Xogos Olímpicos de 1964
Os Xogos da XVIII Olimpíada foron realizados en Toquio, no Xapón, entre o 10 e o 24 de outubro de 1964, sendo os primeiros Xogos Olímpicos realizados en Asia. A cidade xa conquistara o dereito de realizalos en 1940, pero a invasión da China polo Xapón os transferiu para Helsinqui, en Finlandia. Co estourido da segunda guerra mundial en 1939, os Xogos de 1940 foron finalmente cancelados.
![]() | |
Sede | Toquio, ![]() |
---|---|
Nacións | 93 |
Atletas | 5 151 (4 473 homes, 678 mulleres) |
Eventos | 163 en 19 deportes (25 disciplinas) |
Apertura | 10 de outubro de 1964 |
Clasura | 24 de outubro de 1964 |
Inaugurado por | Emperador Hirohito[1] |
Lapa olímpica | Yoshinori Sakai[1] |
Estadio | Estadio Nacional de Toquio |
En 1958, Toquio conquistou finalmente o dereito de cidade-sede para o ano de 1964, derrotando na votación do Comité Olímpico Internacional as cidades de Detroit, Bruxelas e Viena.
Abertos polo Emperador Hiroito en persoa, coa presenza de 5.151 atletas de 93 estados, o momento máis simbólico do evento foi a entrada no estadio, cargando a facho olímpico, do mozo Yoshinori Sakai, de 19 anos, nacido en Hiroshima o día 6 de agosto de 1945, o mesmo día no que a bomba atómica foi detonada sobre a cidade. A súa escolla foi unha homenaxe ás vítimas do holocausto nuclear e unha chamada á paz mundial.
Modalidades disputadasEditar
Cadro de medallasEditar
Cadro de Medallas | |||||
---|---|---|---|---|---|
Posición | País | Total | |||
1 | Estados Unidos | 36 | 26 | 28 | 90 |
2 | URSS | 30 | 31 | 35 | 96 |
3 | Xapón | 16 | 5 | 8 | 29 |
4 | Equipo Unido de Alemaña | 10 | 22 | 18 | 50 |
5 | Italia | 10 | 10 | 7 | 27 |
6 | Hungría | 10 | 7 | 5 | 22 |
7 | Polonia | 7 | 6 | 10 | 23 |
8 | Australia | 6 | 2 | 10 | 18 |
9 | Checoslovaquia | 5 | 6 | 3 | 14 |
10 | Reino Unido | 4 | 12 | 2 | 18 |
NotasEditar
- ↑ 1,0 1,1 "Factsheet – Opening Ceremony of the Games of the Olympiad" (PDF) (Nota de prensa). International Olympic Committee. 9 de outubro de 2014. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de agosto de 2016. Consultado o 22 de decembro de 2018.