Xogos Olímpicos de 1948
Os Xogos Olímpicos de 1948, coñecidos oficialmente como Xogos da XIV Olimpíada, foron realizados por segunda vez en Londres do 29 de xullo ó 14 de agosto daquel ano. Así como os Xogos Olímpicos de 1920 se realizaran en Antuerpen como homenaxe do Comité Olímpico Internacional ó sufrimento do pobo belga durante a I Guerra Mundial, Londres tivo a honra de celebrar os xogos por segunda vez en virtude do martirio que a cidade sufrira durante a guerra, especialmente cos bombardeos perpetrados pola forza aérea nazi durante o período de 1940-41, que devastaron a capital inglesa.
![]() | |
Cidade anfritioa | Londres, Reino Unido |
---|---|
Nacións | 59 |
Atletas | 4 104 (3 714 homes, 390 mulleres) |
Eventos | 136 en 17 deportes (23 disciplinas) |
Apertura | 29 de xullo de 1948 |
Clasura | 14 de agosto de 1948 |
Inaugurado por | Xurxo VI do Reino Unido[1] |
Lapa olímpica | John Mark[1] |
Estadio | Estadio de Wembley |
Anterior | Berlín 1936 |
Seguinte | Helsinqui 1952 |
Despois de seis anos dun conflito con millóns de vítimas e un custo financeiro imposible de calcular, Europa, e polo tanto Gran Bretaña estaban arrasadas economicamente, o que tornou extremadamente ardua a tarefa de organizar os Xogos. De calquera modo, os organizadores conseguiron facer un evento digno, restaurando o famoso Estadio de Wembley para servir como palco central dos Xogos Olímpicos, que contou coa participación de 59 estados, coa presenza de 4.104 atletas, 370 deles mulleres, en 17 modalidades e foron abertos polo Rei Xurxo VI en persoa.
CuriosidadesEditar
As seccións de curiosidades e anécdotas deben ser evitadas. Axude a mellorar este artigo, integrando no corpo do texto as informacións relevantes e verificadas e retirando as superfluas ou impropias. |
Os Xogos de Londres foron os primeiros en seren transmitidos por televisión para vivendas particulares, a pesar de pouco vistos, pois pouquísimas persoas no Reino Unido tiñan aparellos residenciais.
Alemaña e Xapón, agresores e perdedores da guerra recentemente rematada, non foron convidados ó evento.
A holandesa Fanny Blankers-Koen foi o grande nome feminino dos Xogos. Ós trinta anos, casada e nai de dous fillos, Fanny gañou catro medallas de ouro nos 100 m, 200 m, 80 m vallas e relevo 4x100 m. Unha regra que na época limitaba a participación de mulleres en máis de tres probas individuais, a impediu conquistar máis medallas, pois era tamén a posuidora do récord mundial do salto de altura e salto de lonxitude.
En 1938, o húngaro Karoly Takacs integraba o equipo de tiro campión mundial de Hungría, cando unha granada de man mutilou súa man dereita, a man coa que tiraba. Takacs aprendeu entón a tirar coa man esquerda e en Londres, dez anos despois, conquistou a medalla de ouro no tiro, modalidade pistola-rápida.
Harold Sakata, hawaiano de ascendencia xaponesa, gañou a medalla de prata no levantamento de peso, categoría até 85 kgs. Anos despois, ficaría mundialmente famoso como o capanga Oddjob, no filme 007 against Goldfinger, da serie James Bond.
Por primeira vez foron empregados os bloques no chan para apoiar e impulsar os pés dos corredores nas probas rápidas do atletismo.
Ós 17 anos, o norteamericano Bob Mathias tornouse campión olímpico do décatlon, apenas catro meses após comezar a practicar a modalidade, tornándose o máis novo vencedor dunha proba de atletismo masculino na historia dos Xogos até hoxe.
As mais dramáticas imaxes dos Xogos foron novamente no maratón, cando o belga Etienne Gailly entrou no estadio de Wembley liderando a proba de tal maneira que, deshidratado e desorientado, practicamente andou arrastrándose toda a última volta até a liña de chegada, sendo adiantado por dous corredores, mais aínda conseguiu a medalla de bronce. Estas imaxes repetiríanse 36 anos despois nos Xogos dos Ánxeles, en 1984, desta vez na estrea do maratón feminino, coa suíza Gabriella Andersen-Scheiss.
Modalidades disputadasEditar
Cadro de medallasEditar
Cadro de medallas | |||||
---|---|---|---|---|---|
Posición | País | Total | |||
1 | Estados Unidos | 38 | 27 | 19 | 84 |
2 | Suecia | 16 | 11 | 17 | 44 |
3 | Francia | 10 | 6 | 13 | 29 |
4 | Hungría | 10 | 5 | 12 | 27 |
5 | Italia | 8 | 11 | 8 | 27 |
6 | Finlandia | 8 | 7 | 5 | 20 |
7 | Turquía | 6 | 4 | 2 | 12 |
8 | Checoslovaquia | 6 | 2 | 3 | 11 |
9 | Suíza | 5 | 10 | 5 | 20 |
10 | Dinamarca | 5 | 7 | 8 | 20 |
NotasEditar
- ↑ 1,0 1,1 "Factsheet – Opening Ceremony of the Games f the Olympiad" (PDF) (Nota de prensa). International Olympic Committee. 13 de setembro de 2013. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de agosto de 2016. Consultado o 22 de decembro de 2018.