Xogos Olímpicos de 1956
Os XVI Xogos Olímpicos de 1956 foron realizados na cidade de Melbourne, en Australia, entre os días 22 de novembro e 8 de decembro, coa participación de 72 estados, representados por 3314 atletas, sendo 376 mulleres.
Cidade anfritioa | Melbourne, Australia / Estocolmo, Suecia |
---|---|
Nacións | 72 |
Atletas | 3 314 (2 938 homes, 376 mulleres) |
Eventos | 151 en 17 deportes (23 disciplinas) |
Apertura | 22 de novembro de 1956 |
Clasura | 8 de decembro de 1956 |
Inaugurado por | Filipe de Edimburgo[1] |
Lapa olímpica | Ron Clarke[1] |
Estadio | Melbourne Cricket Ground |
Anterior | Helsinqui 1952 |
Seguinte | Roma 1960 |
Por primeira vez unha das modalidades deportivas dos Xogos non foi realizada nin na cidade nin no país anfitrión, xa que a hípica transferiuse a Estocolmo, Suecia, disputándose cinco meses antes de Melbourne polo que se impedía a entrada de cabalos estranxeiros no país.
Infelizmente, a política internacional, extremadamente tensa naqueles días de guerra fría, foi responsable dos primeiros boicots e desistencias dos Xogos Olímpicos. A invasión da Hungría por tropas soviéticas naquel ano causou a desistencia de España, Países Baixos e Suíza. Os exipcios, iraquís e libaneses boicotearon o evento en protesta pola presenza anglo-francesa, intervindo con tropas na cuestión do Canal de Suez.
CuriosidadesEditar
As seccións de curiosidades e anécdotas deben ser evitadas. Axude a mellorar este artigo, integrando no corpo do texto as informacións relevantes e verificadas e retirando as superfluas ou impropias. |
- Vladimir Kutz mostra a forza do atletismo soviético ó conquistar o ouro nas probas de 5.000 e 10.000m, fazaña conseguida antes tan só polos fantásticos finlandeses da primeira metade do século e pola “Locomotora Humana”, o checo Emil Zátopek.
- A raíña destes Xogos, para delirio dos anfitrións, foi a australiana Betty Cuthbert, de dezaoito anos, alcumada “Golden Girl” e campioa olímpica nos 100, 200 e 4x100m no atletismo.
- Os alemáns occidentais e orientais participaron xuntos nun equipo mixto, como farían nos próximos dous eventos.
- A nadadora Dawn Frazer brillou nas piscinas liderando o equipo australiano na vitoria do relevo 4x100 e conquistando o ouro nos 100m nado libre.
- En Melbourne, o Comité Olímpico Internacional acolleu a suxestión dun xove carpinteiro chinés que vivía no país, chamado John Wing, e estableceu que o desfile da festa de clausura de alí en diante debería ser feito con todos os atletas mesturados, simbolizando a unión dos pobos.
Modalidades disputadasEditar
Cadro de medallasEditar
Cadro de Medallas | |||||
---|---|---|---|---|---|
Posición | País | Total | |||
1 | URSS | 37 | 29 | 32 | 98 |
2 | Estados Unidos | 32 | 25 | 17 | 74 |
3 | Australia | 13 | 8 | 14 | 35 |
4 | Hungría | 9 | 10 | 7 | 26 |
5 | Italia | 8 | 8 | 9 | 25 |
6 | Suecia | 8 | 5 | 6 | 19 |
7 | Equipo Unido de Alemaña | 6 | 13 | 7 | 26 |
8 | Gran Bretaña | 6 | 7 | 11 | 24 |
9 | Romanía | 5 | 3 | 5 | 13 |
10 | Xapón | 4 | 10 | 5 | 19 |
NotasEditar
- ↑ 1,0 1,1 "Factsheet – Opening Ceremony of the Games of the Olympiad" (PDF) (Nota de prensa). International Olympic Committee. 13 de setembro de 2013. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de agosto de 2016. Consultado o 22 de decembro de 2018.