A Prva Hrvatska Nogometna Liga (en croata: Primeira Liga Croata de Fútbol), máis coñecida como Prva HNL ou MAXtv Prva Liga por motivos de patrocinio, é a Primeira División da liga de fútbol de Croacia. Creouse en 1991, tras a independencia de Croacia de Iugoslavia. A primeira tempada empezou a desputarse en febreiro de 1992.

Modelo:Competición deportivaPrva HNL
Tipoliga deportiva Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
OrganizadorFederação Croata de Futebol (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Número de participantes10 Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
PaísCroacia Editar o valor en Wikidata
Vixencia1991 – Editar o valor en Wikidata
Calendario da tempadaoutonoEditar o valor en Wikidata
Período de ocorrencia1 ano Editar o valor en Wikidata
Outro
Páxina web oficialhnl.hr Editar o valor en Wikidata

Sistema de competición

editar

A Prva HNL está organizada pola Federación Croata de Fútbol e ao longo da súa historia cambiou o seu modelo de organización en varias ocasións.

A tempada empeza en xullo e remata en maio, cun descanso entre os meses de decembro e febreiro. Na tempada 2006/07 introducíuse un novo formato, no que participan 12 equipos, que nunha primeira fase enfróntanse entre eles a dobre partido. Tras estas 22 xornadas, xóganse 11 xornadas máis, todos contra todos, pero nun partido único, que se disputaba no campo do equipo mellor clasificado na primeira fase.

Na tempada 2009/10 ampliouse o número de clubs participantes, pasando de 12 a 16.

Na tempada 2012/13 o número de conxuntos participantes regresou a 12.

Na 2013/14 o número de clubs volveuse baixar, desta vez a 10. Dende aquela, o equipo campión obtén praza para a segunda rolda clasificatoria da Liga de Campións da UEFA; o segundo clasificado obtén unha praza para a segunda rolda da UEFA Europa League e o terceiro clasificado para a primeira rolda da mesma competición. O último clasificado descende directamente á Druga HNL.

Equipos da tempada 2014/15

editar
Club Cidade Estadio Capacidade Posición na 2014/15
NK Dinamo Zagreb Zagreb Estadio Maksimir 39.079
HNK Hajduk Split Split Estadio Poljud 34.448
NK Istra 1961 Pula Estadio Aldro Dosina 10.000
NK Lokomotiva Zagreb Estadio Kranjčevićeva 8.850
NK Osijek Osijek Estadio Gradski vrt 22.050
NK Rijeka Rijeka Estadio Kantrida 12.600
NK Slaven Belupo Koprivnica Gradski Stadion 3.134
RNK Split Split Estadio Park mladeži 4.075
NK Zadar Zadar Estadio Stanovi 6.000
NK Zagreb Zagreb Estadio Kranjčevićeva 8.850 1º (2.HNL)

Historial

editar
Ano Campión Subcampión Máximo goleador
1992 HNK Hajduk Split NK Zagreb Ardian Kozniku (Hajduk Split), 12 goles
1993 NK Dinamo Zagreb HNK Hajduk Split Goran Vlaović (Croacia de Zagreb), 23 goles
1994 HNK Hajduk Split NK Zagreb Goran Vlaović (Croacia de Zagreb), 29 goles
1995 HNK Hajduk Split NK Dinamo Zagreb* Robert Špehar (NK Osijek), 23 goles
1996 NK Dinamo Zagreb* HNK Hajduk Split Igor Cvitanović (Croacia de Zagreb), 19 goles
1997 NK Dinamo Zagreb* HNK Hajduk Split Igor Cvitanović (Croacia de Zagreb), 20 goles
1998 NK Dinamo Zagreb* HNK Hajduk Split Mate Baturina (NK Zagreb), 18 goles
1999 NK Dinamo Zagreb* HK Rijeka Joško Popović (HNK Šibenik), 21 goles
2000 NK Dinamo Zagreb HNK Hajduk Split Tomislav Šokota (Dinamo Zagreb, 21 goles
2001 HNK Hajduk Split NK Osijek Tomislav Šokota (Dinamo Zagreb, 20 goles
2002 NK Zagreb HNK Hajduk Split Ivica Olić (NK Zagreb), 21 goles
2003 NK Dinamo Zagreb HNK Hajduk Split Ivica Olić (Dinamo Zagreb), 16 goles
2004 HNK Hajduk Split NK Dinamo Zagreb Robert Špehar (NK Osijek), 18 goles
2005 HNK Hajduk Split HK Rijeka Tomislav Erceg (NK Rijeka), 17 goles
2006 NK Dinamo Zagreb HK Rijeka Ivan Bošnjak (Dinamo Zagreb), 22 goles
2007 NK Dinamo Zagreb HNK Hajduk Split Eduardo da Silva (Dinamo Zagreb), 34 goles
2008 NK Dinamo Zagreb NK Rijeka Želimir Terkeš (NK Zadar), 21 goles
2009 NK Dinamo Zagreb HNK Hajduk Split Mario Mandžukić (NK Dinamo Zagreb), 16 goles
2010 NK Dinamo Zagreb HNK Hajduk Split Davor Vugrinec (NK Zagreb), 18 goles
2011 NK Dinamo Zagreb HNK Hajduk Split Ivan Krstanović (NK Zagreb), 19 goles
2012 NK Dinamo Zagreb NK Lokomotiva Fatos Bećiraj (NK Dinamo Zagreb), 15 goles
2013 NK Dinamo Zagreb NK Rijeka Leon Benkoj (NK Rijeka), 19 goles
2014 NK Dinamo Zagreb NK Rijeka Duje Čop (NK Dinamo Zagreb), 22 goles
2015 NK Dinamo Zagreb NK Rijeka
  • (*) como Croacia de Zagreb

Títulos

editar

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar