Xogos Olímpicos de 1960
Os Xogos Olímpicos de Verán de 1960 foron realizados en Roma, a Cidade Eterna, capital de Italia, cincuenta e dous anos despois de desistir da organización dos Xogos por causa dunha erupción do volcán Vesuvio, que consumiu a maior parte dos recursos do Estado na atención das vítimas da catástrofe. Tendo finalmente a súa oportunidade, os romanos aproveitaron para xuntar a tradición antiga dos gregos coa súa propia antiga e dramática historia. As competicións de levantamento de peso realizáronse na Basílica de Maxentius, a ximnasia nas Termas de Caracalla e o Arco de Constantino, o famoso monumento en homenaxe ó primeiro emperador romano cristián, marcou a chegada do maratón.
![]() | |
Cidade anfritioa | Roma, Italia |
---|---|
Nacións | 83 |
Atletas | 5 338 (4 727 homes, 611 mulleres) |
Eventos | 150 en 17 deportes (23 disciplinas) |
Apertura | 25 de agosto de 1960 |
Clasura | 11 de setembro de 1960 |
Inaugurado por | Presidente Giovanni Gronchi[1] |
Lapa olímpica | Giancarlo Peris[1] |
Estadio | Stadio Olimpico |
Anterior | Melbourne 1956 |
Seguinte | Toquio 1964 |
Abertos o 25 de agosto e rematando o 11 de setembro, os Xogos de Roma tiveron a participación de 5.338 atletas, entre eles 611 mulleres, representando a 83 estados dos cinco continentes e foron transmitidos en vivo por máis de cen canles de televisión de 18 países de Europa e mostrados en vídeo tape horas despois nos Estados Unidos, o Canadá e o Xapón.
CuriosidadesEditar
As seccións de curiosidades e anécdotas deben ser evitadas. Axude a mellorar este artigo, integrando no corpo do texto as informacións relevantes e verificadas e retirando as superfluas ou impropias. |
- O etíope Abebe Bikila convértese no primeiro africano en gañar unha medalla de ouro nuns Xogos Olímpicos, ó vencer de maneira sensacional o maratón no último día dos Xogos de Roma. Soldado da garda persoal do Emperador Haile Selassie, Bikila gañou a máis dura proba olímpica correndo descalzo polas rúas romanas, baixo unha calor de case 30º e quebrando o récord mundial da modalidade ó cruzar a liña de chegada, localizada exactamente debaixo do Arco de Constantino, símbolo do poder romano e italiano que invadiu e conquistou Etiopía, o seu país natal, na época do goberno do ditador fascista Benito Mussolini, o que deu ó seu feito a dimensión heroica e dramática que o transformaría nunha lenda e no exemplo para todos os atletas africanos, que a partir desta década comezaron a dominar todas as probas de longa distancia do atletismo mundial.
- O gran protagonista do boxeo foi o afroamericano Cassius Clay, de vinte anos de idade, que conquistou o ouro na categoría semi-pesado. Nos anos seguintes, abrazaría a fe musulmá, trocaría o nome polo de Muhammad Ali e se convertería no maior puxilista de todos os tempos.
- O dinamarqués Paul Elvstrøm gaña por cuarta vez consecutiva a medalla de ouro en Vela, clase Finn, tornándose o maior campión olímpico da Vela na historia dos Xogos.
- Despois de gañar a medalla de prata por tres Xogos consecutivos, Iugoslavia finalmente gaña a medalla de ouro no fútbol.
- Atletas do equipo feminino de ximnasia da Unión Soviética gañaron 15 das 16 medallas de ouro posibles en Roma e, por segunda vez, na súa terceira participación, os soviéticos baten ós antes eternos campións norteamericanos no cadro de medallas.
- A norteamericana Wilma Rudolph, portadora de poliomielite na infancia, conquista tres medallas de ouro no atletismo feminino, nos 100, 200 e relevo 4X100m.
- A nota triste foi a morte do ciclista danés Knut Jensen, que tivo un colapso provocado pola inxestión de anfetaminas na súa proba do Ciclismo e morreu no hospital. Foi a segunda vez que un competidor morreu disputando unha proba nos Xogos Olímpicos. O primeiro foi o corredor portugués Francisco Lázaro no maratón dos Xogos de Estocolmo en 1912.
Modalidades disputadasEditar
Cadro de medallasEditar
Cadro de Medallas | |||||
---|---|---|---|---|---|
Posición | País | Total | |||
1 | URSS | 43 | 29 | 31 | 103 |
2 | Estados Unidos | 34 | 21 | 16 | 71 |
3 | Italia | 13 | 10 | 13 | 36 |
4 | Equipo Unido de Alemaña | 12 | 19 | 11 | 42 |
5 | Australia | 8 | 8 | 6 | 22 |
6 | Turquía | 7 | 2 | 0 | 9 |
7 | Hungría | 6 | 8 | 7 | 21 |
8 | Xapón | 4 | 7 | 7 | 18 |
9 | Polonia | 4 | 6 | 11 | 21 |
10 | Checoslovaquia | 3 | 2 | 3 | 8 |
NotasEditar
- ↑ 1,0 1,1 "Factsheet - Opening Ceremony of the Games of the Olympiad" (PDF) (Nota de prensa). International Olympic Committee. 9 de outubro de 2014. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de agosto de 2016. Consultado o 22 de decembro de 2018.