Stjepan Bobek

futbolista croata

Stjepan Bobek, nado o 3 de decembro de 1923 en Zagreb, por aquel entón Reino de Iugoslavia, e finado o 22 de agosto de 2010 en Belgrado foi un xogador e adestrador de fúbtol da RFS de Iugoslavia que xogaba na demarcación de dianteiro. En 1995 foi nomeado mellor xogador FK Partizan.

Stjepan Bobek
Stjepan Bobek.jpg
Información persoal
Nome Stjepan Bobek
Nacido 3 de decembro de 1923 (97 anos)
Lugar Zagreb
Falecido 22 de agosto de 2010
Lugar Belgrado
Posición Dianteiro
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1944-1945 Građanski Zagreb
1945-1959 FK Partizan 468 (425)
Selección nacional
1946-1956 Iugoslavia 63 (38)
Adestrador
1959 Legia Warszawa
1960-1963 FK Partizan
1963 Legia Warszawa
1963-1967 Panathinaikos
1967-1969 FK Partizan
1969-1970 Olympiacos FC
1970 Altay SK
1972 NK Dinamo Zagreb
1974-1975 Panathinaikos
1976-1978 Espérance Sportive de Tunis
1978-1981 FK Vardar
FK Zemun
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

A nivel internacional é o máximo goleador da historia da Selección de fútbol de Iugoslavia con 38 goles, coa que foi dúas veces medalla de ouro nos Xogos Olímpicos, en 1948 e 1952.

TraxectoriaEditar

Coma xogadorEditar

Comezou a xogar en equipos da súa cidade natal para debutar profesionalmente no Građanski Zagreb antes de fichar polo FK Partizan, equipo no que pasou os mellores ano da súa carreira e pasou a historia do club. No equipo serbio foi o máximo goleador da liga iugoslava en dúas ocasións, en 1945 e 1954 e estableceu o récord de goles nun so encontro da liga, anotando nove ante o 14. Oktobar Niš. Co equipo de Belgrado proclamouse campión dúas veces da Liga de Iugoslavia e catro da Copa.

Coa Selección de fútbol de Iugoslavia disputou dous Mundiais de fútbol, Brasil 1950 e Suíza 1954. Tamén participou nos Xogos Olímpicos de Londres 1948 e Helsinqui 1952, nos que o combinado gañou sendas medallas de prata, anotando Bobek catro e tres goles respectivamente.

Coma adestradorEditar

Unha vez retirado comezou a súa carreira coma adestrador en Polonia, no Legia Warzawa, antes de volver ao ano seguinte a Iugoslavia para facerse cargo do FK Partizan, co que volvería gañar a Liga de Iugoslavia en tres ocasións. En 1963 foi substituído por Kiril Simonovski.

En 1964 fichou polo Panathinaikos FC co que tamén se proclamou campión da Liga do país, dúas veces, e da Copa, unha. En 1967 volveu ao FK Partizan e en 1970 regresou a Grecia, esta vez ao Olympiacos FC. En 1972 tivo unha breve experiencia no NK Dinamo Zagreb antes dun segundo período no Panathinaikos.

En 1978 fichou polo FK Vardar de Skopje, proclamándose campión da segunda división iugoslava e acadando o ascenso a Primeira

PalmarésEditar

Coma xogadorEditar

FK Partizan

  • Liga de Iugoslavia (2): 1946/47 e 1948/49.
  • Copa de Iugoslavia (4): 1947, 1952, 1954 e 1957.

Selección de Iugoslavia

  • Medalla de prata nos Xogos Olímpicos (2): 1948 e 1952.

Coma adestradorEditar

FK Partizan

  • Liga de Iugoslavia (3): 1960/61, 1961/62 e 1962/63

Panathinaikos FC

  • Liga de Grecia (2): 1963/64 e 1964/65
  • Copa de Grecia (1): 1967

FK Vardar

  • Segunda División de Iugoslavia (1): 1978/79

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar