Abrir o menú principal

O NK Dinamo Zagreb (en croata: Građanski Nogometni Klub Dinamo Zagreb) é un club de fútbol da cidade de Zagreb, Croacia. Fundouse en 1945 e mantén unha gran rivalidade co Hajduk Split, co cal disputa o Derbi Eterno de Croacia.

Dinamo Zagreb
NomeGrađanski nogometni klub Dinamo Zagreb
Fundación9 de xuño de 1945
EstadioMaksimir
Inauguración5 de maio de 1912
Capacidade38.923
PresidenteCroacia Mirko Barisic
AdestradorCroacia Krunoslav Jurčić
LigaPrva HNL
2018–19
Páxina webPáxina web
Na casa
Fóra

Trátase do actual campión da Prva HNL, Primeira División de Croacia.

HistoriaEditar

Despois da Segunda Guerra Mundial, os tres equipos de fútbol de Zagreb (HAŠK, Građanski e Concordia) foron desmantelados e creouse un novo equipo a partir deses clubs, que chamouse Dinamo, o 9 de xuño de 1945. O novo equipo nutriuse principalmente de xogadores do Građanski (dirixidos polo seu anterior adestrador, Marton Bukovie) e comezou a xogar no antigo estadio do HAŠK. Posteriormente o equipo tomou as cores do Građanski e, desde 1969, un escudo similar ao dese antigo club.

Durante a época na que o equipo permaneceu na República Federal Socialista de Iugoslavia, o Dinamo Zagreb logrou catro Ligas de Iugoslavia (1948, 1952, 1958 e 1982), sete Copas de Iugoslavia (1951, 1960, 1963, 1965, 1969, 1980 e 1983), a Copa de Feiras 1966-67 e a Copa dos Balcáns de 1977.

Tras a independencia de Croacia en 1991, o equipo cambiou a súa denominación e pasou a chamarse HAŠK-Građanski, para en 1993 cambiar de novo o seu nome ao de Croacia Zagreb. O cambio de nome trataba de renegar de Iugoslavia, pero non contou co respaldo dos seus seareiros, que continuaban chamando ao equipo Dinamo e vían o cambio como unha traizón á historia do club. Finalmente, no ano 2000 o club recuperou o nome NK Dinamo Zagreb.

Co nacemento da Prva HNL mantén unha rivalidade co Hajduk Split polo dominio dos campionatos nacionais. O club logrou 10 campionatos de Liga, 9 copas e 8 supercopas desde entón.

XogadoresEditar

Cadro actualEditar

Posto País Xogador
3 DEF   Luis Ibáñez
4 DEF   Leonard Mesarić
5 MED   Adrián Calello
6 MED   Arijan Ademi
7 DEF   Etto
9 DIA   Andrej Kramarić
10 MED   Sammir
11 DEF   Ivan Tomečak
12 POR   Filip Lončarić
13 DEF   Tonel
14 DEF   Šime Vrsaljko
15 MED   Mathias Chago
Posto País Xogador
16 MED   Milan Badelj
17 DIA   Jakub Sylvestr
19 DEF   Tomislav Barbarić
20 DIA   Miroslav Slepička
21 DIA   Fatos Bećiraj
22 DEF   Igor Bišćan
23 DIA   Dodô
25 DEF   Leandro Cufré
30 POR   Ivan Kelava
33 POR   Igor Vidaković
55 DIA   Ante Rukavina
77 MED   Pedro Morales

EstadioEditar

Artigo principal: Estadio Maksimir.

O NK Dinamo Zagreb xoga de local no estadio Maksimir, inaugurado en 1912 e con capacidade para 40.000 espectadores.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar