Xogos Olímpicos de 1968

Os Xogos Olímpicos de 1968 foron realizados en Cidade de México entre o 12 e o 27 de outubro de 1968. Por primeira vez os Xogos celebráronse en América Latina e a altitude de 2.300m por riba do nivel do mar da capital mexicana xerou controversias sobre os danos que o aire menos denso podería causar no desempeño dos atletas. Realmente, a altitude prexudicou o desempeño dos atletas nas probas de resistencia e de longa distancia, como o ciclismo, a natación e o maratón, mais en compensación axudou a provocar un torrente de marcas mundiais e olímpicas nos eventos máis curtos e de esforzo mais rápido como as carreiras de menos de 800m, halterofilia, lanzamento de xavelina e outros.

Xogos Olímpicos de 1968
1968 Mexico emblem.svg
Cidade anfritioaCidade de México, México
Nacións112
Atletas5 516 (4 735 homes, 781 mulleres)
Eventos172 en 18 deportes (24 disciplinas)
Apertura12 de outubro de 1968
Clasura27 de outubro de 1968
Inaugurado porPresidente Gustavo Díaz Ordaz[1]
Lapa olímpicaEnriqueta Basilio[1]
EstadioEstadio Olímpico Universitario
AnteriorToquio 1964
SeguinteMúnic 1972

O ano de 1968 foi un ano bastante confuso e violento, coa guerra de Vietnam, a Revolución Cultural na China, a invasión soviética de Checoslovaquia acabando coa chamada Primavera de Praga , revoltas estudantís, marchas polos dereitos civís e enfrontamentos raciais por todo o planeta. México tamén deu a súa contribución ó clima que marcaba esta época, cando tropas federais do goberno reprimiron sanguinariamente a centenares de estudantes durante manifestacións na Praza das Tres Culturas, dez días antes da cerimonia de apertura dos Xogos, no que ficou coñecido como o Masacre de Tlatelolco, manchando irremediablemente o espírito olímpico pregado polo COI e polo seu fundador, o Barón de Coubertin, provocando case o cancelamento do evento.

Por primeira vez o número de estados participantes pasaba de cen, nunha demostración de prestixio, interese e popularidade inegables conquistados polos Xogos Olímpicos, que atraeron o comparecemento de 112 países, nun total de 5.516 atletas, sendo 781 mulleres.

Modalidades disputadasEditar

 
Participantes

Cadro de medallasEditar

Cadro de Medallas  
Posición País                   Total
1   Estados Unidos 45 28 34 107
2   URSS 29 32 30 91
3   Xapón 11 7 7 25
4   Hungría 10 10 12 32
5   Alemaña do Leste 9 9 7 25
6   Francia 7 3 5 15
7   Checoslovaquia 7 2 4 13
8   Alemaña do Oeste 5 11 10 26
9   Australia 5 7 5 17
10   Reino Unido 5 5 3 13

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 "Factsheet - Opening Ceremony of the Games of the Olympiad" (PDF) (Nota de prensa). International Olympic Committee. 9 de outubro de 2014. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de agosto de 2016. Consultado o 22 de decembro de 2018. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar