
Ámsterdam, Países Baixos; 25 de marzo de 1992
Maior vitoria
Iugoslavia Iugoslavia 10 − 0 Venezuela (1954-2006) Venezuela
Curitiba, Brasil; 14 de xuño de 1972
Maior derrota
Checoslovaquia Checoslovaquia 7 − 0 Reino de Iugoslavia Iugoslavia
Anveres, Bélxica; 5 de abril de 1908
Uruguai Uruguai 7 − 0 Reino de Iugoslavia Iugoslavia
París, Francia; 26 de maio de 1924
Checoslovaquia Checoslovaquia 7 − 0 Reino de Iugoslavia Iugoslavia
Praga, Checoslovaquia; 28 de outubro de 1925
Copa do Mundo
Participacións 8 (primeira en 1930)
Mellor resultado Cuarto lugar (1930, 1962)
Eurocopa
Participacións 4 (primeira en 1960)
Mellor resultado Subcampións (1960, 1968)

Trala segunda guerra mundial o país convértese nunha república socialista e a federación vólvese constituír despois dos anos da guerra. O maior logro da selección nesta época foi gaña-los Xogos Olímpicos de 1960. O xogador que máis partidos diputou coa selección foi Dragan Džajić, que xogou 85 encontros entre 1964 e 1979, sendo o máximo goleador de tódolos tempos Stjepan Bobek, que anotou 38 goles entre 1946 e 1956. Cómpre destacar que o equipo sub-21 gañou o Campionato de Europa en 1978, e anos despois o sub-20 foi campión do mundo no ano 1987. Con todo, esta xeración perdeuse para o fútbol de seleccións durante uns anos mentres non rematou a Guerra de Iugoslavia. Despois da desintegración do estado, Serbia e Montenegro seguiu a empregar o nome de Iugoslavia até o ano 2003. Dende aquela a selección quedou fragmentada nas seleccións de Bosnia e Hercegovina, Croacia, Eslovenia, Macedonia, Montenegro e Serbia.

Historia

editar

O primeiro equipo nacional iugoslavo foi durante o reino que existiu entre as dúas guerras mundiais. A Federación de Fútbol do que entón era o Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos foi fundada en Zagreb en 1919 baixo o nome de Jugoslovenski nogometni savez, sendo admitida na FIFA en 1923. Así, o equipo nacional xogou o seu primeiro partido internacional nos Xogos Olímpicos de Anveres en 1920, sendo o seu opoñente Checoslovaquia, o once inicial que presentou a selección do Reino foi: Vrđuka, Župančić, Šifer, Tavčar, Cindrić, Rupec, Vragović, Dubravčić, Perška, Granec e Ružić. Con todo, Iugoslavia perdeu por unha ampla marxe (0-7).

En 1929 o país pasou a chamarse oficialmente Iugoslavia, e a federación trasladou a súa sede central a Belgrado. Ao ano seguinte, o combinado nacional participou no primeiro mundial de fútbol, no que acabou na cuarta praza. No seu primeiro partido de mundial, en Montevideo, Iugoslavia venceu por 2-1 contra a poderosa selección do Brasil, saíndo ao terreo de xogo coa seguinte aliñación: Jakšić, Sekulić, Tirnanić, Ivković, Bek, Đokić, Marjanović, Arsenijević, Vujadinović, Mihajlović e Stefanović. Con todo, o equipo só consitía en xogadores serbios, xa que a selección foi boicoteada polos croatas polo traslado da Federación de Zagreb a Belgrado.

A federación e o fútbol en xeral foi interrompido pola segunda guerra mundial. Despois da guerra foi formada a federación socialista, e a federación de fútbol restituída. Así, en 1954, foi un dos membros fundadores da UEFA e anos despois organizaou a Eurocopa de fútbol de 1976, que se xogou integramente entre Belgrado e Zagreb. A selección participou en oito copas do mundo, catro Eurocopas e gañou a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de 1960 (ademais de tres de prata e unha de bronce). O xogador que máis partidos diputou coa selección foi Dragan Džajić, que xogou 85 encontros entre 1964 e 1979 e o máximo goleador foi Stjepan Bobek, que anotou 38 goles entre 1946 e 1956.

Resultados

editar

Copa Mundial de Fútbol

editar
Ano Fase Posición PX PG PE PP GF GC
  Uruguai 1930 Semifinais 3 2 0 1 7 7
  Italia 1934 Non clasificado
  Francia 1938
  Brasil 1950 Primeira fase 3 2 0 1 7 3
  Suíza 1954 Cuartos de final 3 1 1 1 2 3
  Suecia 1958 Cuartos de final 4 1 2 1 7 7
  Chile 1962 Semifinais 6 3 0 3 10 7
  Inglaterra 1966 Non clasificado
  México 1970
  Alemaña 1974 Cuartos de final 6 1 2 3 12 7
  Arxentina 1978 Non clasificado
  España 1982 Primeira fase 16° 3 1 1 1 2 2
  México 1986 Non clasificado
  Italia 1990 Cuartos de final 5 3 1 1 8 6
  Estados Unidos 1994 Disolto
Total 32 14 7 12 55 42

Eurocopa

editar
Ano Fase Posición PX PG PE PP GF GC
  Francia 1960 Subcampión 2 1 0 1 1 2
  España 1964 Non clasificado
  Italia 1968 Subcampión 3 1 1 1 2 3
  Bélxica 1972 Non clasificado
  Iugoslavia 1976 Semifinais 2 0 0 2 4 7
  Italia 1980 Non clasificado
  Francia 1984 Primeira fase 3 0 0 3 2 10
  Alemaña Federal 1988 Non clasificado
  Suecia 1992 Clasificado, mais non participou
Total 10 2 1 7 9 32

Enfrontamentos

editar
Rival P G E D %V %E %D
  Alemaña 25 8 3 14 32.00 12.00 56.00
  Arxentina 6 2 1 3 33.33 16.67 50.00
  Brasil 14 2 6 6 14.28 42.86 42.86
  Bulgaria 28 17 5 6 60.71 17.85 21.43
  Checoslovaquia 31 9 4 18 29.03 12.90 58.06
  Corea do Sur 3 3 0 0 100.00 00.00 00.00
  Emiratos Árabes 1 1 0 0 100.00 0.00 0.00
  España 16 5 4 7 31.25 25.00 43.75
  Francia 25 10 7 8 40.00 28.00 32.00
  Inglaterra 14 4 5 5 28.57 35.71 35.71
  Portugal 5 2 0 3 40.00 00.00 60.00
  Romanía 40 17 5 18 42.50 12.50 45.00
  Suecia 11 5 2 4 45.45 18.18 36.36
  Unión Soviética 17 2 4 11 11.76 23.53 64.71

Xogadores

editar

Máis partidos disputados

editar

Adestradores

editar

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar